Información
Ourense

Baltar "golpea" directamente ao Kennedy dos Peares ao decir que lidera, no ámbito institucional de Galicia, o compromiso coa defensa da Memoria Histórica

Información
26 Octubre 2019 619 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O pleno da Deputación de Ourense aprobou hoxe, na sesión ordinaria correspondente ao mes de outubro, conceder a medalla de ouro da provincia ao lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz, nado en 1935 en Vilaseca, Trasmiras, pola súa defensa do galego e da cultura galega. Isaac Alonso Estraviz publicou numerosos traballos filolóxicos e culturais, sendo unha das súas obras fundamentais "Estudos Filológicos Galegoportugueses", publicado en 1987. Ademais traduciu ao galego importantes textos litúrxicos desde o latín e obras de diversos autores, e escribiu importantes ensaios sobre o futuro das linguas minoritarias na Europa comunitaria. Como lexicógrafo é autor de obras sobre o léxico galego, merecendo especial consideración o Dicionario da Lingua Galega, magna obra da lexicografía galega. A corporación provincial nomeou como instrutor do Expediente de Honores ao deputado provincial e vicepresidente segundo da institución, Armando Ojea Bouzo. Cita Mariano Rajoy en latin; ¡ vinum vivam ! o lo que es lo mismo ¡ viava el vino !

 

Por outra banda, o pleno da corporación provincial tamén aprobou hoxe un acordo para que a Deputación de Ourense siga a liderar, no ámbito institucional de Galicia, o compromiso coa defensa da Memoria Histórica e da dignidade das vítimas da represión franquista e das súas familias, un compromiso que a institución provincial leva a cabo por convicción propia e que se ten manifestado a través de iniciativas como o buscador de represaliados, actividades como a exposición sobre a Literatura no Exilio en 2005 ou, máis recentemente, a exposición do cadro de Castelao "A derradeira leición do mestre" ou o acordo plenario promovendo a institucionalización do Día da Galicia Mártir".

Dentro desta resolución, o pleno insta ao goberno provincial, respectando o principio de autonomía municipal, a recomendar aos concellos da provincia que promovan a posta en valor daquelas zonas e edificacións dos seus municipios nas que houbo presos e/ou mortes a causa da represión franquista como lugares da memoria histórica mediante a colocación de placas conmemorativas que informen e lembren o alí acontecido, instalando, asemade, placas con nomes das persoas executadas, co obxecto de homenaxealas e deixar testemuño da súa defensa e loita pola liberdade e a democracia durante a II República de España.

Así mesmo, acordouse crear un grupo de traballo, dentro da Comisión de Cultura, Deportes e Mocidade da Deputación de Ourense, que permita levar a cabo un seguimento exhaustivo do cumprimento na provincia de Ourense da Lei 57/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e establécense medidas a favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a ditadura. Asemade, este grupo de traballo elaborará informes e fará propostas encamiñadas a dignificar a memoria esquecida e vituperada das vítimas, contribuíndo a xerar concordia e a previr a reaparición de autoritarismos que destrúan a democracia e a convivencia de persoas con lexítima diversidade de xeitos de pensar.

A totalidade dos acordos do pleno foron os seguintes:

ORZAMENTO DO CONSORCIO PROVINCIAL DE OURENSE PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E DE SALVAMENTO PARA O EXERCICIO 2020

Acordo:

1º.- Aprobar inicialmente o orzamento do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo Contra Incendios e de Salvamento para o exercicio 2020, conforme co proxecto aprobado polo pleno do Consorcio o 8 de outubro de 2019, por importe de 4.261.000 €. O dito orzamento intégrase no orzamento xeral da Deputación Provincial para todos os efectos.

2º.- Someter a exposición pública o orzamento inicialmente aprobado polo prazo de 15 días hábiles, mediante anuncio no BOP. Durante o dito prazo os interesados poderán presentar reclamacións ante o Pleno nos termos previstos no artigo 170 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. O orzamento do Consorcio considerarase definitivamente aprobado se durante o dito prazo non se presentan reclamacións; en caso contrario o Pleno da Deputación disporá dun prazo dun mes para resolvelas. Unha vez definitivamente aprobado o orzamento do Consorcio inserirase, resumido por capítulos, no BOP, entrando en vigor no exercicio 2020.

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS DO SERVIZO INTERMUNICIPAL DE RECOLLIDA, TRATAMENTO E ELIMINACIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E DOS PUNTOS LIMPOS DA PROVINCIA DE OURENSE

Acordo:

1º) Aprobar provisionalmente a modificación parcial da Ordenanza fiscal reguladora das taxas do servizo intermunicipal delegado de recollida, tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos e dos puntos limpos da provincia de Ourense, publicada no BOP de 4 de setembro de 2014.

2º) O presente acordo someterase a información pública por prazo de trinta días hábiles, mediante anuncios que se publicarán no taboleiro de edictos, na sede electrónica, no Boletín Oficial da Provincia e nun dos diarios de maior circulación da provincia. O prazo de información pública computarase a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.

Durante o prazo de información pública, os interesados poderán examinar o expediente e formular as reclamacións que estimen oportunas, que deberán ser obxecto de resolución expresa polo Pleno da Corporación.

En caso de non formularse alegacións en prazo, entenderase elevado a definitivo o acordo de aprobación provisional, sen necesidade de novo acordo plenario.

3º) Aprobada definitivamente a modificación, procederase á publicación no BOP do texto íntegro da ordenanza resultante, facultándose á presidencia para a refundición do dito texto.

ACONDICIONAMENTO DAS MARXES DO RÍO BADELLA EN BANDE

Acordo:

1º. Aprobar a segunda addenda modificativa e prórroga do convenio asinado entre a CH do Miño-Sil OA, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Bande, para o financiamento, execución e entrega para o seu mantemento e conservación, das obras do proxecto de prolongación do acondicionamento das marxes do río Badella ao seu paso polo núcleo de Bande (Ourense).

ACONDICIONAMENTO, PROTECCIÓN E MELLORA DA CONECTIVIDADE DAS MARXES DO RÍO XARES AO SEU PASO POLOS NÚCLEOS DE XARES, PONTE E BAÑOS, NA VEIGA

Acordo:

1º. Aprobar a modificación do convenio asinado entre a CH do Miño-Sil OA, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello da Veiga para o financiamento, execución e entrega para o seu mantemento e conservación, das obras do proxecto de acondicionamento, protección e mellora da conectividade das marxes do río Xares ao seu paso polos núcleos de Xares, Ponte e Baños, na Veiga (Ourense).

OBRAS DO PROXECTO DE PASEO FLUVIAL ENTRE TARREIRIGO EN ESGOS

Acordo:

1º. Aprobar a addenda modificativa do convenio asinado entre a CH do Miño-Sil OA, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Esgos, para o financiamento, execución e entrega para o seu mantemento e conservación, das obras do proxecto de paseo fluvial entre Tarreirigo e o núcleo de Esgos (Ourense).

CAMBIO DE DATA DA SESIÓN ORDINARIA DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS E DO PLENO ORDINARIO DO MES DE DECEMBRO DE 2019

Acordo:

Fixar a data de celebración do Pleno ordinario do mes de decembro, para o día 20 de decembro de 2019, venres, ás 10.00. As comisións informativas ordinarias terán lugar os días 11 e 12 de decembro de 2019, pola mesma orde que no resto dos meses.

FARMACIAS DE OURENSE

Acordo:

1º.- Instarlle á Consellería de Sanidade a revisar o mapa farmacéutico de Ourense, tendo en conta as proxeccións de poboación do Instituto Galego de Estatística e as crecentes necesidades da veciñanza e a tomar medidas para garantir o abastecemento de medicación reformando a Lei de ordenación farmacéutica de Galiza para blindar unha rede suficiente de farmacias para atender o territorio.

2º.- Instar ao Ministerio de Sanidade a avaliar antes do final de 2019 o funcionamento en Galicia das medidas recollidas no Plan de Garantías de Abastecemento de Medicamentos 2019-2020 e elevar, se é preciso, as contías das sancións.

MEDALLA DE OURO AO LEXICÓGRAFO OURENSÁN ISAAC ALONSO ESTRAVIZ

Acordo:

- Que a Deputación de Ourense lle conceda a medalla de ouro da provincia ao lexicógrafo ourensán Isaac Alonso Estraviz.

- Nomear instrutor do Expediente de Honores a D. Armando Ojea Bouzo.

MEMORIA HISTÓRICA DE OURENSE

Acordo:

1º- Instar ao goberno da Deputación a seguir liderando, no ámbito institucional en Galicia, o compromiso coa defensa da Memoria Histórica e coa dignidade das vítimas da represión franquista e das súas familias. Un compromiso que a institución executa por convicción propia e que se ten manifestado a través de iniciativas como o buscador de represaliados, actividades como a exposición sobre a Literatura no Exilio en 2005 ou, máis recentemente, a exposición do cadro de Castelao "A derradeira leición do mestre" ou o acordo plenario promovendo a institucionalización do Día da Galicia Mártir".

2º- Instar ao goberno provincial a, respectando o principio de autonomía municipal, recomendar aos concellos da provincia que promovan a posta en valor daquelas zonas e edificacións dos seus municipios nas que houbo presos e/ou mortes a causa da represión franquista como lugares da memoria histórica mediante a colocación de placas conmemorativas que informen e lembren respecto do alí acontecido, instalando, asemade, placas cos nomes das persoas executadas, co obxecto de homenaxealas e deixar testemuño da súa defensa e loita pola liberdade e a democracia durante a II República de España.

3º- Crear, dentro do ámbito específico da Comisión de Cultura, Deportes e Mocidade da Deputación de Ourense, un grupo de traballo que permita levar a cabo un seguimento exhaustivo do cumprimento na provincia de Ourense da Lei 57/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e establécense medidas a favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura. Asemade, este grupo de traballo elaborará informes e fará propostas encamiñadas a dignificar a memoria esquecida e vituperada das vítimas, contribuíndo a xerar concordia e a previr a reaparición de autoritarismos que destrúan a democracia e a convivencia de persoas con lexítima diversidade de xeitos de pensar.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+