Información
Localidades de Galicia

Resposta á Xefatura Territorial de Educación ( Gobernada ppolo PPdeG).

Información
02 Febrero 2019 585 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A ANPA de Verducido, en nome da comunidade educativa da escola de Verducido, mantén a súa reivindicación de recuperar o persoal de anos anteriores, necesario para manter a calidade e a atención á diversidade educativa e ós nenos con necesidades especiais.

 

A comunidade educativa formada polas nais, pais e familiares do alumnado, o persoal do centro e a veciñanza de Verducido valora positivamente a rectificación sobre o peche de primaria no centro; pero mantén con toda a firmeza a reivindicación da recuperación do persoal adscrito ao centro en anos anteriores. Así mesmo, quere destacar que o Xefe Territorial incorreu en numerosas inexactitudes nas súas declaracións: en canto ao número de alumnos, cal das mestras colleu a baixa e omitindo o feito de que esta se tardou en cubrir máis dunha semana. Como consecuencia, dúas profesoras tiveron que facerse cargo dos 5 niveis educativos, superando as ratios máximas permitidas.

A este respecto, a comunidade educativa quere deixar claro que defende os dereitos das súas mestras e, por suposto, que poidan coller as baixas e permisos que queiran e precisen. Sobre isto a comunidade educativa manifesta: “A cuestión non é esa, pero si que temos como pais e nais a obriga de lembrarlle ao Xefe Territorial que é responsabilidade da Consellería cubrir as baixas das mestras para que non se vulnere o dereito que ten o alumnado a unha educación de calidade, máxime na situación inxustificada de recorte de persoal no centro.”

En canto a ratio de nenos por aula oficiais dende a ANPA indican que son unha proporción a partir da cal a educación é inviable e nunca unha meta por alcanzar. A comunidade educativa lémbralle ao Xefe Territorial que a LOMCE ten como un dos seus obxectivos principais garantir a calidade na educación, como así se recolle no propio título da lei, polo que non se entende o porqué da paulatina diminución de recursos no centro cando a matricula non só non baixa senón que se incrementa. As voceiras da comunidade educativa queren preguntar: “O Sr. César A. Pérez Ares, xefe territorial, sabe o que acontece nunha aula de 3 anos? Sabe como son eses meniños e a atención individualizada que precisan? Sabe o que acontece se a súa mestra ten que acoller durante unha semana enteira o grupo de 4 e 5 anos? Sobra dicir que esa mestra é a directora do centro e non dispón nin dun minuto para exercer tal función. Sobra dicir que nos institutos sempre hai unha, dúas ou mesmo tres profesoras de garda por cada hora para que ningún grupo estea sen profesor responsable (e falamos de adolescentes)”.

Sorprende a afirmación de que existe un diálogo fluído coas familias, pois a día de hoxe non recibiron comunicación ningunha da Consellería, salvo a través dos medios de comunicación. Aínda estamos agardando a resposta á solicitude de reunión enviada a semana pasada ao Xefe Territorial.

En cursos anteriores, incluso cunha matrícula menor, contábase no centro cunha profesora de inglés (non a titora de primaria) e unha profesora de Audición e Linguaxe que acudían ao centro 2 días á semana cada unha, polo que, ademais de facer as sesións correspondentes, permitían a atención á diversidade e ás necesidades especiais do alumnado por parte do resto do profesorado. Iso foi progresivamente recortado ata a situación que temos hoxe:

-       A profesora de Audición e Linguaxe, actualmente, só pode acudir ao centro exclusivamente para facer as sesións co alumnado que o precisa un día á semana.

-       O profesor de relixión só acode ao centro a dúas sesións de 50 minutos á semana para a súa materia e para un grupo reducido de rapaces.

-       A orientadora, compartida con outros dous centros, non ten sequera un horario de permanencia mínimo.

Non é certo que o esforzo económico de mantemento do centro sexa “importante” pois carece de servizo de autobuses, comedor, plan madruga e polo seu tamaño non precisa servizo de conserxería. Pídese moi pouco, e non supón máis que devolver o que o centro educativo xa tiña: pouco, pero esencial para o seu bo funcionamento.

O xefe territorial di que a primaria de Verducido non se pecha a pesar de ser un centro de educación infantil (CEI), o que xa supón unha excepcionalidade. O argumento pretende simplificar unha realidade ben distinta. Verducido viña sendo un CEIP incompleto ata que no ano 2004 foi renomeado CEI cun suplemento de primaria, sen máis alteración.

Por todo isto, a comunidade educativa de Verducido solicítalle á Consellería ao menos a reposición do estado razoable de anos anteriores:

-   Un profesor/a de inglés externo que acuda ao centro 2 días á semana.

-    Un técnico/a de audición e linguaxe que acuda ao centro 2 días á semana e que reforce a outros colexios próximos.

-    A volta á denominación de “CEIP incompleto” como así foi ata o curso 2003-2004.

-     Establecer como fixa a praza de profesorado de primaria.

Por último convidan a todas as familias que estean buscando un centro para escolarizar os seus fillos e fillas a coñecer esta comunidade educativa e matricular os seus pequenos. Neste centro ofrécese un acompañamento, na etapa educativa de 3 a 7 anos para que os nenos cheguen a 3º de primaria coas ferramentas instrumentais que lles resultarán imprescindibles para o seu correcto desenvolvemento.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.