Imprimir

O BNG demanda explicacións ao presidente provincial ante a condena á Deputación de Ourense por adxudicacións “a dedo” e ante os numeros indicios de ilegalidade

Información
Ourense | 15 Enero 2021 | 8556 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

O voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, ven de demandar explicacións e requerir toda a información existente ao actual equipo de goberno provincial e nomeadamente ao presidente, Manuel Baltar, ante a condena á Deputación provincial de Ourense de abonar 193.093€ a un particular por subminstro de bancos e marquesinas á Entidade Povincial, así como a remisión das acutacións ao Ministerio Fiscal a fin de investigar a eventual comsión dun delicto de prevaricación.

 

 Non é a primeira vez que o procedemento de contratación da Deputación Provincial de Ourense, presidida na altura polo Sr. Baltar Pumar, é obxecto dunha investigación xudicial de carácter penal por prevaricación administrativa.  No 2014 Baltar xa foi condenado  pola Audiencia Provincial a 9 anos de inhabilitación especial como autor criminalmente responsabel dun delito de prevaricación continuada pola contratación ilicita polo ente provincial de mais dun centenar de traballadores e traballadoras.

 “De conformidade co apreciado polo Xulgado Contencioso-Administrativo de Ourense semella que, a prevaricación continuada apreciada no seu día en materia de contratación de persoal, tamén atinxía a outros eidos da contratación da Deputación Provincial, como son os subministros de mobiliario.” indica Varela

 Ante esta situación reiterada, declara o voceiro nacionalista, queda patente que a Deputación provincial ao longo do tempo ten sorteado os procedementos legais de adxudicación, o que reflexa unha forma de actuar bordeando a lei que se ten perpetuado nesta institución que non fai máis que sementar dúbidas sobre outras adxudicacións discutibles e o que ten motivado que teñamos pedido un cambio nesta forma de proceder á hora de conceder contratos e subvencións cos cartos de toda a veciñanza ourensá.

 O voceiro provincial do BNG ademáis de demandar unha valoración do actual equipo de goberno e os expedientes administrativos referidos a este caso, ante os numeros indicios de ilegalidade, mesmo de transcendencia penal,  demanda coñecer  se o actual goberno da Deputación ten realizado algunha acción de control de legalidade sobre os procedementos de contratación adminstrativa da deputacion provincial, cales ten pensado realizar ou se o actual goberno se desentende do que acontece na administración do Ente provincial e consinte que se perpetue impunemente este proceder. 

Categoría: Ourense
Visto: 8556