Información
Lugo

San Froilán 2019 contará con 50 grupos e artistas de Lugo

Información
19 Septiembre 2019 502 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O San Froilán 2019 contará con 50 grupos e artistas de Lugo

A Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, presentou no día de hoxe a 25 grupos de Lugo que, segundo indicou, “serán protagonistas nesta edición da gran festa do outono galego”. Ferreiro indicou que tocarán “nos grandes escenarios e tamén noutros emprazamentos, como praza da Soidade ou Campo Castelo. Maite Ferreiro destacou a “variedade de estilos para que estas sexan as festas de todas e todos os lucenses”.

 

A música tradicional está presente nos grupos presentados hoxe, con BatitalIria Estévez Atlántica e Laura Lamontagne como embaixadoras, mentres que o rock é sen dúbida o xénero preferido polas bandas locais, que representan nesta gran festa do outono galego Bello e BeduBerta FranklinFilophóbicasForget la FranceInfrarrojaShip of Fools e Trinitá.

Arrythmia e Kalte Sonne representarán o metal, mentrers que Por mí Swing e The Old Project mostrarán o mellor jazz e o swing local, mentres que Los Zorros encargaranse de garantir a presenza do blues. Funkombo e Muddy Dolls levarán aos escenarios ao funk local, e a música electrónica contará co Electronic Lucus Fest como representante.

Outros grupos que terán espazo neste San Froilán son Carta de Ajuste, que renderán tributo á música dos 70 e 80. Mr Hattaway actuará coa súa homenaxe a Amy Winehouse e Wireless renderá tributo a Bob Marley. Untides mostraranos a música underground lucense, e a música acústica con arranxos electrónicos de Sigilu terá o seu espazo.

Xunto a todos eles estarán os Mustélidos, un dúo de voz e guitarra que crean un estilo propio con ingredientes de diversos estilos e épocas, que compartirán espazo no programa das festas co DJ Roberto Tempo e con El Último Burro, grupo que rende tributo ás cancións dos Rápidos, os Burros e “el último de la fila”.

Audio

  • A Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, sobre o San Froilán 2019 | Descargar mp3

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+