Información
Localidades de Galicia

36 Mellores marcas, 1 tope nacional e 1 medalla en Ourense

Información
28 Febrero 2019 211 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A pasada fin de semana 13 nadadores da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego de Natación Infantil e Júnior de Inverno celebrado na Piscina Municipal Rosario Dueñas da cidade das burgas (50 m e 8 rúas).

O torneo rexional contaba coa presenza de 25 equipos e o concurso de 312 nadadores e nadadoras da nosa comunidade. En canto á participación dos nosos nadadores e nadadoras destacar que se saldou con 36 mellores marcas persoais, 2 récords do club, 1 tope nacional e 1 medalla. Así a medalla chegaba da man de Ángel Tomé ao facerse co bronce na proba dos 100 metros libres da categoría júnior. Os 2 récords do club eran para Alejandro Méndez nos 100 e 200 metros bolboreta na categoría de 17 anos. Mentres que a mínima nacional a acadaba o infantil Miguel Abelenda na proba dos 400 metros libres. En canto a clasificación por equipos fomos 15º femininos infantís, 9º infantís e 6º júnior na categoría masculina e 11º infantís e 14º júnior da conxunta. Podedes consultar os nosos resultados no apartado descargas natación desta mesma web; ademais todo o referente a este rexional de inverno infantil e júnior podédelo atopar na lligazón federativa https://www.fegan.org/post/1789.