Información
Lugo

O CONCELLO TEN O DEBER DE APROVEITAR A ACTUAL OPORTUNIDADE DE RECUPERAR A ÚNICA ZONA DE BAÑO DE LUGO PARA USO PÚBLICO

Información
27 Febrero 2019 542 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

IMG 20190227 114859O Club Fluvial vén de solicitar a renovación da súa concesión de obras e de augas no dominio público hidráulico do río Miño ao seu paso por Lugo para os vindeiros 50 anos, logo de que o pasado mes de outubro vencese a súa anterior concesión. O trámite de renovación da concesión para as instalacións deportivas que se atopan na zona de servidume e de policía do río atópase en fase de exposición pública para competencia de peticións. Isto implica que ata o vindeiro 8 de marzo, calquera entidade ou particular pode presentar un proxecto ou anteproxecto para a mesma concesión que a do Club Fluvial ou formular unha petición que sexa incompatible coa da entidade deportiva. Ademais, en poucas semanas, a Confederación Hidrográfica prevé abrir o mesmo período de competencia para a concesión de augas dese treito do río Miño.

 

Para a plataforma Lugo de Cara ao Miño, conformada por unha vintena de entidades de carácter ambiental, cultural, social e político, estamos ante unha oportunidade única e irrepetible de recuperar este treito do río Miño para uso público e liberar a zona de servidume de obras que hoxe en día son cuestionables desde o punto de vista ambiental e social. Pensamos que no século XXI, e nun contexto global de cambio climático, xa non teñen cabida autorizacións ou concesións en dominio público hidráulico que traten de perpetuar para as vindeiras décadas zonas de baño privadas ou de uso exclusivo para uns poucos e obras que interrompen o acceso ou paso público á zona de servidume.

No caso concreto do concello de Lugo, pensamos ademais que desde hai tres anos, tanto o goberno local como os grupos da oposición, están a promover de xeito desenfocado e errático a ocupación e alteración de novos treitos naturais do río Miño para a creación dunha praia fluvial pública, cando poderían estar apostando por fórmulas que permitisen o aproveitamento dos recursos xa existentes e que fosen satisfactorias para o conxunto da cidadanía. Neste senso, é preciso destacar que o treito de río apropiado cando menos nos últimos 60 anos polo Club Fluvial é o único do Miño ao seu paso por Lugo que está recoñecido como zona de baño e que, por tanto, o único que conta coas mínimas análises e garantías de seguridade e de sanidade ás que obriga a lexislación vixente. Ningunha das outras alternativas ata agora expostas polo Concello e polos grupos da oposición contan con este obrigado recoñecemento, presentando, pola contra, serias dúbidas de viabilidade, ben polo seu impacto ambiental e paisaxístico, ben pola falta de profundidade do río ou ben polas poucas garantías de seguridade das instalacións.

Lembremos que o informe ambiental emitido o pasado 18 de xaneiro polo Servizo de Conservación da Natureza, da Xunta de Galicia, ao respecto das piscinas que o Concello pretende colocar no parque do Miño advirte que as instalacións ocuparían o 40% do ancho do río, en zona de correntes de auga, o que poría en risco a estabilidade dos módulos das piscinas no caso de enchentes repentinas. O informe da Xunta engade que tampouco se avalía adecuadamente o impacto paisaxístico da infraestrutura, o número de usuarios/as, as medidas de protección da calidade das augas, a xestión dos residuos e a biodiversidade real presente no medio, deixando nas mans do organismo de bacía a resolución da autorización do proxecto.

A plataforma Lugo de Cara ao Miño insta ao Concello de Lugo a presentar diante da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e dentro de prazo (ata o vindeiro 8 de marzo) a correspondente instancia de petición de concesión para o uso dese treito do río Miño como zona pública de baño. Neste mesmo trámite, o Concello tamén poderá solicitar a declaración de utilidade pública do proxecto e a imposición das servidumes que se consideren necesarias para poder converter ese treito fluvial en zona pública de baño.

LIBERAR O PASO DE SERVIDUME E AVALIACIÓN AMBIENTAL

Ao mesmo tempo, demandamos á Confederación Hidrográfica Miño-Sil que paralice a tramitación da renovación das concesións de obra e de augas solicitadas recentemente polo Club Fluvial mentres a entidade deportiva non cumpra coa obriga legal de deixar libre e accesible a zona de servidume do río Miño e non retire os valados e portas que impiden o tránsito desde o río á terra de persoas e animais. Segundo confirma a propia Confederación Hidrográfica, o Club Fluvial de Lugo leva anos incumprindo esta condición á que se vinculan todas as concesións que lle foron outorgadas, e polo que o organismo de bacía xa lle leva imposto varias multas coercitivas.

Na actualidade, o paso de servidume dese treito de río tamén se atopa interrompido na outra marxe do río, onde permanecen colocadas as vallas metálicas das obras da fábrica da luz e que Lugo de Cara ao Miño ten requirido en varias ocasións a súa retirada.

Por outra banda, os procedementos de renovación das concesións solicitada polo Club Fluvial para os vindeiros anos terían que someterse en todo caso á avaliación de impacto ambiental ao afectar a un espazo natural protexido como Zona de Especial Conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga, zona de Rede Natura 2000 e zona núcleo da Reserva da Biosfera.

 


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por primera vez en pruebas de emisión real, el partido que cierra..

A portavoz nacional, Ana Pontón, decidiu colocarse diante de ENCE para denunciar as pintadas ameazantes contra a candidata..

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+