Información
Lugo

Pobra de Brollón, Pantón, O Saviñao, Sober, Chantada e Bóveda incorpóranse ao premio 'Semente da Ribeira Sacra'

Información
19 Marzo 2019 937 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Pilar García Porto, participou na presentación da nova denominación do premio de ideas empresariais Semente de Monforte, que organiza a Asociación homónima, e que a partir da 6º edición pasará a chamarse Premio Semente da Ribeira Sacra, debido á incorporación de 6 novos Concellos da zona sur da provincia, que colaborarán no certame na vindeira convocatoria: Pobra de Brollón, Pantón, O Saviñao, Sober, Chantada e Bóveda. Ademais destes novos Concellos, adhírense tamén a esta colaboración as Deputacións de Ourense e Lugo, esta última fará unha achega de 3.000 euros. No acto tamén estivo presente a Tenente de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos, Gloria María Prada Rodríguez, entre outras autoridades; o voceiro da Asociación A Semente de Monforte, Severino Rodríguez Díaz; e a representante dos empresarios patrocinadores, María Bargaso.

 

Este galardón, de 16.000 euros, valora con consideración especial os proxectos innovadores e viables que teñan como obxectivo o desenvolvemento do medio rural na Ribeira Sacra, así como a posta en valor dos seus recursos. Entre os obxectivos do premio está dinamizar o tecido empresarial galego e poñer en contacto a persoas con propostas de negocio innovadoras con inversores e representantes de empresas con recursos económicos. Entre as empresas patrocinadoras, 13 en total, atópanse entre outras as marcas CaixaBank, BrikoKing, Naturgy, Inveravante, R, Rectoral de Amandi, Estrella Galicia ou Gadis.

Do total de participantes na última convocatoria, a 5ª edición, seleccionáronse 10 proxectos que os emprendedores tiveron que expoñer publicamente este sábado, ao longo de toda a mañá, perante un xurado composto por representantes das entidades colaboradoras no premio: 1 voceiro de cada una das tres universidades galegas, 2 da Asociación Semente de Monforte, 1 de cada unha das 13 empresas patrocinadoras, 1 do Concello de Monforte de Lemos; e 1 do Instituto Galego d Promoción Económica (IGAPE). O fallo darase a coñecer hoxe mesmo, no transcurso dunha cea que se celebrará na localidade monfortina.

Os 10 finalistas da 5ª edición
Os 10 proxectos finalistas no concurso de ideas empresariais foron os seguintes:  

SEND2ME. Caixa de correo electrónico para entrega de paquetería.
- Recovery Blood. Revalorización do sangue e outros subprodutos da industria cárnica.
Sense(Z). Detección de alérxenos en alimentos.
ENTELARTE. Estrutura creativa en torno á artesanía que convive coa cultura, a arte e o ocio.
RACIMOS GLAMPING & WINE. Campamento turístico na Ribeira Sacra.
Planificación de xestión circular de residuos orgánicos para revalorización enerxética e restauración de solos degradados mediante xeración de biogás.
SmartWood. App para xestión forestal.
ItechTerm. Monitorización e control de variables sanitarias en gando vacún.
FUNDEEN MANAGEMENT SL. Plataforma de financiación para proxectos de enerxías renovables.
ARTIO. Bebida isotónica natural elaborada con auga de mar da costa atlántica galega.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....