OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE FEIJÓO ESTÁ REXEITANDO PARTICIPAR EN TODOS OS DEBATES POR MEDIO TERRORIFICO A FALAR DA CORRPCIÖN DO PP E SUA AMIZADE CON MARCIAL DOURADO

Información
04 Septiembre 2016 | 5315 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

Só aceptou o da TVG porque non será un auténtico debate e xoga na casa, a CRTVG esta corrompida polo goberno do PPdeG.

Santiago de Compostela, 04 de setembro de 16. Os socialistas galegos denunciaron hoxe que o presidente da Xunta está negándose a participar en todos os debates propostos polos medios de comunicación durante a campaña.

Feijóo só aceptou acudir ao debate da TVG porque o formato deseñado polo medio público fai que non vaia a ser un auténtico debate e porque sabe que "na casa" pode xogar coas cartas marcadas.

"Feijóo non quere dar a cara porque non ten nada que ofrecer aos galegos e porque non quere facer balance do que fixo nestes oito anos: paro, recortes e resignación", aseguran os socialistas.

Lémbranlle a Feijóo que os debates non son un dereito senón un deber e pídenlle que cumpra coas súas obrigas democráticas e acepte participar nos debates propostos polos medios de comunicación.