Información
Localidades de Galicia

As granxas de Agolada temen quedar outro ano sen bonificación do IBI pola excesiva burocracia do Goberno de Feijóo na Xunta

Información
05 Abril 2019 564 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Despois de que, en 2018, a maioría das granxas agolenses que podían solicitar a bonificación no IBI dos inmobles agrarios quedasen sen a axuda, en 2019 hai moitas que temen que poida acontecer outro tanto.

 

Desta vez, e trala experiencia do ano pasado, as granxas solicitantes prepararon con suficiente antelación todos os documentos esixidos para tramitar a axuda en prazo. Algo nada doado pois, de feito, moitas granxas que podían beneficiarse da bonificación, especialmente aquelas rexentadas por persoas maiores, xa non pasaron o traballo de enlearse neste vía crucis burocrático e renunciaron a facer a solicitude.

A sorpresa para as granxas que si solicitaron veu este martes, 2 de abril, cando o funcionario municipal encargado da xestión da axuda comunicou que, das trinta granxas que pediron a bonificación, só tres achegaban a documentación completa. Ao preguntar que documento faltaba, dixéronlles que o certificado para acreditar a actividade agraria debía ser o oficial da Xunta e ter código de verificación para evitar falsificacións. Máis alá de que se culpabilice a priori ás persoas solicitantes, prevendo que poidan delinquir falsificando un documento público, resulta desconcertante que os documentos acreditativos da actividade agraria que se usan habitualmente, como o censo de explotación da Oficina Agraria Virtual ou a Carta de Saneamento, non sirvan no Concello de Agolada. De feito, en Lalín e Silleda hai axudas semellantes e non piden o certificado da Xunta con código de verificación.

O problema vai máis alá dun aumento innecesario da burocracia. E é que no concello déronlles de prazo ás granxas afectadas até hoxe, 5 de abril, ás 11:30, para presentar ese documento solicitado que, en circunstancias normais, tarda entre unha semana e quince días en ser expedido.

Dende o Sindicato Labrego Galego mantivemos unha conversa telefónica co alcalde de Agolada, Ramiro Varela, quen nos garantiu que dende o Concello van xestionar directamente coa Xunta de Galicia para que lles envíen estes certificados en prazo. Agardamos que cumpra coa súa palabra e non quede fóra ningunha das granxas que solicitaron a bonificación do IBI e que, para o ano que vén, o Concello de Agolada se ateña á Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que di no artigo 28.2 que “os interesados teñen dereito a non aportar documentos que se atopen en poder da administración actuante (neste caso o concello) ou que fosen elaborados por calquera outra administración (neste caso a Consellería do Medio Rural)”

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.