Información
Elecciones de Galicia

Podemos Galicia amplía su executiva para prepararse como alternativa de goberno

Información
26 Enero 2020 3883 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O partido incorpora perfís de peso ma sociedade civil en doce novas secretarías técnicas

Compostela, 25 de xaneiro do 2020.- O Consello de Coordinación de Podemos Galicia aprou hoxe semana unha ampliación da Consello Cidadá, o órgano executivo do partido, con doce novas secretarías técnicas coas que pretende sumar perfís experimentados e de peso na sociedade civil. A ampliación da executiva pretende consolidar o traballo do partido para constituirse en alternativa ao Goberno da Xunta de Galicia.

 

Qeremos asumir o papel central no espazo político de progreso no país cunha proposta madura e de continuidade do traballo destes anos, que acabou levando a unha forza galega, Galicia en Común, a estar no Goberno de coalición no Estado”, dixo o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino. “Agora traballamos para conformar un equipo de Goberno para a Xunta que acabe co decenio negro de Feijóo e que permita construir unha Galicia máis xusta, igualitaria, solidaria e feminista. Creemos que estamos en condición de facelo”, engadíu.

As novas secretarías son:

Secretaría de Rexeneración Democrática. Elena Pernas

Licenciada en Dereito especialista en Dereito Constitucional, máster en Dereitos Humanos e doctoranda en Dereito e Ciencias Sociais. Coordinadora local de Podemos Narón, especialista en comercio internacional e asesora da Plataforma de Afectados por Hipotecas de Ferrolterra. Traballa como avogada.

Secretaría de Sanidade e Saúde Pública. José García Buitrón

Médico ciruxán especialista en transplante de órganos. Foi coordinador de Transplantes de Galicia e xerente do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. É secretario local de Podemos A Coruña e membro do Consello Cidadá Estatal de Podemos. Obtivo un escano no Senado nas eleccións xerais do 2015. É vicepresidente executivo do Donation & Transplantation Institute (DTI) desde o 2012. Traballa como médico e ciruxán.

Secretaría de Acción de Goberno. Ángela Rodríguez

Licenciada en Filosofía con Posgrado en Pensamento Social e Especialidade Xurídica e Máster en Malos Tratos e Violencia de Xénero. É unha referencia de movemento feminista en Galicia e no Estado. Foi deputada no Congreso nas lexislaturas XI e XII e vicepresidenta da súa Comisión de Igualdade. Traballa no Gabinete da Ministra de Igualdade.

Secretaría de Ciencia e Investigación. David Bruzos

Licenciado en Química con Posgrado en Física Aplicada. Es profesor de Física e Química nun Instituto de Ensino Secundario. Participou na fundación de Orense en Común, foi elixido deputado nas eleccións xerais do 2015 como representante do espazo de progreso de Galicia, sendo o primeiro membro electo do Congreso das Deputadas por Ourense que non pertencía a un dos grandes partidos.

Secretaría de Refuxo e Migracións. Rocío Fraga

Socióloga especializada en Emprego, Igualdade de Oportunidades e Metodoloxías de Investigación Social. Desenvolveu a súa labor profesional incorporando a perspectiva de xénero en diferentes postos de traballo. Entre o 2015 e o 2019 foi concelleira de Igualdade no Concello de A Coruña por Marea Atlántica. Na actualidade traballa como asesora técnica no Grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia.

Secretaría de Benestar Animal. Rubén Pérez Sueiras

Diplomado en Traballo Social, con especializacións e posgrados en Violencia de Xénero, Acción HUmanitaria, Dirección e Planificación de ENL e Xestión de Recursos e Calidade. Traballa como consultor de Campañas e Incidencia política para a Fondation Franz Weber, e realiza tarefas de coordinador parlamentario do Espazo Parlamentar pola Defensa dos Animais, o integrupo do Parlamento de Galicia en materia de protección animal.

Secretaría de Acción Lexislativa e Xurídica. Noemí Martínez González

Licenciada en Dereito e Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración. Experta en dereito de familia, muller, e violencia de xénero, dereito procesal e dereito laboral e de estranxería. Traballa como avogada.

Secretaría de Cultura. José Manuel Sande

Licenciado en Filoloxía Hispánica, é programador cultural e escritor cinematográfico, cunha extensa traxectoria como xestor cultural, activista, docente e programador. Membro da Asociación Española de Historiadores del Cine, traballa no Centro Galego de Artes da Imaxe - Filmoteca de Galicia. Foi concelleiro de Cultura do Concello de A Coruña por Marea Atlántica e Senador por designación autonómica en representación do Parlamento de Galicia.

Secretaría de Dereitos da Infancia. María de la O. Fernández

Diplomada en Maxisterio na especialidade de Educación Infantil e Licenciada en Psicopedagoxía. Traballa como mestra e titora nun centro de Educación Infantil e Primaria. Concelleira no Concello de Vilagarcía de Arousa por Marea da Vila.

Secretaría de LGTBIQ+. Adrián García Seijas

Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración. Traballa como comercial do sector das telecomunicacións, onde exerce tamén unha intensa labor sindical como membro delegado de personal e membro do comité de empresa.

Secretaría de Mobilidade. Enrique Pérez Fernández.

Informático e activista no ecoloxismo e na mobilidade. Ten traballando como monitor en educación viaria a menores e para asociacións pola mobilidade activa e sustentable.

Secretaría de Medio Ambiente e Movementos Sociais. Álex Botello.

Cursou estudos de Enxeñería Civil, titulación da que só lle resta a presentación do proxecto de fin de carreira. Leva a cabo unha intensa actividade política nos eidos da mobilidade sostible, a defensa do medio ambiente e a recuperación dos servizos públicos. Candidato de Podemos Galicia nas eleccións municipais en Santiago, foi coportavoz de Compostela Aberta.

 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.