Información
Localidades de Galicia

OS SOCIALISTAS RECLAMAN UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA CESAR Á VALEDORA DO POBO

Información
09 Abril 2019 411 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Xoaquín Fernández Leiceaga advirte que o informe xurídico do Parlamento “indica con claridade que os escritos da Valedora” coa súa renuncia son “igual a nada”

 

Santiago de Compostela, 09 de abril de 19. O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou hoxe, conxuntamente co resto dos grupos da oposición, a convocatoria dun Pleno Extraordinario para “producir o cese” da Valedora do Pobo. Así o dixo logo dunha Xunta de Portavoces convocada de urxencia para tratar a situación do Alto Comisionado despois dunha sentenza do TSXG que determina “arbitrariedade” e “desviación de poder” ao crearlle un posto á medida da irmá do portavoz do PP.

O responsable socialista sinala que o informe xurídico presentado polo presidente do Parlamento a petición do Grupo Socialista “indica con claridade que os escritos da Valedora –poñendo o seu cargo a disposición- non teñen valor xurídico: son igual a nada”. O dito informe conclúe que o escrito da Valedora, presentado e despois modificado a pasada semana, “non produce a súa renuncia”.

Fernández Leiceaga explicou que a Valedora “segue en plenitude de funcións” polo que, dixo, procede “solicitar un Pleno Extraordinario na próxima semana para producir o seu cese”, logo de cumprir co trámite previsto na Lei do Valedor.

A Lei do Alto Comisionado prevé que o Pleno do Parlamento pode cesar á Valedora por maioría de tres quintas partes -45 deputados- logo de concederlle audiencia. A Mesa do Parlamento abriu onte un prazo de cinco días, que remata o próximo sábado, para que a titular da Oficina do Valedor presente as súas alegacións.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+