Información
Elecciones municipales de Galicia

Rubén Cela afirma que o escenario político en Concellos e Deputacións está aberto e do que dependa do BNG

Información
01 Junio 2019 493 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 “en ningunha desas institucións, gobernará a dereita española, sexa o PP en solitario ou acompañado”.- 

O  membro da Executiva nacional do BNG, Rubén Cela anuncio hoxe, en comparecencia ante os medios de comunicación, que o BNG está a realizar unha análise dos resultados electorais do 26M que será completada pola elaborada nas Asembleas locais e comarcais dos vindeiros días e que culminará cun Consello Nacional previsto para o vindeiro 8 de xuño.

 

Para o nacionalista, os resultados do 26 de maio deixan “un escenario político aberto en moitos concellos e deputacións” e do que dependa do BNG, afirmou, “en ningunha desas institucións gobernará a dereita española, sexa o PP en solitario ou acompañado”.

A respecto da política de acordos con outras forzas, Cela asegurou que “o BNG non parte de ningún apriorismo” e non damos, dixo, nada por feito, nin ningunha decisión está precondicionada así como  tampouco existe “unha decisión nacional que vincule a todos os concellos”. Neste sentido, explicou que serán  analizados Concello a Concello e, na decisión final, será fundamental a opinión da militancia en cada unha desas localidades”, reiterou.

Por outra parte, argumentou que calquera eventual acordo, só se materializará en base un acordo programático que inclúa  as políticas transformadoras do BNG, porque non entraremos en ningún concello a “gobernar por gobernar”. Só o faremos cando se dean as condicións necesarias e exista a  posibilidade real de  implementar as políticas coas que non comprometemos coa veciñanza.

Esta circunstancia, engadiu,  é aplicable aos Concellos, mais tamén ás Deputacións Provinciais, para as que ademais, realizaremos unha análise demorada sobre o noso papel nestas institucións e o resultado dos pactos de gobernos destes últimos catro anos.

O BNG DESTACA O AVANCE E APOIO SOCIAL RECIBIDO O 26M

Para o membro da Executiva nacionalista, o 26M confirmou que o BNG é unha forza política  á alza e  cunha importante implantación territorial e penetración social. Os resultados  consolídanos claramente  como terceira forza política do país con practicamente 200.000 votos, 458 concelleiros e concelleiras e 24 alcaldías por maioría absoluta ou relativa ás que haberá que sumar outras nas que o BNG é a forza máis votada dentro do bloque alternativo ao Partido popular.

Con respecto ás eleccións europeas, o BNG conseguiu duplicar os votos a respecto das anteriores eleccións  o que permitirá que “Ana Miranda, como xa fixo ao longo destes anos, sexa a voz de Galiza en Europa”, concluíu.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+