Información
Lugo

Construen un barrio multiecolóxico en Lugo

Información
31 Diciembre 2018 936 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Foto; De esquerda a dereita, Piñeiro, Fernández, Méndez, López e Martínez, na presentación do novo título de 'Os Bolechas'
 

A USC participa cos personaxes da saga infantil ‘Os Bolechas’ na construción dun barrio mulitecolóxico en Lugo, unha peripecia que replica unha das accións contempladas no programa Life Lugo+Biodinámico, un proxecto europeo liderado polo Concello de Lugo e no que tamén participan a USC e a Deputación Provincial de Lugo, ademais da Universidade Politécnica de Madrid.

 

O novo conto de ‘Os Bolechas’ presentado este venres no consistorio lugués súmase xa a unha colección infantil que agroma máis de 550 títulos e, neste caso, sintetiza boa parte dos obxectivos pretendidos no Life Lugo+Biodinámico, unha iniciativa europea orientada a transformar Lugo nunha cidade cun desenvolvemento urbano sostible, a través dunha planificación urbanística adaptada ao cambio climático e ás oportunidades que depara esta nova realidade ambiental.

 

 

O título ‘Os Bolechas fan un barrio multiecolóxico en Lugo’ é un conto cun innegable valor engadido, xa que se trata dunha ferramenta moi acaída para transmitir e achegar ao público máis novo valores, termos e conceptos que teñen que ver coa sustentabilidade, cambio climático, economía circular, respecto polo medio ambiente e, en definitiva, coa calidade de vida, salientou Elvira López Mosquera.

 

A profesora da USC e adxunta á Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo sinalou asemade que o novo título de ‘Os Bolechas’, “uns personaxes ben coñecidos e queridos polos nenos galegos”, axudará a familiarizar ao público máis novo con termos técnicos asociados a un mundo máis sustentable, tales como barrio mulitecolóxico, xardíns verticais, pavimentos filtrantes, azoteas azuis, áreas húmidas, aves migratorias, bosques con especies autóctonas ou construcións en madeira. López Mosquera realizou estas declaracións na presentación do último libro de ‘Os Bolechas’, no marco dun acto no que tamén puxo en valor a colaboración entre distintas administracións reflexada no Life Lugo+Biodinámico, “un bo exemplo de sinerxía entre universidades e administracións locais, a través do que fai visible como a USC contribúe a construír e a transformar a cidade de Lugo a través da transferencia de coñecemento”.

 

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, incidiu asemade na pertinencia de que personaxes como ‘Os Bolechas’ actúen como embaixadores dos valores a prol da conservación e defensa do medio ambiente que tamén pretende transmitir o Concello de Lugo, “unhas ideas que comparten de cheo os personaxes de ‘Os Bolechas”, dixo Javier Martínez, da editorial Bolanda, nunha sesión de presentación na que tamén participaron o vicepresidente da Deputación de Lugo, Argelio Fernández, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible do Concello de Lugo, Daniel Piñeiro.

 

‘Os Bolechas’, de visita á cidade Lugo
Os personaxes de ‘Os Bolechas’ desembarcarán na capital luguesa o vindeiro venres 4 de xaneiro para ser protagonistas dun singular pasacalles que os levará a percorrer algunhas das principais rúas e prazas do recinto histórico lugués. A comitiva, da que tamén formarán parte dirixentes políticos da Deputación e do Concello de Lugo, así como representantes da USC, partirá ás 18.00 horas da Praza de San Marcos e rematará nas dependencias do Vello Cárcere, onde os organizadores deste singular pasacalles agasallarán aos máis cativos con exemplares desta nova entrega de ‘Os Bolechas’.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+