Información
Localidades de Galicia

XSG: “A españolización da educación proposta por Rivera mostra o seu cambio de chaqueta pola de ultradereita”

Información
21 Febrero 2019 185 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Dende a Organización lamentaron que “é unha mágoa que a dereita só fale de educación para instrumentalizala nas súas proclamas demagóxicas nacionalistas. A educación debería ser algo máis que unha bandeira que se leva á praza de Colón para aumentar a tensión e a crispación.”

As XSG afirmaron que “o que pretende Albert Rivera é patrimonializar a lingua española para usala como arma electoral. Esquecen que España é de todos, pero no país que nós queremos as linguas non son un arma política. As dereitas utilizan as linguas para producir crispación e alimentar un sentimentalismo que baleira de contido a política.”