social youtube xornalgalicia   feed-image

O Sindicato Labrego Galego quere denunciar unha nova agresión do Goberno do Estado contra os colectivos máis vulnerábeis, neste caso, contra as persoas que cobran o Ingreso Mínimo Vital (IMV), a quen lles están obrigando a presentar a Declaración da Renda, tanto aos homes e mulleres que perciben este subsidio como a todas as persoas que conviven1 con eles e elas, incluídas as menores de idade.

O Concello de San Cibrao das Viñas ten aberto un expediente sancionador por vertidos ao río Barbaña

Información
Localidades de Galicia | 03 Mayo 2021 | 1770 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Sanción ao Concello de San Cibrao das Viñas por vertidos ao río Barbaña: danos ocasionados valorados en 106.251,13 €  e multa por importe de 500.000 €

 Para Amigos da Terra resulta salientable que estes vertidos, producidos de xeito continuado durante os anos 2019 e 2020, ocasionaron “danos valorados en 106.251,13 €” como consecuencia dos danos producidos ao dominio público hidráulico a causa dos vertidos contaminantes de deterxentes, e unha indemnización en concepto de multa por importe de 500.000 €, tratándose ademais dunha autorización de vertido do ano 2004, xa transgredida polo concello de San Cibrao en múltiples ocasións.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Desde a plataforma para a defensa da ría de Muros e Noia PLADEMAR emprazamos ao concelleiro do Noia, José Pérez para que nos amose e nos explique polo miúdo aos mariscadores e demais traballadores da ría, eses estudos e traballos feitos polos técnicos a que se referiu, que segundo el di, o da contaminación da ría é todo un invento.

Ligando quere manifestar a súa oposición a unha nova concesión da área deportiva de A Malata

Información
Localidades de Galicia | 30 Abril 2021 | 2153 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Perante a noticia na prensa de que o concello de Ferrol prepara unha nova concesión e reforma total da área deportiva de A Malata, a organización política Ligando quere manifestar a súa oposición a unha nova concesión, e menos por case corenta anos, pois consideramos que é máis económica e social a xestión pública. Os servizos municipais de deporte non poden servir de competencia desleal cos ximnasios privados da cidade senón que deben xestionar directamente unha oferta distinta de servizos orientados a prevención e tratamento de doenzas e a un ocio socioeducativo.

A Audiencia condena por suborno á secretaria do Concello de Barreiros e imponlle unha multa de 75.000 euros

Información
Localidades de Galicia | 29 Abril 2021 | 2153 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Audiencia Provincial de Lugo condenou, por cometer un delito de suborno, á secretaria-interventora do Concello de Barreiros no ano 2007 a pagar unha multa de 75.000 euros e á suspensión de emprego ou cargo público durante catro meses e quince días. O tribunal, que tivo en conta a atenuante de dilacións indebidas, considerou acreditado que a acusada cobrou 100.000 euros a un promotor de varios edificios da zona “como contraprestación por determinados favores que ela, no exercicio do seu cargo, lle realizaba”. A Audiencia tamén lle impuxo ao construtor o pago dunha multa de 35.000 euros, así como sesenta días de suspensión de emprego ou cargo público, por cometer un delito de suborno. Neste caso, optou pola tipificación máis beneficiosa para el porque descoñece se o pago foi por solicitude da secretaria ou ofrecido polo acusado.

 

social youtube xornalgalicia   feed-image

Fallece José Carro Otero, de Academia de Medicina de GaliciaEn el gran “Parador-Hostal de los Reyes Católicos” de Santiago de Compostela (Galicia-España), donde José Ignacio Carro Otero era cliente habitual, amigos me informaron que, el viernes 23 de abril 2021, fue encontrado muerto, debido, según se ha informado, a un infarto de miocardio, en su casa de Santiago de Compostela, el muy conocido compostelano, de una conocida familia compostelana, José I. Carro Otero.

AS FAMILIAS DAS USUARIAS DAS RESIDENCIAS “PEDIMOS” A DIMISIÓN DE FABIOLA GARCÍA POR MENTIR REITERADAMENTE

Información
Localidades de Galicia | 26 Abril 2021 | 1953 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
alfonsoruedaayfabioladepoliticasocialesposademartinon👉 “Non é certo que participemos no Comité Asesor ‘pantasma’ creado polo seu departamento para instaurar un ‘novo modelo’ de residencias”
👉 “As principais organizacións das familias e das traballadoras estamos vetadas”

Mobilización fronte a Reganosa para evitar que os fondos europeos se destinen a empresas contaminantes

Información
Localidades de Galicia | 25 Abril 2021 | 1992 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos, xunto co Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, celebraron unha concentración diante de Reganosa, a industria do gas fósil de Galiza, hoxe sábado 24 de abril ás 12 horas para denunciar a falta de transparencia, a ausencia de participación pública e para esixir un reparto xusto e sustentábel dos fondos europeos Next Generation que chegarán ao país. A concentración comezou na Avenida da Pedreira para despois camiñar até o final da rúa do Penedo, fronte á industria.

Denuncian emanacións de metano e amoniaco dos vertedoiros das antigas minas de Touro

Información
Localidades de Galicia | 21 Abril 2021 | 1832 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

  • Ecoloxistas en Acción alerta da grave situación que están a sufrir a veciñanza das parroquias aledañas ao vertedoiro de lodos no que se converteron as canterias abandonadas de Touro.
  • A asociación veciñal de afectados ten denunciado ante o Concello de Touro a Xunta as continuas emanacións de metano e amoniaco procedentes das verteduras de lodos.

TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600