Información
Elecciones municipales de Galicia

CONTACTOS/PACTOS/ELECCIONS XERAIS

Información
18 Febrero 2019 604 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Depois de ver o "espectáculo" lamentable que levamos dando desde a esquerda galega, en Xuntos Actùa queremos facer un análise de autocrítica e propoñer as demais forzas da esquerda unha Fronte Galega de Esquerdas donde estamos todos os partidos, e nesa fronte nos estaríamos a incluír a partidos como o BNG o CxG
 

Estariamos dispostos a iso porque non está nas mans de Xuntos Actúa acadar en Galiza un acordo das forzas rupturistas da esquerda para conquerir unha candidatura unitaria para as vindeiras eleccións xeráis, e ogallá nos tivesemos esa fórmula máxica, ogallá tod@s fósemos capaces de mirar máis aló das nosas leiriñas e unificar esforzos para enfrontarnos de xeito garantista contra o verdadeiro enemigo que non é outro que o fascismo de esas tres dereitas que buscan eleminar os dereitos sociais é a nosa identidade como pobo. 

 
Precisamente nos incluíriamos en ese pacto total a o BNG e a CxG po la defensa de nosa identidade, esa que a ultradereita máis reaccionaria quere eliminar. As vindeiras eleccións xeráis do 28 de abril son, cecáis, as máis excepcionáis dende a transición, excepcionalidade polo que hai en xogo: a concepción do propio Estado. 
 
Nos defendemos un estado confederal, ou federal de funcionamento confederal estilo Suiza, nos creemos que ese modelo acabaría co problema catalán, e por iso apostamos por unha ampla coalición de forzas galegas primordialmente progresistas, e por iso vamos intentar facer de pagamento pra unir a tódalas forzas nomeadas 
 
Ademais de iso estableceranse, o a lo menos o intentaremos, mesas de diálogo con todos os partidos, con Podemos, Anova, EU, Ccg, BNG, e En Marea....con todo o que quere falar, pero tampouco vamos esperar eternamente por ninguén 
 
O modelo de estado que nos estamos a xogar no è un concepto baladí, o estado social e de dereito atópase amenazado por unha idea que cada día está a cobrar máis forza en todo o mundo, un neofascismo que intenta cercena-las liberdades e a pluralidade de pensamento libre
 
Non é o momento de seguir aireando as desaveniencias dentro da esquerda, unha casa común que actualmente ten dividida á familia en compartimentos- estanco, e que soamente beneficia ó verdadeiro enemigo. Si o día 28 de abril os partidos da dereita reaccionaria son os vencedores por os erros de ego da esquerda, non habera xeito de explicar a derrota, e teremos que pedir moitas explicacions a esas forzas, tamto a ciudadania como as forzas politicas que estamos dispostos a perder de nos pra lograr unidade e frear a esa dereita reaccionaria 
 
Si non se chega a acordos haberà cómplices indirectos da situación que se pode aveciñar, precisamente pola nosa incapacidade dunha alternativa unitaria e fraterna. A división sempre castiga máis á esquerda que á dereita porque a súa ideoloxía parte dun primitivismo emocional e non dunha construcción crítica, dialéctica, racional e de progreso social. 
 
Lonxe de estudos demoscópicos, o que é innegable é o clima emocional existente, a día de hoxe, entre as dúas concepcións, xa non soamente políticas senón existenciais, da dereita e a esquerda. As eleccións andaluzas, o problema catalán, a derrota nos orzamentos e o clima internacional que sateliza sobre Venezuela dannos unha diagnose clara....a euforia e movilización da dereita e por outra banda, depresión e desmovilización do electorado da esquerda. 
 
O 28 de abril merece unha fronte amplia de esquerdas, en galiza unha fronte amplia galegista, esquecendo siglas e conflictos persoais, non é o momento da letra pequena senón da gran letra que nos une que non é outra que a unidade contra o fascismo. 
 
Tempo haberà de falar sobre a pluralidade de visións esquerdistas è, ou, galeguistas, pero agora centrémonos no fundamental: a derrota da dereita reaccionarias, do fascismo españolista, de ese posible mando entre Vox, PP e Cs collidos da man, de esa pesadela que comenzaria esa noite do 28 de abril cos reaccionarios celebrando a chegada da barbarie....en Xuntos Actùa queremos que o 28 de abril, tod@s nós poidamos celebrar aquel símbolo en forma de frase que moitas cidades republicanas tiñan nas súas prazas: NON PASARÁN. 
 
Ese será o emblema de Xuntos Actúa: CON UNIDADE, NON PASARÁN. 
 
SI existe altura de miras, cecáis a victoria do 28  de abril sexa un paso definitrivo para as candidaturas unitarias, nos teremos esa altura de miras, veremos os demais
 
Carlos del Río, 
Secretario Xeral de Xuntos
 
Carlos Armada,
Voceiro de Xuntos

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+