Información
Ourense

5.000 conos para residuos pequenos en zonas de lecer

Información
17 Agosto 2019 398 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde de Ourense en funcións e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, e o concelleiro de Deportes, Mario Guede, presentaron este mediodía nas piscinas de Oira a campaña de reciclaxe ambiental 'Unha cidade máis sostible, máis limpa', desenvolvida polo Concello de Ourense en colaboración coa empresa concesionaria da limpeza viaria, Ecourense.

 

A campaña consistirá no reparto de 5.000 conos, que tamén se poden empregar a modo de cinceiro, para depositar cabichas e outros residuos pequenos como pipas, chicles, caramelos, envoltorios pequenos. "Desde o Concello realízase un grande esforzo na limpeza das zonas verdes, de lecer e demais espazos públicos da cidade, mais hai residuos especialmente dificiles ou aínda imposibles de eliminar, como estes, nos que a clave é evitar que se depositen nas nosas rúas” explica Jorge Pumar, responsable de Medio Ambiente. “Por iso precisamos a axuda e a concienciación cidadá para manter o medio ambiente e a cidade cada vez máis limpa e sostible”. Esta iniciativa é un complemento da campaña de limpeza intensiva que o Concello e a empresa concesionaria están a desenvolver nos barrios da cidade.

Trátase de recipientes de PVC verde, nos que se pode ler o lema da campaña, con forma cónica para cravar facilmente no chan, e nos que se introducen residuos pequenos para posteriormente depositalos nunha papeleira, xa que son elementos reutilizables. Dispoñen dunha tapadeira para facer máis hixiénico o seu transporte e son dun tamaño ideal para transportalos en calquera bolsa, neceser ou mochila.

Por toda a cidade.

A acción de hoxe en Oira non será a única desta campaña: Repartiranse 5.000 conos en total para recoller os residuos sólidos nas zonas de baño (Oira, Parque Miño e praia da Antena), no Paseo Termal (desde A Chavasqueira, pasando polas pozas de Muíño e Outariz) e en zonas verdes da cidade coma o Parque de San Lázaro, Xardín do Posío ou Alam

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....