Información
Elecciones de Galicia

GONZALO CABALLERO PREGÚNTASE “QUE CELEBRA FEIJÓO” TRAS 10 ANOS DE “FRACASO” DAS SÚAS POLÍTICAS PARA GALICIA

Información
28 Febrero 2019 763 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O secretario xeral sinala que Feijóo fixo naquela campaña “unha foto falsa”, a “dun contrato incumprido do que non nos ensinou a letra pequena”

O líder socialista reproba a “traizón” que confirmou o presidente ao admitir que “levaba moito tempo calado” e sen exercer a necesaria defensa de Galicia ante Rajoy

Santiago, 28 de febreiro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, preguntouse hoxe “que vai celebrar Feijóo mañá”, cando se cumpren 10 anos das primeiras eleccións que gañou, á vista de que a súa xestión deveu nun “fracaso que sufrimos os galegos e as galegas”. Aludiu así ao acto convocado polos populares en conmemoración daquela data, cuxo resultado é “unha Galicia en peores condicións”.

Ademais, Gonzalo Caballero recordou aquela “foto falsa” que fixo Feijóo na campaña electoral do 2009 asinando un contrato con Galicia “do que non nos ensinou a letra pequena”, á vista das consecuencias que tiveron as súas políticas, e no que os compromisos que se fixeron públicos están hoxe “incumpridos”.

Feijóo non cumpriu co seu deber de levar a Galicia cara o progreso, o avance social, a máis posibilidades de futuro…”, subliñou o máximo dirixente do PSdeG, convencido de que os “beneficios” da etapa de Feijóo son “para moi poucos” mentres os “prexuízos” chegan “á maioría” dos galegos e das galegas.

É por iso que, tras amosar con datos o “fracaso” das políticas de Feijóo en demografía, emprego, servizos públicos ou políticas de igualdade, entre outros eidos, Gonzalo Caballero xulgou que Galicia “merece un cambio de ciclo político” que permita reverter a situación.

En paralelo ao “balance negativo” que fixo desta etapa, o máximo dirixente do PSdeG sumou a “traizón a Galicia” admitida polo propio presidente esta semana, cando recoñeceu que “o noroeste levaba moito tempo calado” e, por tanto, sen exercer a necesaria defensa da nosa comunidade ante o goberno de Mariano Rajoy e que agora pretende abandeirar por intereses partidistas.

O SUSPENSO DE FEIJÓO”

 

Na súa comparecencia ante os medios, Gonzalo Caballero ofreceu datos sobre a perda de poboación de Galicia, que baixou xa dos 2,7 millóns de habitantes; o envellecemento da poboación e a escaseza de nacementos.

Canto os servizos públicos, fixo fincapé na redución de fondos en educación e sanidade e nos recortes nos que deriva, como se ve na “crise” que atravesa o sistema sanitario e que Feijóo “está tratando de parchear” sen éxito.

No que atinxe ao paro, Gonzalo Caballero recordou os datos oficiais que evidencian que hai máis persoas en situación de desemprego e menos ocupados; e non se esqueceu da “debilidade” que atravesan os nosos sectores produtivos a causa da falta de apoio da Xunta pese ao suposto compromiso de Feijóo co rural e da redución de fondos para I+D.

Tampouco a “revitalización” da nosa lingua ou da nosa cultura ocupan as prioridades de Feijóo, que “suspende” así mesmo no relativo á vivenda pública, que pasou de 3.000 inmobles iniciados en 2007 a cinco en 2017. Todo iso, pese a ter “triplicado” a débeda pública, engadiu.

E, en vésperas do 8 de marzo, Gonzalo Caballero tamén reparou nos “escasos compromisos” de Feijóo en materia de igualdade: deixou na cuarta parte as axudas para igualdade e promoción da muller e os fondos consignados para o apoio á conciliación da vida persoal e laboral.

O suspenso de Feijóo contrasta coa imaxe que nos quere dar da súa xestión”, concluíu o líder dos socialistas galegos, quen lamentou que o PP celebrará mañá “o que é bo” para eles “pero non para os galegos e as galegas”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+