Información
Elecciones de Galicia

En Común Unidas Podemos presenta a súa candidatura en Ourense para “reverter as políticas da dereita"

Información
06 Abril 2019 1078 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A candidatura de En Común Unidas Podemos por Ourense arrincou este venres no centro da cidade con forza "para situar a cidadanía ourensá no Congreso e no Senado o vindeiro 28 de abril”.
 
“Somos candidatas con iniciativa forte para reverter as políticas da dereita e poñer no centro da nosa acción medidas importantes para Ourense e para Galicia, para que a súa xente moza teña traballo, non emigre e non escape de aquí. A nosa xeración foi traizoada, todo o que nos dixeron foi mentira e agora tócanos a nós conquistar o que se nos roubou”, inciciu a candidata número un por Ourense, Ledicia Piñeiro.
 
Piñeiro situouse como “a candidata para a provincia de Ourense, para a veciñanza, para a xente do común”.
 
“Somos unha candidatura que traballa arreo por este país e fumos cruciais para as negociacións do SMI, pensións ou a defensa do monte”, entre outras.
 
O candidato ao Senado, Víctor Ferreiro, fixo unha fotografía da provincia de Ourense: "se falamos de pensións, a media de Ourense é de 630 euros, a máis baixa do Estado. Agora mesmo en Ourense temos máis persoas percibindo pensións que traballando, mocidade ten que marchar, nós non queremos isto, queremos futuro para a nosa xente, un futuro En Común”. 
 
A candidata número dous por Ourense, Isabel Peña-Rey, insistiu en que desde En Común “traballamos para esa maioría social e por conseguir un Goberno que non claudique ante a banca, ante eses gobernos que din que non cren no cambio climático para non tomar medidas en contra do consumo, para as mulleres e para os pensionistas” e insistiu en que traballará para destacar sempre a "perspectiva de xénero e garantir unha lei de morte digna, porque hai un home investigado por esixir a morte digna nun acto de amor á súa parella”.

A deputada e candidata Yolanda Díaz lembrou ás xeracións que loitaron pola democracia no noso país, e que ven con “estupor” como intenta alcanzar o poder unha dereita que ven do franquismo: “Non lles deixaremos, iremos a Madrid a gobernar para preservar e conseguir unha mellora nas políticas sociais para a nosa cidadanía. Queremos seguir sendo libres e traballar con dereitos”.
 
Pola súa banda, Antón Gómez- Reino lembrou que esta candidatura representa o novo e defende "a cor verde das loitas polo clima, a cor morada do feminismo e o vermello das loitas polos dereitos sociais”.
 
"Aspiramos a que haxa moitas persoas no Congreso e no Senado para termos un Goberno claramente progresista e que a provincia de Ourense esté representada. Imos coa vocación de facer dende Galicia política do Estado”, insistiu o deputado.
 
A deputada e candidata por Pontevedra, Ángela Rodríguez (Pam), situou a loita polo feminismo e a igualdade no centro do seeu traballo, “para acabar coas violencias” e insistiu na necesidade de ter “unhas infraestruturas dignas, como un tren de cercanías digno”. “Nestas eleccións xogámonos moito: queremos que os señores do PP que van en iates non volvan, non queremos que volte a corrupción e a austeridade, queremos futuro para a nosa cidadanía”.
 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+