O Alcalde de Laracha (PPdeG) negocia con seu irman os seguros do Concello de responsabilidade civil por 40 mil euros, sen que existise licitación pública ningunha
O Alcalde de Laracha (PPdeG) negocia con seu irman os seguros do Concello de responsabilidade civil por 40 mil euros, sen que existise licitación pública ningunha
Información
23 Noviembre 20164283 votos - Registrate para votar
No pasado ano 2015 o concello da Laracha pagou a unha mesma empresa aseguradora uns 40.000 euros en seguros, sendo o irmán do alcalde “axente exclusivo” desa compañía tal e como aparece nun dos documentos relativos á proposta de seguro de responsabilidade civil, sen que existise licitación pública ningunha.
En febreiro de 2015 o concello da Laracha publicaba un anuncio de licitación para a contratación de varios seguros (BOP 26 de febreiro de 2015). Posteriormente, o 17 de marzo de 2015, publicábase un novo anuncio no BOP (boletín oficial da provincia) cunha resolución do alcalde da Laracha na que se acordaba a suspensión desa licitación, á vista das alegacións formuladas que evidenciaban erros nos pregos de contratación.
Ao longo do ano 2015 non volveu licitarse a contratación dos seguros do concello da Laracha, e á vista da documentación exposta da Conta Xeral 2015 do concello pode apreciarse como se pagaron seguros de responsabilidade civil (aproximadamente 1.700 euros mensuais), seguros da maior parte dos vehículos municipais e outros como por exemplo un seguro para as actividades formativas/deportivas de outubro 2015 a maio 2016 por 4.330 €, todos eles a unha empresa aseguradora na que figuraba como “axente exclusivo” o irmán do alcalde da Laracha (tal e como aparece reflectido no documento titulado “condiciones particulares del seguro de responsabilidad civil general” relativo a un dos contratos de responsabilidade civil.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)