Información
Elecciones municipales de Galicia

Sánchez Bugallo asume o compromiso de impulsar un plan integral para Conxo orientado a integrar o barrio en Santiago

Información
24 Abril 2019 433 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O candidato á alcaldía de Santiago, xunto aos membros da súa lista, Mercedes Rosón, Mila Castro, Gonzalo Muíños e Javier Fernández, reuniuse coa AVV Conxo Aberto no marco do programa de visitas, dun día de duración,  que realiza a distintos barrios de Compostela.


Santiago de Compostela, 23 de abril  2019

O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, asumiu cinco compromisos na  reunión que mantivo, xunto a membros da súa candidatura, coa Asociación de Veciños Conxo Aberto. O primeiro: impulsar un plan integral para Conxo, con dous eixos, unha integración interna pensada para mellorar a calidade de vida dos veciños, e unha integración co resto da cidade de Santiago. O segundo: acondicionar a rotonda e o túnel de Conxo para facilitar a mobilidade e eliminar o efecto barreira que representa a estrada SC-20; e  recuperar o busto do galeguista Antón Fraguas e colocalo no lugar no que estaba, na rúa que leva o seu nome. Terceiro: unha zona deportiva similar a Santa Isabel, nunha parcela de 12.000 metros cadrados. Cuarto: reclamar á Xunta que se cumpla o compromiso do novo centro de saúde. Quinto: reformular o sistema de xestión dos centros socioculturais e reformular o sistema de xestión. Reforzar a programación e mellorar a dotación de persoal e o servizo que presta á cidadanía.


No encontro, no que tamén estaban presentes os membros da súa lista Mercedes Rosón, Mila Castro, Gonzalo Muíños e Javier Fernández; os representantes veciñais pediron a Bugallo  “un proxecto integral ambicioso pensando na xente que vive en Conxo, un plan que teña que ver coa mobilidade, coa urbanización, coa articulación do barrio e a súa integración en Santiago”. Mentras non se desenvolve este plan, o candidato á alcaldía aposta por “actuacións de urxencia”. Son, o acondicionamento da rotonda e o túnel de Conxo para facilitar a mobilidade dos veciños da zona norte e da zona sur do barrio, separado pola estrada SC-20; e a urbanización dos PERIS de Cornes e Monte de Conxo. Bugallo tamén ve necesario buscar a forma de “permeabilizar” Romero Donallo,  unha rúa que a agrupación veciñal ve como unha barreira urbanística, que dificulta a integración co resto da cidade.


O candidato á alcaldía tamén sinalou que defenderá o compromiso coa Xunta para a construción do novo centro de saúde de Conxo. É unha reivindicación que os veciños consideran “irrenunciable”. Outra petición: instalacións deportivas. O candidato á alcaldía lembroulle que no seu programa figura construír un centro deportivo no barrio, con piscina incluída, similar ao de Santa Isabel. Levantaríase nunha parcela de 12.000 metros cadrados


Outra dos problemas expostos: a situación e funcionamento do Centro Sociocultural. Bugallo, ante o que cualifica como “perda de calidade, diversidade e oferta dos centros socioculturais”, propón programas de actividades axeitados ás demandas dos veciños. E ante o deterioro, un bo servizo de mantemento. Nese sentido, aposta por organizar e racionalizar a xestión do servizo. Por outra banda, os veciños tamén reclamaron a volta da estatua do profesor Antón Fraguas á rúa que leva o seu nome.


Antes deste encontro reuniuse con representantes da S.D. Conxo Santiago, e a primeira hora da gtarde, co grupo cultural “Os inconformistas de Conxo” . A esta hora, a candidatura de Sánchez Bugallo mantén un encontro coa Asociación de Veciños de Santa Marta.



Programa de mañá



A xornada comezou na Casa das Asociacións, coa Asociación de Veciños “Estación Vella de Cornes. Os representantes da agrupación veciñal  trasladáronlle a súa preocupación polo estado en que se atopa o núcleo urbano de Cornes, co SUP 1 sen reurbanizar despois de décadas, e cheo de maleza e lixo. Aseguran que “os barrendeiros pasan cada dez días, os contedores subterráneos están inoperativos e os de superficie moi deteriorados; e que é preciso desbrozar a zona do lavadoiro, así como outros terreos de propiedade municipal”. Bugallo explicou que “hai parte das vivendas edificadas, e outra parte sen edificar”, pero, indicou, “é necesario desenvolver esa urbanización do PERI”


O seguinte encontro da candidatura de Sánchez Bugallo foi coa comunidade educativa. Ante ela asumiu o compromiso de revisar o mapa escolar do municipio. Estamos, dixo, “ante unha zona de expansión urbanística, como é Santa Marta, Conxo e O Castiñeiriño, na que cada curso se incrementa o alumnado”. Por iso, o candidato á alcaldía, ve necesario construír un novo centro de educación primaria que absorba as novas demandas de prazas escolares destes tres barrios.



--
#vamosstgo #vamossantiago