Sandra González preséntase oficialmente como candidata á alcaldía de Tomiño polo BNG
Sandra González preséntase oficialmente como candidata á alcaldía de Tomiño polo BNG
Información
21 Marzo 20193205 votos - Registrate para votar
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, acompañarán á candidata no actoAna Pontón, portavoz nacional do BNG, e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, acompañarán á candidata no acto
Tomiño, 21 de marzo de 2019.- Este sábado 23 de marzo Sandra González presentará en acto público no Auditorio de Goián (20.30 h) a súa concorrencia como candidata á alcaldía de Tomiño para as vindeiras eleccións locais de maio. Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Miguel Anxo Fernández Lores, actual alcalde de Pontevedra e candidato á alcaldía da cidade, arrouparán á candidata neste acto público. Este acto supón o arranque da precampaña, e seguiranlle reunións coas veciñas e veciños, asociacións, comunidades e axentes sociais co fin de presentar o proxecto e recoller as inquedanzas e preocupacións da poboación. O proxecto de futuro para Tomiño que lidera Sandra González vén de acadar nos últimos 10 anos grandes cambios e melloras dos que moitas veciñas e veciños de Tomiño se fan eco. Tamén fóra de Tomiño é ben coñecido o desenvolvemento acadado gracias á xestión do goberno que Sandra González liderou nos últimos anos. Este proxecto de futuro para Tomiño precisa de ser consolidado e na actualidade conta con moitas iniciativas xa en curso, como a Avenida de Tomiño, a peonalización das rúas da contorna do Seixo, a remodelación da praza de Goián e o plan integral de melloras no núcleo de Goián, entre outros moitos. A ilusión que infunde o que está por vir é a arma coa que Sandra González se enfronta ás eleccións deste ano, nas que espera renovar a confianza de veciños e veciñas de Tomiño para, todos e todas xuntos, seguir traballando por un Tomiño do que sentirse orgullosos e orgullosas.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)