Imprimir

Ourense aproba definitivamente os orzamentos para 2020, “fundamentais para a reactivación económica” da cidade

Información
Ourense | 02 Mayo 2020 | 3472 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

O Concello de Ourense conta con novos orzamentos para 2020. O Pleno do Concello de Ourense deu aprobación definitiva ao documento, que ascende a 103.126.170,09 euros, que fora aprobado inicialmente no pleno do 27 de xaneiro. O acordo foi aprobado cos votos favorables do goberno municipal, formado polos grupos de Democracia Ourensana e Partido Popular, máis Ciudadanos (7) e en contra de PSdeG-PSOE e BNG (4), nun pleno limitado por medidas de seguridade e saúde necesarias pola pandemia de COVID9.

 

Os orzamentos son “fundamentais para a reactivación económica na situación en que estamos”, subliñou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen cualificou o pleno de “histórico”, dado que os últimos orzamentos aprobados polo Concello de Ourense datan de 2014.

Aprobar os novos orzamentos, dixo, “é vital para esta cidade, e nesta situación, máis ca nunca”, e subliñou o incremento das partidas dedicadas ás políticas sociais “hoxe ese investimento está máis xustificada que nunca”, dixo, xa que “a necesidade clama ao ceo”.

A concelleira de Facenda, Ana Morenza, destacou que “son os orzamentos máis sociais da historia, os orzamentos da recuperación económica e social, e os que van permitir a recuperación do benestar”.

O alcalde agradeceulles aos grupos municipais que aceptasen celebrar o pleno neste formato limitado polas necesidades de seguridade e saúde, e avanzou que o próximo pleno levarase a cabo noutro espazo da cidade coa asistencia da totalidade de integrantes da Corporación Municipal

Tamén convocou os portavoces de todos os grupos a manter unha xuntanza o vindeiro luns, 4 de maio, ás 9:00h na Alcaldía, para tratar acerca das actuacións que pode promover o Concello para contribuír á recuperación económica e social, como a concesión de axudas aos colectivos que o necesitan, como os autónomos ou a mobilización de investimentos en obras na cidade.

DOCUMENTACIÓN

Toda a información pódese consultar aquí: Orzamentos 2020

Categoría: Ourense
Visto: 3472