Información
Lugo

Protestas de familiares polo peche de camas e os recortes de persoal durante o verán no Hospital da Mariña que deixan a ciudadanía en grave risco de desatención sanitaria

Información
03 Julio 2019 289 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

CIG-Saúde da Mariña denuncia a situación que se está a vivir no hospital a causa do peche de 9 camas na unidade de hospitalización de cirurxía e outras 9 na unidade de traumatoloxía (ás que hai que sumar as 12 camas pechadas por obras) e o recorte de persoal que esta decisión carrexa nas devanditas unidades, xa que se suprime unha enfermeira e unha TCAE nas quendas de mañá, tarde e de noite.

 

Así, sinalan, o pasado luns a unidade de hospitalización de cirurxía tiña unha ocupación de 18 pacientes (2, ademais, en situación de illamento o que provoca unha carga asistencial maior)  mais a unidade só foi reforzada cunha enfermeira “deixando a unha soa TCAE para atender a todos e todas as doentes”. Isto acontece, denuncia a CIG-Saúde, malia o compromiso adquirido pola Dirección de Enfermería na xuntanza do 19 de xuño, de reforzar o  persoal cando a ocupación superase os/as 15 pacientes, tanto na categoría de enfermaría como na de TCAE, para así garantir unha atención sanitaria de calidade.

Protestas das familias e presións ao persoal

Esta falta de persoal provocou que o luns se rexistraran incidentes asistenciais e protestas de familiares ao atrasarse a actividade, forzando os/as profesionais a ter que priorizar os coidados dos/as pacientes. “O incumprimento da Dirección de Enfermaría provocou máis presión sobre os/as profesionais para que fagan máis con menos, protestas de pacientes e familiares contra persoal, aínda que non é responsábel da situación, e afectou á calidade asistencial”, advirten.

Xunto a isto, a CIG-Saúde critica que na quenda de noite non se reforzou o persoal, quedando unha soa enfermeira e unha soa TCAE para atender toda a planta. “É inadmisíbel que unha soa enfermeira e unha  TCAE se vexan obrigadas a atender os/as 19 pacientes ingresados na planta, con doentes illados, polimedicados e  pluripatolóxicos,  co risco que este ratio conleva para os propios pacientes e os traballadores e traballadoras”.

Desde CIG Saúde A Mariña esixen á Dirección de Enfermaría que cumpra os compromisos acadados e que reforce cunha enfermeira e unha TCAE cando o número de pacientes sexa maior de quince e animan aos familiares a presentar reclamacións oficiais en Atención ao Paciente “xa que quen sofren estas políticas de recortes son os/as doentes”.

A xerencia prioriza os recortes e non a asistencia

CIG Saúde critica á equipa directiva do hospital "que persiste na súa política de peche de camas", o que significa unha "maior dificultade ao acceso de prestacións sanitarias por parte da poboación da Mariña, aumento das listas de espera, saturación dos servizos de urxencias e aumento da presión e inestabilidade nos profesionais que impide chegar a coñecer os pacientes e así garantir unha continuidade nos coidados que precisan".

"Unha vez máis, aseveran, a Xerente do hospital mariñao prioriza os recortes e o aforro económico fronte ás necesidades de asistencia sanitaria, así como a precarización fronte á calidade asistencial, poñendo en risco a saúde das persoas".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+