Información
Lugo

Os maderistas limparán de árbores 1.000 quilómetros de estradas en 14 Concellos da provincia de Lugo

Información
06 Noviembre 2018 450 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Son un total de 24 equipos que xa están a traballar nas estradas da provincia, con máis de 105 operarios. A previsión e rematar estas actuacións de emerxencia en 7 días, previsiblemente, esta mesma semana

Fernández Queipo puxo en valor “a inmediata resposta e disposición da Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo, e ao seu Presidente, que nun momento de emerxencia e excepcionalidade responderon de xeito áxil e dilixente”

Díaz Ramos destacou que “puxémonos a traballar para solucionar, canto antes estas situación. Así, chamamos a todas as empresas do sector da que recibimos resposta e que se incorporaron de xeito inmediato ás ordes da Deputación”

O Vicepresidente e Deputado de Xestión Territorial, Árgelio Fernández Queipo, e o Presidente da Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo, Daniel Díaz Ramos, informaron que ambas as dúas institucións limparán de árbores nun total de 1.000 quilómetros de estradas en 14 Concellos da provincia de Lugo. A previsión é rematar estes traballos é rematalos en 7 días, previsiblemente nesta mesma semana. Contan cun orzamento de 400.000 euros que previsiblemente non será preciso empregar na súa totalidade.

Fernández Queipo puxo en valor “a inmediata resposta e disposición da Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo, e ao seu Presidente, que nun momento de emerxencia e excepcionalidade responderon de xeito áxil e dilixente. Son máis de 105 traballadores que integrados nun total de 24 equipos, os que xa están a retirar árbores de estradas neste territorio aos que recorremos, a proposta dos propios madeiristas, debido á imposibilidade de asumir con medios propios estes traballos”.  

O Presidente dos Madeiristas destacou que “dende esta Asociación, así como as empresas que a integran, só concibimos este xeito de responder ante unha situación de emerxencia na que se precisa da nosa colaboración; que neste caso veu da man da Deputación de Lugo. Por iso, a resposta foi simple e puxémonos á súa disposición para solucionar, canto antes, esta situación. Así, chamamos a todas as empresas do sector da que recibimos resposta e que se incorporar de xeito inmediato ás ordes da Deputación”.

Ademais, Díaz Ramos apuntou que “ojalá que non ser produzan máis situacións imprevistas e extremas, pero de suceder, o sector forestal queda a súa enteira disposición para aqueles que precisen da nosa axuda”.


1.000 quilómetros de 14 Concellos


Os traballos que realizarán as empresas do sector da madeira buscan acondicionar nun total de 7 días uns 1.000 quilómetros de estradas de 14 Concellos, case todos eles da montaña de Lugo, unha das zonas máis afectadas polas nevaradas. Deste xeito, os máis de 100 operarios que compoñen este dispositivo de emerxencia, traballarán nos municipios de Cervantes, Navia de Suarna, Fonsagrada, Becerreá, Baralla, Láncara, Castroverde, Baleira, Folgoso do Courel, Samos, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín e as Nogais.

Situación de excepcionalidade


O Deputado explicou que esta foi unha situación de totalmente excepcional pois durante os días 27, 28 e 29 producíronse fortes precipitacións en forma de neve, ademais de tormentas con fortes rachas de vento. A acumulación de neve nas poulas das árbores e o vento, produciu roturas de árbores e troncos que acabaron caendo en estradas da rede viaria. Esta situación o que produciu cortes de luz, telefonía e internet, e deixou algún núcleo rural incomunicado. Os traballadores do servizo de vías e obras da Deputación iniciaron os traballos pero a grande cantidade de árbores caídas e a falta de maquinaria específica para recoller e tratar a madeira, obrigaron a recorrer ás empresas forestais.

Otros articulos relacionados.....
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)