Información
Lugo

San Froilán 2018: 280 actos para unhas festas únicas, con especial protagonismo para os artistas locais e gran presenza do Camiño Primitivo

Información
15 Septiembre 2018 1299 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Lara Méndez e Carmen Basadre presentaron, na Praza Maior, a programación, cada vez máis completa e integradora, destes festexos, declarados de Interese Turístico Nacional

O San Froilán, que é unha festa que acolle a rúa e as prazas; arrincará o día 4 de outubro, ás 20:30 horas co pregón de Manuel Lombao. Despois actuarán Los Pelúdez, Los Gofiones, haberá pasarrúas, un concerto folk, noite sabinera…

"Porque chega o San Froilán e invádenos a ansia de celebrar o que somos e o que fomos, o que queremos seguir sendo, os nosos costumes e a nosa identidade", asegurou a Alcaldesa

O programa conta cunha ampla representación internacional, con artistas como Myles Sanko (inglés), Marky Ramone (americano) ou os grupos Fanfare Ciorcalia, de Rumanía, Pussy Riot, de Rusia, ou Nathy Peluso e Javiera Mena, de Latinoamérica

 

A Concelleira puxo o acento neste San Froilán como o de máis programación dos últimos tempos, descentralizado por todos os recunchos e barrios da cidade, e con gran itinerancia de grupos

Méndez: "O segredo dunhas grandes festas atópase nas persoas: dende as que con empeño conforman a programación para que Lugo teñan unhas patronais moi especiais e participativas; aos veciños e veciñas de Lugo, da provincia e a todos e todas as que veñan de fóra a gozar do San Froilán"

Do 4 ao 12 de outubro, vestida de festa, Lugo volve adquirir un esplendor especial. Nestes días, as prazas, a xente, … todo está tinguido coa luz e coas cores especiais de outono, cores que marcan que Lugo está de patrón, que chega o San Froilán; un pretexto para unhas festas nas que a cidade, sempre aberta, se volve máis aberta ca nunca.

Para elo, o Concello deseñou unha programación de 280 actos, co obxecto de satisfacer a todos os públicos, que presentou este venres, na Praza Maior, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da LIngua, Carmen Basadre; acompañadas do Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, outros membros do Goberno de Lugo e distintos representantes e artistas que teñen oco no programa, que farán do San Froilán 2018, unha festa única.

"Tradición, historia e cultura, conxugadas con modernidade e vangardismo", definen a esta cita, que nesta edición, e tras tres anos dedicando o día 11 de outubro a un dos Patrimonios Mundiais de Lugo, o Camiño Primitivo, se impulsa aínda máis, ofrecendo conferencias e andainas previas ao inicio dos festexos. Serán os días 29 e 30, os paseos con saída ás 10:30 horas dende a parada do bus urbano da rúa Anxo López Pérez e as charlas, ás 19:00 horas, no auditorio do Centro Cultural do Vello Cárcere. Xavier Gómez Vila e Adolfo de Abel Vilela serán os encargados das ponencias, baixo os títulos Os itinerairos xacobeos pola cidade de Lugo e A presenza do Camiño na cidade de Lugo.

Esta edición, as festas patronais de Lugo teñen un programa de ampla representación internacional, con artistas como Myles Sanko (inglés), Marky Ramone (americano) ou os grupos Fanfare Ciorcalia, de Rumanía, Pussy Riot, de Rusia -que actuarán por primeira vez no escenario con Ramone-, ou Nathy Peluso e Javiera Mena, de Latinoamérica. Ademais, este é un San Froilán con especial protagonismo para os artistas de Lugo: coa presenza de máis de 20 grupos locais.

"Porque chega o San Froilán e invádenos a ansia de celebrar o que somos e o que fomos, o que queremos seguir sendo, os nosos costumes e a nosa identidade, a que nos fai ser diferentes aos demais e a que expresa o noso sentir", asegurou a Alcaldesa na presentación, onde adiantou a celebración, un ano máis, das citas habituais: Día de Ferrol (6), Desfile de Gando, Festival de Cultura Tradicional, San Froilán Tecedeiro, feira de antigüidades, ofrenda a Rosalía, de man de Paloma Lugilde; o  Domingo das Mozas (7), mostra do traxe tradicional galego, concertos de bandas ou unha verbena como as de antes.

É a rúa, son as prazas as que acollen a festa

O San Froilán é unha festa que acolle a rúa e as prazas. "Pero non hai festa sen compañía. Estamos ante unha das mellores oportunidades para reunirnos cos nosos, e convivir uns cos outros", subliñou a rexedora, que anunciou que o San Froilán 2018, declarado de Interese Turístico Galego e Nacional, arrincará o día 4, ás 20:30 horas co pregón de Manuel Lombao. Despois Los Pelúdez, Los Gofiones, pasarrúas, concerto folk, noite sabinera…

Tamén quixo avanzar unha novidade para o propio día de San Froilán: un espectáculo piromusical e videomaping, na Praza Maior,  ás 23:30 horas. Zenet, Adrián Vigo, Lucía Pérez e Vizcaíno súmanse aos concertos que xa estaban anunciados, como por exemplo os de Rozalén, SonDeSeu, ou Herdeiros da Crus.

"Se hai algo que mantén a un pobo con vida é a súa xente, a súa participación e a súa implicación, e por suposto, que esta sexa nos espazos públicos" continúou a Alcaldesa, ao tempo que adiantou que este ano se amplían as sesións vermús á Rinconada do Miño.

O San Froilán integrador

O programa do San Froilán, cada vez máis completo e integrador, para que todos teñan a oportunidade de vivir a festa; tamén contempla este ano programación para os miúdos e miúdas, en concreto medio cento de actividades no patio do edificio administrativo do Concello; para os máis deportistas: unha vintena de citas de diversas modalidades e para os maiores, como vén sendo habitual unha verbena de tarde, o luns 8. No relacionado coa tradición, o San Froilán ten 5 días dedicados á cultura no Camiño, no Cantiño Nemesio Cobreros, con cada día dedicado a diversos oficios tradiconais; así como o Arte San Froilán (impulsado pola Deputación), ou a presentación dun número máis da colección dos Devanceiros: As festas Finiseculares, de Adolfo de Abel Vilela.

Pola súa banda, Carmen Basadre, que fixo un recoñecemento público ao personal traballador de cultural, puxo o acento neste San Froilán con máis programación dos últimos tempos, descentralizado por todos os recunchos e barrios da cidade, e con gran itinerancia de grupos. De feito contémplase a combinación de todos os tipos de música, tradicional, techo, rap, dance, hip-hop; "o que a foi diversa, e que se sexan unhas festas familiares". Como non podía ser doutro xeito, as verbenas tamén teñen oco na programación, con orquestras de gran presenza no ámbito festeiro de Galicia. 

"O segredo dunhas grandes festas atópase nas persoas: dende as que con empeño conforman a programación para que Lugo teñan unhas patronais moi especiais e participativas; aos veciños e veciñas de Lugo, da provincia e a todos e todas as que veñan de fóra a gozar do San Froilán", concluíu Méndez, quen fixo unha invitación á sociedade a participar nas festas máis bonitas do outono galego.

Nesta liña insistiu Álvaro Santos, que enmarcou a colaboración da Deputación na vontade de seguir impulsando ao San Froilán como punto de encontro da provincia e de convivencia, onde teñan cabida todos os gustos e sensibilidades.

Prolongación dos buses urbanos e aparcadoiros disuasorios

Os días 4, 6 e 11 de outubro, as liñas 3A, 4, 6 e 7A prolongarán o seu servizo ata as 03:00 horas, e os días 5, 7 e 12, as liñas 3AE, 4E, 5E, 6E, ata as 02:00 horas. O Concello habilitará 4 zonas de estacionamento disuasorias, dúas en Campos Novos, As Termas e rúa das Artes. Do mesmo xeito, haberá un servizo especial de bus que conectará estas zonas co recinto feiral.

Alsa ofrecerá descontos dun 25% para as persoas que se acheguen a Lugo entre o 1 e o 15 de outubro.

Máis información destes festexos na web www.sanfroilan.info

Audio


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida..

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título de la Liga Gallega Absoluta Masculina de Primera División.Un..

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+