Información
Lugo

Lugo lamenta as ameazas “políticas e inxustificadas” de retirada dunha subvención de 45.000 euros para políticas da Muller por parte do PPdeG na Xunta

Información
02 Julio 2019 224 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Concello lembra que investiu 700.000 € no 2018 para políticas específicas de muller, “a mesma cantidade que a Xunta reparte entre os 44 concellos da provincia lucense”. A concelleira Ana Abelleira sostén que Abella utiliza unha comunicación de baixas laborais, cuxa cobertura está xa en marcha, “para facer política nunha área tan delicada como é a da muller”

 

Fonte: 
Gabinete de Prensa

O concelleira de Lugo, Ana González Abelleira, que volverá a ocuparse da área de Igualdade neste novo mandato, lamenta as declaracións da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a “súa ameaza de retirar unha subvención de 45.000 euros, polo que ela di, falsamente, que son postos sen cubrir cando estamos a falar en realidade de persoal que está de baixa, dúas persoas, unha delas desde esta mesma semana, cando está xa en tramitación a incorporación do persoal substituto ”.

Abelleira sostivo que López Abella está a “utilizar información sobre as baixas, que se lle fai chegar ao seu departamento para unha mellor coordinación, como arma política, rompendo a debida lealdade institucional cando falamos de trámites habituais entre as administracións, algo que é máis grave aínda cando nos referimos a temas vinculados coa muller, que hai que abordar con especial sensibilidade”.

“Sabemos que o presidente da Xunta xa está en campaña electoral, pero non vale todo; hai que ser cautos con determinados temas”, sostén a concelleira lucense, que lembra, ademais, que o Concello de Lugo investiu 700.000 euros en políticas específicas da muller no 2018, “a mesma cantidade que a Xunta ven de anunciar que entrega aos 44 concellos da provincia de Lugo para desenvolver iniciativas de tratamento integral da violencia machista, fomento da conciliación e apoio aos Centro da Muller”.

Desde o Concello de Lugo, sostén a Concelleira, estamos traballando con convición nas políticas de igualdade e da muller, “e o seguiremos a facer con o sen a subvención de 45.000 euros”.

Audio

  • A edil Ana González Abelleira, sobre as ameazas “políticas e inxustificadas” | Descargar mp3

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+