Información
Ourense

A veciñanza do Couto reixeita a eliminación das árbores e do paseo de terra para construir unha pista de skate

Información
26 Abril 2019 1338 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

vecinosparquedocoputoMembros da Plataforma Ourense Mellor como Etelvino Blanco ou Xosé Manuel Pérez Bouza asistiron onte á concentración que tivo lugar na contorna do Parque do Couto para escoitar as demandas das veciñas e veciños sobre o proxecto que o goberno municipal ten para ese espazo público.

Membros da Plataforma Ourense Mellor como Etelvino Blanco ou Xosé Manuel Pérez Bouza asistiron onte á concentración que tivo lugar na contorna do Parque do Couto para escoitar as demandas das veciñas e veciños sobre o proxecto que o goberno municipal ten para ese espazo público.A veciñanza do Couto reixeita a eliminación das árbores e do paseo de terra para construir unha pista de skate . Consideran que hai outros emprazamentos máis axeitados para eses usos, coma por exemplo no propio barrio do Couto, ao lado do campo de fútbol.

Outra posibilidade sería Oira ou a contorna do Pazo Paco Paz.Consideran incompatible a práctica do skate co desfrute do parque por parte de persoas maiores e crianzas, polo que centran a súa reivindicación en acometer melloras no propio parque, non o proxecto que Jesús Vázquez quere executar nese espazo de lecer da nosa cidade.Neste sentido Ourense Mellor apoia ás reivindicacións da Plataforma en defensa do Parque do Couto e seguirá apoiando ás veciñas e veciños ata que o Goberno do Partido Popular retire o proxecto.

Membros da Plataforma Ourense Mellor asistirán ao vindeiro Pleno Municipal do día 3 de maio onde se debatirá unha moción neste sentido para apoiar ás veciñas e veciños nas súas demandas.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+