Información
Lugo

A Deputación pon na mesa da Feira do Capón de Vilalba 3.000 euros

Información
22 Diciembre 2018 464 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Eduardo Vidal Baamonde, participou este venres na Feira do Capón de Vilalba, cita á que acoden cada ano centos de persoas para ver os mellores exemplares destes animais e coa que o Goberno da Deputación colabora con 3.000 euros. Alí, destacou “a importancia de promocionar os produtos autóctonos na provincia. Dende o Goberno Provincial achegamos ao longo do ano máis de 100.000 euros para facer posible a celebración de 28 citas gastronómicas ao longo do noso territorio. Facémolo, ademais, dentro da nosa aposta por potenciar cada un dos recursos dos nosos Concellos como un valor diferencial que nos converten nunha provincia única, que cambia de recuncho a recuncho”.

 

Vidal Baamonde subliñou que “a Feira do Capón de Vilalba é un evento xa consolidado, con 200 anos de antigüidade. É unha das citas de referencia na entrada do inverno na comarca e na provincia, que medra ano a ano, pois cada vez son máis as persoas que se achegan a degustar un manxar tan típico da nosa comunidade”.

Na praza da Constitución de Vilalba, os visitantes, ademais dos criadores que expuxeron os seus exemplares de capón, tamén se deron cita outros produtores de alimentos autóctonos e de artesanía.

Esta edición foi o segundo ano que se celebrou a feira despois de ter sido incorporado no rexistro da Unión Europea a Indicación Xeográfica Protexida. Estiveron os 60 criadores censados da comarca, que puxeron á venda preto de 900 exemplares. Descoñécese de momento o volume de negocio que xerou, aínda que a venda por unidade oscilou entre os 100 e os 120 euros.

Otros articulos relacionados.....