Información
Localidades de Galicia

O VEHÍCULO FERROVIARIO QUE CIRCULA ENTRE VIGO E PORTO NON CUMPRE CA NORMATIVA FERROVIARIA

Información
04 Marzo 2019 203 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O vehículo 592.2 con que RENFE e CP operan o servizo ferroviario Vigo-Porto coñecido comercialmente como CELTA, non cumpre ca normativa española e europea de interoperabilidade do sistema ferroviario.

 

O Real Decreto 1434/2010, de 5 de noviembre, sobre interoperabilidad do sistema ferroviario da Rede Ferroviaria de interés xeral, establece unhas series de condicións que deben satisfacer os sistemas ferroviarios transeuropeos, indicando uns  requisitos esenciais sobre o material ferroviario que circule traspasando as fronteiras dos países de Unión Europea, entre eles un sistema de interfonos que en caso de perigo permitan a los pasaxeiros poñerse en contacto co condutor o persoal do tren, un sistema de peche e apertura de portas que evite os atrapamentos e un sistema de megafonía dende o cal o persoal do tren poida emitir mensaxes @s viajer@s. O vehículo 592.2 que opera o tren CELTA non dispón destes sistemas, polo que CGT fixo escrito a Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria, dependente do Ministerio de Fomento, pra que comprobe os incumprimentos do Real Decreto 1434/2010 e requira o propietario do vehículo, RENFE-Aluguer de material e os operadores do servizo, RENFE-Viaxeiros e Combois de Portugal (CP) a que cumpran ca normativa de interoperabilidade, que é unha transposición da Directiva Comunitaria 2008/57/CE que establece as condicións que deben cumprirse pra lograr no territorio comunitario la interoperabilidade do sistema ferroviario.

A Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria ten as competencia, entre outras, de Supervisar o cumprimento dos requisitos esenciais por parte dos componentes de interoperabilidade, neste caso do material rodante que circula entre Vigo e Porto pola infraestructura española e portuguesa, según establece o seu Estatuto aprobado no Real Decreto 1072/2014, de 19 de diciembre, polo que se crea a Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria e se aproba o seu Estatuto, competencias que antes tiña a Dirección Xeral de Ferrocarriles.

O escrito de denuncia tamén ó remitimos a RENFE-Viajeros SA que opera o servizo Vigo-Porto xunto ca CP Portuguesa e a RENFE-Alquiler de material, propietaria dos trens 592.2 alugados ao operador público portugués CP, porque estas empresas tamén teñen responsabilidade de que o material ferroviario cumpra cos requisitos de interoperabilidade establecidos na normativa ferroviaria española e europea.

Ademais, CGT xa incidiu en Novembro de 2018 nas necesarias e imprescindibles melloras nas prestacións de viaxe dun servizo internacional como é o Vigo-Porto-Vigo, que se fai cun tren 592.2 dos anos 80 reformado no ano 2000 e que carece de bandexas nos asentos, wifi, máquinas autovenda, enchufes e coche adaptado para persoas de mobilidade reducida. Ademais a climatización, a insonorización e a comodidade dos asentos teñen moito que mellorar.

Dende CGT propoñemos que pra o servizo internacional VIGO-PORTO se utilice o vehículo diesel 599, meterial rodante que cumpre con todos os requisitos estipulados na normativa ferroviaria o que só habería que instalarlle o sistema de seguridade CONVEL, compatible ca infraestructura portuguesa.

O vehículo diesel S/599 é o que se utiliza no corredoiro atlántico Vigo-Coruña cubrindo o servizo que opera pola vía non electrificada, e conta con unhas prestacións acordes cun servizo internacional como o Vigo-Porto, con enchufes, máquinas vending, asentos reclinableis, salas de viaxeiros insonorizadas, bandexas individuais, anuncios das estacións, megafonía dende cabina, sistema de seguridade no peche de portas, aparatos de alarma con interfonos de comunicación co maquinista, vagón adaptado a persoas de mobilidade reducida, anclaxes para bicicletas, etc.