Baltar aproba subvencións e cartos públicos da Deputaciónd e Ourense para todos en plena campaña electoral...

Información
Ourense | 20 Octubre 2019 | 1265 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe diversas axudas para cooperar con proxectos culturais, deportivos, de infraestruturas e reto demográfico. En concreto, na reunión aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria da concesión de bonificacións a entidades deportivas, culturais e recreativas polo uso das instalacións do Pazo dos Deportes "Paco Paz" durante a tempada 2019-2020.

 

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase a partir da publicación da convocatoria no BOP e rematará o 30 de novembro de 2019. Para actividades puntuais e extraordinarias, as solicitudes deberán presentarse como mínimo cunha semana de antelación á celebración do evento, ao longo da tempada, e con data límite en todo caso do 1 de agosto de 2020.

Resolucións

A Xunta de Goberno aprobou, en materia cultural, a resolución da convocatoria de axudas a entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao exercicio 2019. A través deste concurso, a institución provincial concede axudas, por importe total de 120.000 euros, para colaborar con diversos proxectos.

Neste mesmo sentido, na xuntanza aprobouse tamén a resolución do concurso público de axudas, a persoas físicas que leven a cabo proxectos empresariais e/ou de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico da provincia de ourense durante o exercicio 2019, no marco do proxecto EmprendOU, posto en marcha pola Deputación de Ourense para afrontar o reto demográfico. Deste modo, aprobáronse dúas axudas de 8.100 euros cada unha delas (675 euros ao mes durante o tempo máximo de 12 meses) para un proxecto de hostalería e outro sanitario.

Na reunión tamén se ratificaron convenios de colaboración con diversos concellos da provincia, para a execución de obras municipais.

Axudas

Por último, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou tres axudas, unha delas por importe de 20.000 euros para o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de Ourense, para os gastos de funcionamento da entidade correspondentes ao ano 2019. Outra axuda de 10.504 euros para o Conservatorio de Música de Ourense para diversas actividades e para a adquisición de material, e a terceira axuda aprobada foi para a Escudaría Luíntra, por importe de 32.000 euros, para o rally de 2017, 2018 e 2019.