Información
Localidades de Galicia

O Colexio de Xornalistas esixe a liberdade inmediata dos xornalistas detidos en Venezuela

Información
31 Enero 2019 224 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia condena enérxicamente a detención en Caracas de tres xornalistas da axencia EFE (Gonzalo Domínguez Loeda, Mauren Barriga Vargas e Leonardo Muñoz) e esixe a súa inmediata posta en liberdade. O Colexio de Xornalistas quere facer extensiva tamén esta petición ao resto de informadores detidos e a calquera outro comunicador que reciba presións por causa da crise en Venezuela.

 

Como noutras ocasións ao longo da historia, cando se produce unha crise política ou institucional, os gobernos atacan os mensaxeiros cuxa única labor é transmitir o que sucede á sociedade. Independentemente do resultado da convulsa situación que atravesa o país, ou da lexitimidade que asista ou non ás partes enfrontadas nela, a existencia dunha prensa libre sen presións dos poderes fácticos é unha condición sine qua non para que Venezuela póidase seguir considerando unha democracia.

A liberdade de información é un dereito fundamental de todas as sociedades libres, e a posibilidade de que os xornalistas realicen o seu traballo sen trabas é a que garante ese dereito. Por todo isto, o Colexio de Xornalistas reclama a inmediata posta en liberdade dos informadores para que as liberdades de información e prensa sexan restituídas en Venezuela.