Información
Elecciones municipales de Galicia

Propostas Ferrol, eleccións municipais

Información
08 Mayo 2019 288 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Antes de facer publica a proposta que hoxe plantexamos, queremos manifestar que tivemos acceso as propostas de Marea Ferrol e, comprobamos con satisfacción que a totalidade das súas propostas son unha copia moi aproximada da 1/3 parte das que nos xa fixemos na presentación da nosa candidatura fai xa un mes, e que levamos promocionando nas redes sociais todo este tempo 
 
Por outra banda tamén nos parece triste que un grupo que se presenta a un proceso electoral non teña capacidade de facer propostas propias e teña que copiar parte do programa dos rivais políticos, ou teña que asociarse a outro grupo político como En Marea que xa demostrou que Galicia importa pouco para eles, con o que podemos imaxinar o que lles importa Ferrol 
 
Nos ademais de todo o compartido en Común con outras forzas de esquerdas, para ferrol queremos moito máis, e así o vimos detallando en propostas diarias, dentro das cuales hoxe queremos facer chegar a creación de un órgano consultor de cidade donde participen todalas asociacions de veciños, asociacións profesionais, culturais, os novos consellos de barrio que se creen, e en xeral todas as forzas vivas da cidade
 
Ademais queremos crear un departamento de control e dignificación da vida animal, dotar de apoio institucional a iniciación de actividades culturais, e a creatividade individual, ou crear centros de maiores e de infancia
 
Carlos del Rio
Candidato de Xuntos Actùa