Información
Lugo

Quiroga comprométese con Lara Méndez a darlle prioridade a recuperación dos caneiros

Información
10 Septiembre 2019 320 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Quiroga comprométese con Lara Méndez a darlle prioridade a recuperación dos caneiros pola súa importancia patrimonial e ambiental

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, está a darlle prioridade ao proxecto de recuperación dos caneiros pola súa importancia patrimonial, ambiental, etnográfica e histórica para Lugo, segundo comentou hoxe coa alcaldesa lucense, Lara Méndez, coa que retomou tras o verán as reunións de traballo periódicas que manteñen os dous representantes para avanzar nos temas do municipio vinculados coas dúas institucións.

 

A posta en valor dos caneiros, e concretamente o de O Muíño, é tamén de especial importancia para protexer á ribeira do río á altura do Barrio da Ponte, nas inmediacións do colexio público, onde a Confederación comezará a vindeira semana a construción dunha escollera que protexa a zona, que terá 36 metros de largo por 4 de alto.

A obra desenvolverase por vía de urxencia, segundo comentou o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que avanzou que se investirán 85.000 euros. Este será un primeiro paso de protección da ribeira ata que se recupere o caneiro de O Muíño. “Encontrámonos aprisionados  dunha decisión xudicial xa que se está coa solicitude de reversión do caneiro, que está na Audiencia Nacional e onde xa houbo unha primeira sentenza favorable á Confederación”, lembrou. Para ese caneiro, sostivo, existe xa un proxecto dotado con 308.000 euros para a súa restauración.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, agradeceulle ao José Antonio Quiroga a súa boa disposición e diálogo constante no ano que leva ao fronte da Confederación, “con gran respecto institucional para mellorar o benestar da cidadanía e actuar nos temas importante e de gran interese para Lugo” como é a posta en marcha da praia fluvial, que está xa na última fase, pendente do permiso definitivo para que “o vindeiro ano podamos dispor desta zona de baño pública”.

Tamén se falou doutras temas pendentes, como é o paso soterrado e as caldas, dous proxectos enmarcados na estratexia europea DUSI impulsada polo goberno de Lara Méndez para integrar a trama urbana co río Miño.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+