Información
Lugo

Cubríronse ó cen por cen das 450 prazas que a área de Cohesión Social puxo a disposición das familias de Lugo

Información
19 Agosto 2019 377 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Cubríronse ó cen por cen das 450 prazas que a área de Cohesión Social puxo a disposición das familias de Lugo para a conciliación

As concelleiras da área de Cohesión Social, Ana González Abelleira, e Olga López, visitaron esta maña o Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, para participar cos nenos e nenas nunha das xornadas dos programas de conciliación familiar postos en marcha este verán.

 

En total, este ano ofertáronse máis de 450 prazas para nenos e nenas con numerosas actividades que inclúen talleres, xogos e excursións entre outras, todas pensadas dende unha perspectiva de xénero. Ás 210 prazas que se ofertan durante todo o ano nas Ociotecas de Aprende Xogando se suman durante os meses de verán 240 prazas da iniciativa Verán nos Centros nos seis centros de convivencia, onde a programación desenvólvese por quincenas.

As cifras corresponden ó mes de xullo e o mes de agosto vai camiño de completar tamén a totalidade das prazas.

As concelleiras destacan a importancia que teñen estes programas de conciliación para poder compaxinar a vida laboral ca familiar,  e polo tanto impulsar a igualdade xa que no caso das mulleres soen ser as máis prexudicadas no coidado dos menores.

O programa que se desenvolve durante todo o ano ‘Aprende Xogando’ mantén o prazo de inscrición do 20 e 26 de agosto, dirixido a procurar o desenvolvemento da personalidade das nenas e dos nenos a través do xogo e do xoguete, a fomentar a práctica do xogo en grupo, a axudar á integración das e dos menores con necesidades específicas mediante o xogo, á realización de actividades de animación infantil e, en definitiva, ao traballo tomando o xogo como eixe central de intervención. Pensado para nenas e nenos cunha idade comprendida entre os 3 e os 12 anos.

A inscrición solicitarase na Casa da Muller. O horario de oficina é de luns a venres, das 8:30 ás 14:30 horas. Será preciso presentar o DNI da/do representante legal que asine a solicitude e o libro de familia ou documentos equivalentes. Nos días seguintes despois de rematar o prazo de inscrición, expoñeranse, na Casa da Muller e nas aulas, as listaxes das nenas e nenos admitidas/os, así como o importe da cota para pagar.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....