Información
Elecciones de Galicia

OS SOCIALISTAS PRESENTAN A PEDRO SÁNCHEZ COMO A “ÚNICA POSIBILIDADE DE FREAR A REGRESIÓN SOCIAL” QUE BUSCAN AS DEREITAS

Información
18 Febrero 2019 796 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Xoaquín Fernández Leiceaga insta unha mobilización progresista masiva e “sen atallos” ante o risco de “espertar o 29 de abril e ver que o dinosauro de 3 cabezas seguía alí”

Responde ás críticas de Feijóo contra a data das eleccións lembrando a súa convocatoria autonómica en 2016, semanas despois das eleccións xerais

 

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 19. O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, dixo hoxe que o PSOE e a candidatura de Pedro Sánchez constitúen a “única posibilidade de frear a regresión social” que están a buscar as dereitas. O responsable socialista chamou a unha mobilización progresista masiva a favor da integración social e do diálogo político, diante do risco de “esperar o 29 de abrir e ver que o dinosauro de 3 cabezas seguía alí”.

Fernández Leiceaga defendeu a axenda social do goberno presidido por Pedro Sánchez e instou á activación do electorado para frear a axenda da dereita disposta a reverter o desenvolvemento dos dereitos e progreso sociais. Lembrou a suba das pensións, do Salario Mínimo, dos subsidios de desemprego, a reforma fiscal, o impulso á política de vivenda, a Dependencia, as políticas contra a Violencia de Xénero ou a redución do copago farmacéutico.

Enfronte situou ao presidente da Xunta, que adiantou o regreso da viaxe a Miami para, “volando vengo”, plantarse na manifestación do “tridente de Vox, Ciudadanos e PP” na praza de Colón reclamando “eleccións xa” e días despois “pedir que non sexa tan rápido e que se retrasen un pouco máis”. Lembrou que o presidente da Xunta que criticou a separación das eleccións xerais e autonómicas foi o mesmo que convocou as eleccións galegas de 2016 semanas despois das xerais.

Criticou que Feijóo abrace as “mistificacións” de Pablo Casado e o resto da dereita, que presentan un debate electoral “coa independencia de Cataluña de fondo”. Criticou así que “confundan diálogo con cesións” poñendo o foco en “meras anécdotas sen peso”, centrándose na aplicación do 155 cando Mariano Rajoy non o aplicou cando aprobaron as leis de desconexión nin cando convocaron o Referéndum ilegal, senón que agardou á DUI porque antes era inviable constitucionalmente.

Mentres tanto, Ciudadanos insiste en romper as pontes de diálogo con Pedro Sánchez sobre bases “puramente constitucionalistas” mentres subscriben un acordo en Andalucía que inclúe a Vox e aos seus postulados de estrema dereita.

Sen atallos

Fernández Leiceaga avogou por unha proposta socialista “sen atallos”, e reclamoulle ao líder de En Marea que “non nos utilice de palanca nos seus conflitos internos”. Logo da proposta de compartir candidatura ao Senado, recomendoulle que “poña orde antes de ampliar o seu desorde ás demais forzas políticas”, e subliñou que “quen queira ennoviar co BNG que non nos utilice a nós de carabina”, máxime despois de ser o único que rexeitara os orzamentos xerais.

Tamén lle replicou hoxe ao anuncio do BNG de enviarlle unha carta ao goberno para acelerar o proceso xudicial para recuperar o Pazo de Meirás lembrando que “foron os seus socios os que rexeitaron os orzamentos e precipitaron o final da lexislatura”. Preguntou se esta proposta supón “un propósito de emenda ou simplemente oportunismo”, e puntualizou que a forma de garantir que se rematen as tarefas pendentes é precisamente “refrendar ao goberno de Pedro Sánchez”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+