Información
Localidades de Galicia

A Mesa tramitou máis de 300 queixas da cidadanía galega por discriminacións e vulneracións de dereitos lingüísticos

Información
05 Febrero 2019 543 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Case a metade das reclamacións (o 46%) refírense á administración pública, destacando entre elas as dirixidas aos concellos (36%), ao Servizo Galego de Saúde (12%) e á propia Xunta de Galiza (33%)

"É alarmante que quen ten obriga de garantir o respecto dos dereitos lingüísticos da cidadanía encabece a lista de queixas, sendo non só cómplice destas actitudes senón promotora directa", lamenta Marcos Maceira

 

Compostela, 5 de febreiro de 2019.- Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística; Elsa Quintas, vicepresidenta da Mesa e directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos; e Sara Seco, técnica do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, presentaron esta mañá en Compostela o informe anual da Liña do Galego correspondente ao 2018. Ao longo do pasado ano, a entidade de defensa da lingua tramitou 303 queixas, 29 consultas e 58 parabéns a través de chamadas, correos, e mensaxes a través da App recibidos na Liña do Galego.

"As 300 queixas recibidas son unha mínima parte das discriminacións e vulneracións de dereitos que acontecen todos os días e que en moitos dos ámbitos sinalados son sistemáticas", lamentou Elsa Quintas. Case a metade, un 46%, das queixas refírense á administración pública, tanto estatal como autonómica e local. "Este dato móstranos que en xeral é no ámbito da administración no que a cidadanía é máis consciente da existencia dunha normativa que ampara os seus dereitos lingüísticos, polo que tolera menos a súa vulneración", explicou a directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos.

É na administración autonómica na que recaen a meirande parte das queixas recibidas na Liña do Galego ao longo do 2018, cun 46% das queixas referidas á administración (un 12% ao Servizo Galego de Saúde e o resto á propia Xunta). A administración local acadou neste 2018 un 35% do total entre as queixas interpostas a concellos de Galiza e deputacións provinciais. A administración xeral do Estado obtivo un 20% do total, onde destaca a Axencia Tributaria que continúa sen ofrecer formularios en galego. "Este dato é máis unha evidencia dos pasos atrás que o goberno da Xunta está a dar nos últimos anos en relación ao impulso do uso do galego na administración e no respecto aos dereitos lingüísticos da cidadanía. Quen máis debería facer cumprir a lexislación que protexe e respecta o galego, é precisamente quen máis a incumpre e vulnera", lamentou Quintas.

A maioría das queixas enviadas polas usuarias e usuarios da Liña do Galego refírense á discriminación e exclusión do galego (30%), denunciando o incumprimento da lexislación vixente en materia de normalización lingüística. A deturpación toponímica (22%) segue a ser unha das queixas máis recorrentes cando a cidadanía se pon en contacto coa Liña do Galego e a non atención ou negación, tanto oral como escrita, en galego (18%), xunto coa ausencia do galego nas webs e servizos online son outras das máis numerosas queixas das que se fixo rexistro na Liña do Galego ao longo de 2018. A non rotulación e sinalización en galego especialmente por parte das administracións públicas acada un 12% do total dos expedientes de queixa rexistrados. 

"Esta normalidade da exclusión do galego é mostra da consideración de inferioridade do galego e das persoas que o utilizan", afirmou Maceira. "Convértese a nosa lingua nun accesorio prescindíbel e obrígasenos literalmente a prescindir dela para acceder a servizos básicos", lamentou. "O galego é a lingua das galegas e galegos, temos dereitos e queremos vivir nela", recordou Quintas, "e, por iso, convén reclamar".

"Se se actúa, as cousas poden evolucionar", apuntou Marcos Maceira, quen tamén recordou que A Mesa trasladou información sobre estas vulneracións a diversas entidades internacionais, como a ONU ou o Consello de Europa, e que así o seguirá facendo.


Éxitos como resultado da xestión das queixas
Sara Seco recordou que o traballo que desenvolve a Liña do Galego de tratamento, asesoramento difusión e atención das queixas ten conseguido que se emendaran algúns comportamentos e políticas lingüísticas de empresas e administracións públicas:
- Ao longo do ano 2017 foron recibidas na Liña do Galego diversas queixas onde a cidadanía mostraba a súa desconformidade con que a páxina web do Concello de Sanxenxo non estivese dispoñíbel en galego. Tras o envío de diversos expedientes de queixa elaborados pola Liña do Galego, a día de hoxe a web do Concello de Sanxenxo xa está dispoñíbel en galego.
- Foi rexistrada na Liña do Galego unha queixa contra o Concello da Coruña na que se aseguraba que os programas das salas do Cine Forum estaban só en castelán, tanto fisicamente como na web de cultura do Concello. Actualmente, están tamén en galego.
- Tras enviarlles a queixa dun cidadán que aseguraba que na súa web estaban deturpados varios topónimos galegos, dende a Casa Real respostaron disculpándose e comprometéndose a corrixir eoste erro. Agora na súa web os topónimos figuran correctamente.
- Na páxina web da Garda Civil, dependente do Ministerio de Interior, aparecían múltiples topónimos galegos deturpados. Tras enviarlles un expediente de queixa, puxeron solución a esta situación e agora a toponimia na web da Garda Civil aparece da maneira axeitada.
- Despois da denuncia pública da Mesa e da mobilización social recibida tras respostarlle a un cliente que se non entendía o castelán podían facilitarlle a documentación da póliza en inglés, a aseguradora Génesis recoñeceu a través das redes sociais o dereito á documentación en galego e entregoulla ao cliente na nosa lingua.
- Na exposición In tempore sueborum que realizaron a Deputación de Ourense, o Concello de Ourense e a Xunta de Galiza o galego estaba excluído dalgunhas descrición das pezas e das pantallas explicativas. Os paneis informativos estaban rotulados nas dúas linguas, pero no caso do galego en letra tan pequena que resultaba ilexíbel. Tras enviar o conseguinte expediente de queixa aos tres organismos implicados, a situación mudou e o galego foi incluído.
- A Mesa pola Normalización Lingüística vén desenvolvendo ao longo dos últimos anos diversas campañas nas redes socias para lle solicitar a IKEA que inclúan o galego na súa páxina web, que actualmente está dispoñíbel en castelán, catalán, euskera e inglés. IKEA comprometeuse coa Mesa en que a súa web estará dispoñíbel en galego na maior brevidade.

A Mesa pola Normalización Lingüística
É unha entidade social independente, constituída en 1986 e da que forman parte arredor de 5000 socias e socios e que ten como obxectivo a normalidade plena da lingua galega. Neste sentido, a defensa do dereito ao emprego do galego en Galiza en todas as situacións e contextos é unha das súas principais liñas de actuación. Entendemos que o dereito ao uso da lingua propia non se pode desligar dos máis elementais dereitos humanos, civís e democráticos. A entidade dotouse do Observatorio de Dereitos Lingüísticos que conta cun comité asesor formado por xuristas e persoas expertas en diferentes ámbitos. O Observatorio elabora relatorios e informes que envía a diferentes institucións públicas galegas, estatais ou, recentemente, ao comité de expertos do Consello de Europa para a Carta europea das linguas rexionais e minorizadas. Anualmente presenta publicamente o seu informe A Liña do Galego baseado nos casos de vulneracións de dereitos lingüísticos, mais tamén nas consultas ou parabéns a quen si os garante. A Mesa pola Normalización Lingüísitica forma parte da Rede Europea para a Igualdade das Linguas - ELEN.
 


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+