Información
Lugo

Melloraranse 17 estradas provinciais nos Concellos de As Nogais, Carballedo, O Páramo, Vilalba, Lugo, Palas de Rei, O Vicedo e Negueira de Muñiz

Información
28 Agosto 2018 1136 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

270818 ALVARO XUNTA GOBERNO

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, informou da aprobación en Xunta de Goberno dos plans de seguridade e saúde no traballo, un documento imprescindible para poder iniciar as obras, para melloras en 37,5 quilómetros de 17 estradas provinciais en 8 Concellos da provincia, que contan cun investimento da Deputación de 1,1 millóns de euros. Logo da aprobación deste documento na sesión celebrada este venres, os traballos comezarán nas vindeiras semanas.

As actuacións son:

Nas Nogais: rehabilitación de 4,7 quilómetros de 2 estradas, con 133.907 euros. Na LU-P-0709 “Horta (N-VI) – Viladicente (LU-P-3702)”, do punto quilométrico 7,554 ao 10 e na LU-P-3702 “As Nogais (N-VI) – Nullán – Lamas (LU-P-0706)”, entre o quilómetro 2,660 e o 4,885.

En Carballedo: rehabilitación de 6,8 quilómetros de 2 estradas, con 181.214 euros. Son a LU-P-1003 “Cartelos (LU-P-1002) – Límite da provincia de Ourense, entre o quilómetro 0 e 0 4,5 e na estrada LU-P-1008 “Tolda (LU-901) – Agrexan – Agrosantiño (OU-0408)”, no treito do quilómetro 0 ao 2,3.

No Páramo: rehabilitación de 2,2 quilómetros de 1 estrada, con 81.631 euros. Trátase da LU-P-4203 “Pacios (LU-633) – Tebolle (LU-P-4302)”, no treito do quilómetro 10,850 ao 13,050.

 

En Vilalba: rehabilitación en 6,5 quilómetros de 3 estradas, con 191.934 euros. Trátanse da LU-P-6502 “Vilalba (LU-118)-A Balsa-Chavín (LU-161)”, entre os puntos quilométricos 0,606 e 2,126; a LU-P-6506 “Ponte de Saa (N-634)-Ladra-A Parrocha (LU-103)”, do quilómetro 2,730 ao 6,195 e na estrada LU-P-6508 (Vilate (LU P-6502)- Ribado (LU-P-6503), entre os quilómetros 0,137 e 1,750.

En Lugo: rehabilitación de 7,6 quilómetros de 4 estradas, con 222.565 euros. Son a LU-P-2902 “Lugo-Ponte de Ombreiro (LU-234)”, do quilómetro 3,2 a 7; a LU-P- 2907 “Campo da Barra (LU-612) – Coeses”, entre o quilómetro 1 e o 2,6; a estrada LU-P-2913 “Coeses (LU-P-2907) – Terlama”, no treito do quilómetro 0 ao 1,1, e na estrada LU-P-2920 “Albares (LU-P-2904)-Nadela (N-VI)”, entre o quilómetro 0 e o 1,1.

En Palas de Rei: rehabilitación de 5,127 quilómetros en 3 estradas, con 138.444 euros. Son a LU-P-4005 “Ferradal Novo (N-547) – Igrexa de Vilar de Donas”, entre os puntos quilométricos 0 e 1,302; a LU-P-4006 “Palas de Rei (N-547) – Quindimil”, dos puntos quilométricos 0 e 0,525, e na LU-P-4008 “Leilón (LU-P-4001) – Pambre – Batán (Límite Provincia), do punto quilométrico 0 a 3,3.

No Vicedo: rehabilitación de 3,5 quilómetros de 1 estrada, con 104.000 euros. Trátase da LU-P-6402 “de Vicedo, por Cruz da Pardiñeira, ao Cristo de Portapena, ata o ramal á LU-P-6401”, entre os puntos quilométricos 9,3 e 12,8.

En Negueira de Muñiz: rehabilitación de 1 quilómetro de 1 estrada, con 70.000 euros. Trátase da LU-P-3602 “da estrada de Acebo a Negueira de Muñiz, por Ouviaña, a Asturias”, no treito comprendido entre o punto 3,5 e o 4,5.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+