Información
Elecciones de Galicia

Anova-Ourense apoiará a confluencia en En Marea nos inminentes procesos electorais

Información
08 Marzo 2019 736 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A asemblea de Anova-Ourense reuniuse o xoves 7 de marzo de 2019 e fixo unha análise moi crítica sobre a situación na que a dirección de Anova ten sometido á fórmula da confluencia durante estes últimos anos con continuos ataques ás decisións tomadas soberanamente polas inscritas de En Marea. Decisións nas que participaron tanto a dirección de Anova como a propia militancia do noso partido e que foron constantemente postas en cuestión pola dirección de Anova sen consultar, sequera, coas bases da nosa formación.

 

O partido instrumental En Marea creouse como fórmula de adscrición individual e para así dar voz á cidadanía non organizada en partidos políticos e dándolle todo o poder ás bases pero tamén como fórmula xurídica de cara a obter un grupo parlamentar soberano e propio. A asemblea de Anova-Ourense non entende que se poidan dar pasos atrás nese plantexamento e a volta a fórmulas de coalición onde a participación nas decisións é nula e nin sequera se pode participar na escolla das persoas que vaian ser representantes de todas nós nas institucións.

Anova-Ourense acorda apoiar explicitamente o partido instrumental creado na asemblea de Vigo de 2016. Queremos apostar por non destruír as ferramentas que tanto traballo nos costou crear e que teñen demostrado ser útiles e que o serían moito máis se as cúpulas das organizacións políticas non estivesen constantemente boicoteando o traballo que se tratou de sacar adiante.

Por último, a asemblea de Anova-Ourense quere amosar o seu pesar polo pasamento do camarada Jon Sáez e quere transmitir, en nome de todas as compañeiras que conforman a organización, as condolenzas á súa familia, amigas e camaradas.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+