Información
Elecciones municipales de Galicia

Unidas Podemos: “Ourense representa un activo social capital para consolidación do espazo de cambio en Galicia”

Información
21 Mayo 2019 563 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O candidato á Alcaldía da cidade, David Alvarado, aposta por unha nova política baseada na trasnparencia, a xestión participativa e a atención aos servizos públicosO candidato á Alcaldía da cidade, David Alvarado, aposta por unha nova política baseada na trasnparencia, a xestión participativa e a atención aos servizos públicos
A secretaria xeral de Esquerda Unida, Eva Solla, destaca que o voto a Unidas Podemos “é a única alternativa real e tanxible” capaz de enfrontarse ao PP


Ourense, 21 de maio de 2019.- A O candidato de Unidas Podemos á Alcaldía de Ourense, David Alvarado, defendeu onte o compromiso da formación coa cidade, para a que defende unha nova política que aposte pola transparencia, a xestión participativa, a atención aos servizos e a colocación do cidadán no eixo das iniciativas.    
Así o expuso no marco dun acto de campaña celebrado la Ponte Romana de Ourense, no que estivo acompañado de membros da súa candidatura de responsables políticos da coalición, que, dixo, defende os intereses da cidade “dende todas as institucións nas que ten representación”, tanto a nivel galego como estatal e europeo. 
Alvarado Roales pedíu o voto da cidadanía o vindeiro domingo “para poñer Ourense ao nivel que merece en Galicia, en España e no mundo, dacordo co seu peso cultural, económico e poboacional”. “Ourense é a terceira cidade máis poboada de Galicia e, como tal, representa un activo social capital non só para Podemos e para Unidas Podemos, senón para a consolidación do espazo de cambio no país”, dixo o candidato.
O cabeza de lista de Unidas Podemos lembrou tamén que a relevancia de que a formación obteña bos resultados nas eleccións municipais non se limita só ás cidades onde se presenta. “Un resultado contundente do noso espazo o próximo domingo é clave para forzar ao PSOE a inclinarse por un Goberno de coalición, que só será de cambio, de progreso, se Unidas Podemos forma parte del”, engadiu.
Para Ourense, David Alvarado incide nun “proxecto serio e rigoroso”, que aposta polo realismo e polos cidadáns, lonxe de “anuncios efectistas” doutras formacións políticas. Entre os seus obxectivos, destacou, está o acabar co clientelismo predominante na acción municipal de Ourense, co trato de favor e coas desigualdades, apostando pola transparencia e a participación cidadá.
 A remunicipalización dos servizos, co obxectivo de facelos máis eficientes, a ecoloxía, o emprego de pequenas e medianas empresas e autónomos e a aposta pola mocidade e a vida cultural ourensá únense no seu programa a elementos claves como a defensa dos servizos sociais, a atención aos maiores e á infancia ou a internacionalización da cidade, que debe ser “reposicionada no mundo” acorde co seu peso e historia real. 
PARÁLISE DO CONCELLONo acto participou a secretaria xeral de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, quen denunciou “a parálise” que sofre o Concello de Ourense, ata agora en mans dun Partido Popular “absolutamente complacente cos recortes da Xunta”, que “non ten planificación para as necesidades da cidade” e de funcionamento “caciquil, opaco e clientlista”.
Durante o seu discurso, Solla defendeu “a necesidade democratizar o Concello e de traballar para facilitar o acceso da cidadanía aos servizos públicos, á vivenda e á cultura e de establecer un plan para frear a sangría do pequeno comercio”. “Unidas Podemos é a única alternativa real e tanxible, o único voto útil capaz de enfrontarse ao Partido Popular”, concluíu.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+