Ourense en Común agradece o respaldo de Anova para as municipais de 2019
Información
24 Septiembre 20181765 votos
Martiño Xosé Vázquez, portavoz e candidato á alcaldía por OUeC, compartirá mañá en Ourense unha reunión de traballo co portavoz nacional de Anova e deputado de En Marea, Antón Sánchez. • O local de Ourense en Común nas Burgas recibirá a representantes de diferentes candidaturas municipalistas da provincia para definir o traballo de cara a asumir o horizonte 2019.
Unha delegación da Comisión Permanente de Anova, encabezada polo deputado de En Marea Antón Sánchez, participará este martes 24 de setembro nun encontro con Ourense en Común ás 20h no Espazo Común das Burgas. Segundo declaracións do propio Portavoz Nacional da organización fundada por Xosé Manuel Beiras, “o obxectivo é mostrar o apoio de Anova aos procesos de Unidade Popular consolidados, nos que a nosa militancia participa a nivel individual”.
O encontro, no que participarán tamén outras candidaturas da provincia de Ourense, como Ribeiro en Común e Alternativa Veciñal do Carballiño, pretende definir o traballo de cara a asumir o horizonte 2019.
“É fundamental artellar un proxecto común no que todas nos sintamos representadas. Damos a benvida e agradecemos o apoio de Anova. A situación de parálise de Ourense é grave e nos interpela a todas. Ninguén pode quedar na casa, temos que ser lexión para reverter as políticas que levan secando o concello e a provincia durante décadas. Ourense ten unha oportunidade de cambiar de ciclo como xa sucedeu no resto de Galicia e para iso todas somos necesarias”, afirma Martiño Xosé Vázquez, portavoz e candidato á alcaldía por Ourense en Común.
El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia. Ese vacío legal ordena la prevalencia de la contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia. ver más...+ Documentos descagables;
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)