Información
Elecciones municipales de Galicia

Bugallo pide á cidadanía que vote pensando nos seus intereses de futuro, na súa pensión, na educación dos seus fillos, nos seus dereitos e liberdades

Información
26 Abril 2019 607 votos
0.5 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 Rating 10%

O candidato á alcaldía recorda que os grandes éxitos de Compostela están vinculados a gobernos socialistas en Madrid; e aposta pola recuperación do Consorcio para desenvolver temas fundamentais para o municipio, como a rehabilitación de vivendas, completar a creación do parque das Brañas do Sar, ou dispor dunha potente programación cultural para o Ano Santo de 2021.


Santiago de Compostela, 26 de abril de 2019

O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo pide á cidadanía, que tome a decisión de votar “pensando nas necesidades concretas, nas súas particulares, e nas da cidade de Santiago; pensando, na súa pensión, no colexio dos seus fillos; pensando no que é mellor para que Compostela aborde os retos de futuro”. Lembra Bugallo que a Compostela sempre lle foi mellor con gobernos socialistas, e “que os grandes éxitos de Santiago están vinculados a gobernos do PSOE en Madrid”. Cita “a chegada da alta velocidade, a construción da nova terminal aero-portuaria e da anterior, a nova construción do Periférico ou algo fundamental no futuro: a creación e os mellores anos do Consorcio en Santiago”.


Bugallo sinala que estamos “ante unha data límite para afrontar os grandes retos do Ano Santo 2021 e do 2027”. O que nos xogamos, segundo o candidato á alcaldía e “se imos construír un Xacobeo desde Santiago e en termos de Santiago, ou se quedaremos supeditados a outra administración”. E engade “se queremos que Santiago brille con luz propia neste Ano Santo, necesitamos a recuperación do Real Padroado, do Consorcio, e para iso necesitamos un goberno en Madrid comprometido con nós”.


Aclara o candidato que temas fundamentais para o municipio, “como a rehabilitación da Cidade Histórica, levar adiante e completar a creación do parque das Brañas do Sar, ou que poida dispor dunha potente programación cultural e festiva para o Ano Santo do 2021”, depende de que “teñamos un Consorcio potente e recuperado”. Lembra o candidato que nos últimos Xacobeos o Consorcio aportou aproximadamente 15 millóns de euros para a programación cultural e para a promoción. É moi difícil, di, que “o Concello estea en condicións de dispor deses recursos, salvo que se recupere plenamente o Consorcio nos termos no que o tiñamos no ano 2010, con máis de 20 millóns de euros de orzamento e non os 9 millóns dos que dispón para o 2019”.



Na quenda de preguntas, Bugallo asegurou que descoñece os efectos que os resultados das eleccións xerais terán nas municipais do 26 de maio. Pero, engade, “para min sería moi importante dispor dese goberno comprometido con Santiago. É o que pode, di, “aportar os maiores recursos e autonomía”.


Argumenta o candidato á alcaldía que a capacidade económica que agora ten o concello é limitada. “A única posibilidade de dispor de recursos económicos potentes para a promoción do Ano Santo e de contar cunha programación cultural e festiva axeitada ao que queremos en Santiago e centrada en Santiago, pasa pola recuperación do Consorcio e dun goberno socialista en Madrid”. Explícao con cifras: “o 60 por cento dos gastos nos Anos Santos cúbreos o goberno español. Se ese 60 por cen é unha cantidade ou outra, ten unha filosofía ou outra, ou ven a través dun conduto ou de outro, é moi relevante para Santiago” porque, engade, “a Xunta vai pensar en clave exclusivamente galega, non en clave compostelá. Se queremos que Compostela xogue un papel importante, necesitamos que teña un peso determinante nas decisións que se van tomar e nos proxectos que se van aprobar. Pasou no Ano Santo de 2010 e en 1993, por por un exemplo”.


Eleccións xerais


A Sánchez Bugallo prodúcelle unha gran preocupación o ascenso que poida ter a ultradereita, “como nos debera producir a todos os cidadáns”. E engade, “se tivera que facer un chamamento diría a todos aqueles cidadáns que lexitimamente poidan estar enfadados por múltiples razóns, seguramente todas elas plenamente xustificadas, que voten pensando nas cuestións concretas, nos intereses concretos: no que é mellor para a cidade, para a educación dos seus fillos, no que é mellor para garantir as súas pensións. Que pensen nos elementos concretos, e que tomen decisións prácticas e positivas. Votar deixándose levar pola ira, pola indignación, polo enfado, pola frustración, non é positivo”.

Para Bugallo, “o goberno que aporte o partido socialista sempre será un goberno mellor para a educación, mellor para as pensións; sempre será un goberno que garanta mellor os dereitos e liberdades democráticos, máis dialogante, e que apoiará máis aos máis necesitados”. Sempre será un goberno, di “que promoverá unha política de vivenda para xóvenes, unha política de vivenda para as clases desfavorecidas e non unha especulación inmobiliaria, e que apoiará máis e mellor a rehabilitación, como se acaba de demostrar co Plan Nacional de Vivenda recentemente aprobado”.


Cre Bugallo que “sería moi razoable, que as forzas que de verdade defendan a Constitución busquen puntos de acordo para afrontar os retos e ameazas ao Estado Constitucional”. E entre esas ameazas esta Vox. “A súa presenza non creo que sexa favorecedora dun estado constitucional, libre e democrático”, e cita, entre outras, as súas propostas en temas de igualdade, ou a súa intención de pechar medios de comunicación que non lle son afíns. “Véxoo como unha ameaza os dereitos e liberdades dos cidadáns, pero sobre todo das mulleres, dos máis desfavorecidos e de todos aqueles que discrepan da súa posición”.


--
#vamosstgo #vamossantiago


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida..

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título de la Liga Gallega Absoluta Masculina de Primera División.Un..

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+