Información
Lugo

Feira do Pemento de Mougán, en Guntín; a II Travesía do Caneiro, en Lugo; o XVI Festival Terra Brava e as Danzas da Cervela no Incio; o Folión de Carros de Chantada; a Feira do Cabalo de Escairón, no Saviñao; e as actividades fluviais de Trabada

Información
25 Agosto 2018 756 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Goberno da Deputación promove ao longo desta fin de semana 7 citas culturais e deportivas que terán lugar nos concellos de Guntín, O Incio, Lugo, Chantada, O Saviñao e Trabada para as que destina preto de 22.000 euros. Así o avanzou a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, quen destacou que “facémolo para ofrecer alternativas lúdicas e de lecer ás nosas veciñas e veciños, ao tempo que promovemos o turismo e a cultura, dando a coñecer as nosas tradicións, gastronomía e medio natural ás numerosas persoas que se achegarán a gozar destas citas”.

 

Trátanse de:

- O XVI Festival Terra Brava, que se celebra este sábado 25 no Incio, está enmarcado nas actividades culturais que ten o Concello e que a Deputación financia con 20.000 euros, dos cales 2.000 son destinados á organización do festival. Nel, haberá actuacións musicais de 5 grupos galegos, entre os que destacan a presenza de Ruxe Ruxe ou Böj, e un catalán.

- A II Travesía do Caneiro, que terá lugar nas inmediacións do Club Fluvial de Lugo o sábado 25 pola tarde. Trátase dunha proba deportiva organizada polo Club Fluvial, entidade coa que o Goberno Provincial colabora cunha axuda de 15.000 euros para a organización desta e outras citas deportivas ao longo do ano.

- As actividades fluviais gratuítas da Deputación no Concello de Trabada o sábado 25 pola tarde encherán a Ría de Abres de veciños e visitantes que se achegarán a visitar o Concello mariñán. O Goberno Provincial promove este evento lúdico cunha achega de 1.500 euros para a contratación dos entre 6 e 12 monitores que se encargarán de supervisar o correcto desenvolvemento das mesmas.

- O Folión de Carros de Chantada que tamén terá lugar o sábado 25 nesta vila do sur da provincia. Trátase dunha cita tradicional para abrir as súas festas patronais, nela 11 carros sobre os que se representan distintos oficios, percorrerán as rúas do casco urbano. Tamén haberá actividades paralelas como exposicións de carros, actuacións musicais e demostracións de artesanía. O Goberno Provincial colabora coa asociación de Amigos do Folión, que organiza o evento, por medio dunha axuda de 4.500 euros.

- A XVII Feira do Pemento de Mougán, que terá lugar os días 25 e 26 de agosto no Concello de Guntín e espera repartir máis de 700 quilos deste produto entre máis de 2.000 asistentes. O Goberno Provincial colabora con esta cita gastronómica por medio dunha achega de 6.000 euros, que serve para dar a coñecer un produto con Denominación de Orixe Protexida.

- A Festa do Cabalo de Escairón, no Concello de O Saviñao, terá lugar o domingo 26 e reunirá a máis de 100 xinetes. A Deputación achega 5.000 euros para promover esta cita que organiza a Asociación de Cabaleiros de Escairón.

- Tamén no Incio as Danzas da Cervela, terán lugar a partires do domingo. Trátanse dunhas danzas ancestrais, cuxo orixe se sitúa hai máis de 500 anos. O Goberno Provincial financia este evento cunha achega de 3.000 euros, que se inclúen dentro das axudas para a programación cultural do Concello do Incio.

Otros articulos relacionados.....