O Concello de Celanova négase axudar á Residencia San Carlos

Información
28 Enero 2021 3907 votos - Registrate para votar

Celanova - Wikipedia, a enciclopedia libre

Son vostedes un goberno á fuga, fuxiron da realidade porque non teñen capacidade para enfrontala”, resumiu Leopoldo Rodríguez no debate dos Orzamentos 2021, que o BNG considera decepcionantes e sen capacidade ningunha de incidir na vida da veciñanza.

 

Celanova, 28 de xaneiro de 2021.- “A relación entre o gasto en persoal e o gasto previsto en investimentos é de 8 a 1. É dicir, por cada euro en investimento, 8 en salarios. Isto resume a súa acción á fronte das arcas públicas: pagar salarios e subvencións. Investimento mínimo e desequilibrio no gasto, evidencian que o seu goberno non é ten xestión ningunha. Limítase a pagar salarios, mais non son quen de xestionar nada que afecte a vida do resto de veciñas e veciños”, dixo o concelleiro nacionalista Leopoldo Rodríguez, onte durante o debate dos Orzamentos que se celebrou de maneira telemática e sen acceso da veciñanza malia as reiteradas demandas das nacionalistas.

Rodríguez explicou que o goberno local foxe da realidade cando non destina nin unha soa partida a paliar impactos actuais e futuros efectos da covid, “como se a covid fose desaparecer de hoxe para mañá”, e criticou que o goberno local se xustifique dicindo que a reactivación do comercio e da actividade económica da vila se atende “dando subvencións a entidades culturais ou deportivas para que realicen actividades que non poden organizar porque a covid non desapareceu nin vai desaparecer a curto prazo”. “Parece unha burla, unha falta de respecto á xente”, díxolle Rodríguez á concelleira Sandra Feijóo.

O portavoz nacionalista lamentou que nos Orzamentos non haxa “nada” dos acordos de investidura polos que o BNG se comprometeu a apoiar a Antonio Puga, sendo decisivo na súa designación como alcalde, “como tampouco hai nada dos acordos impulsados polo BNG nos anos 2019 e 2020, aprobados en pleno, e que o alcalde se nega a levar adiante”, incidiu Rodríguez, noutro exemplo de fuga da realidade xa que, como lle recordou, “este goberno é un goberno en minoría”.

O momento máis tenso do pleno chegou cando o BNG criticou que nesta situación de pandemia, non se contemple partida nin subvención para a Residencia San Carlos, que a solicitou formalmente o pasado 11 de novembro nun escrito que o goberno municipal nunca fixo público.

“CELANOVA NON QUERE QUE SE AXUDE Á RESIDENCIA”. A portavoz do PSOE acusa o BNG de estar “facendo política” (?) e di que a veciñanza “pensa que hai cousas” máis urxentes que “gastar 72.000 euros” en axudar anciáns “que non son os únicos anciáns, porque hai outros en centros de día e fogares” que tamén o precisan.

O BNG, que desde a primavera pasada vén traballando nun acordo municipal para botar man da Residencia San Carlos, quedouse só no pleno en defensa dunha axuda ao centro de maiores, no que conviven medio cento de anciás e anciáns e máis de dúas ducias de traballadoras que aínda están a sufrir o impacto da covid -despois de once falecementos entre marzo e abril pasado e máis de 60 casos de contaxio nunha poboación de máximo risco-.

Despois de que os grupos ignorasen o chamamento nos días previos este pleno, como aconteceu tamén en novembro pasado, nun intento de enterrar o acordo de setembro, o BNG esperaba que PP, Celanova Decide e o PSOE responderan como unha soa voz. E así foi. Mais cunha vehemencia inusitada.

O BNG pediu que os Orzamentos contemplasen unha axuda á Residencia. A portavoz do PSOE, Teresa Barge, foi a primeira en responder nun ton desafiante. “Vou ser valente e dicir o que todo o mundo pensa pero ninguén di: Celanova non quere que se axude á Residencia”, dixo, e a continuación acusou ao BNG de estar “facendo política” (sic) “a costa dos vellos, que que non son os únicos, porque hai outros en centros de día e fogares” que tamén o precisan. A portavoz socialista e responsábel de asuntos sociais no goberno municipal do Concello de Celanova foi máis alá e negou que o caso dos contaxios na San Carlos tivese creado “alarma social” ningunha en Celanova e dixo que a veciñanza, indicando que tirou esa impresión de visitas a bares e comercios, “pensa que hai cousas” máis urxentes que “gastar 72.000 euros”. É a primeira vez, desde o 11 de novembro, que un membro do goberno local informa sobre a cifra que a Residencia pediu ao Concello.

Despois da portavoz socialista, foi Javier Pulido, portavoz do partido do alcalde, no que tamén nun ton admonitorio e dirixíndose ao BNG esixiu: “Paren xa!”, despois de dar lectura a comunicados asinados polo presidente do Padroado da Fundación San Carlos -o último deles, retirado esta mesma semana o mesmo día da súa publicación- nos que, segundo interpreta Pulido, a Residencia negábase a recibir axuda do Concello e mesmo a adaptar os estatutos para dar entrada a representantes municipais na xestión do centro.

Tamén o PP pediu a retirada da moción, dixo que “para máis adiante”, e asegurou que a Xunta xa está axudando a Residencia, referíndose as prazas concertadas, convenio que vén de anos antes da pandemia e os seus efectos devastadores, o gran problema do centro de maiores que o Partido Popular pretende ignorar e no que é seguido polo PSOE e Celanova Decide.

Leopoldo Rodríguez, portavoz do BNG, resumiu a cuestión a dúas preguntas: “Necesita axuda a Residencia?, e debe o Concello de Celanova axudala? O BNG pensa que si”. A portavoz socialista e Javier Pulido responderon con evasivas. O PP dixo que “máis adiante”. O alcalde sumouse esta resposta “máis adiante”. Todos votaron en contra da axuda a Residencia.

ORZAMENTOS “CORTA E PEGA” DUN GOBERNO Á FUGA. Leopoldo Rodríguez, portavoz do BNG, explica que o goberno local leva 18 meses “buscando onde agochar a cabeza para non ver”, mais as nacionalistas deciden non obstaculizar as contas, “que son unha oportunidade perdida de termos un punto de partida máis sólido”.

“Levan 18 meses no goberno, a situación é crítica, e non falo só de saúde, senón de economía, e o único que fan é andar buscando buratos onde agochar a cabeza para non ver. Son vostedes un goberno á fuga que presenta uns orzamentos decepcionantes e escapistas”, dixo o portavoz nacionalista antes de concluír a súa primeira quenda avanzando que o BNG non ía obstaculizar as contas e que continuará traballando para melloralas.

O BNG entrou no detalle dos Orzamentos preguntando por outra cuestión esquecida polo goberno municipal até onte, cando pola mañá, antes do pleno, apareceron as declaracións en prensa dunha concelleira dicindo que até marzo, nada.

O BNG preguntouse por que Celanova non empezou a utilizar eses cartos en outubro pasado, cando empezaron a facelo numerosos concellos no país e no Estado, e cando os propios informes de Intervención e de Secretaría que aparecen nos Orzamentos advirten ao goberno de que as regras “mudaron” o pasado 20 de outubro e que eses cartos están dispoñíbeis.

“O problema está en que nin se preocuparon. Canto hai, como utilizalo… Nós fomos preguntar a Intervención e dixéronnos ao redor de 2 millóns de euros. Pero vostedes nin se preocupan de mirar que hai que facer para mover eses cartos”, dixo Rodríguez que a continuación fixo dúas preguntas que o alcalde non contestou: “Cal é o REMANENTE do Concello de Celanova? Por que se escusan dicindo que non se pode coñecer até marzo cando centos de concellos xa o usan?”.

Foron dúas preguntas dunha serie delas que nin o alcalde nin ningún dos portavoces da sociedade de goberno (CD+PSOE) soubo responder: “Como prevén recadar máis nunha situación de recesión?; a súa previsión é que no 2021 vai subir a construción en Celanova?; en que se basean, ou é un corta e pega dos Orzamentos do PP que se lles colou?; en que axudan á veciñanza de Celanova estas contas municipais?; díganme, na situación actual, un efecto concreto que con estas contas esperan conseguir para variar o rumbo da crise?”.

Leopoldo Rodríguez mostrou a preocupación do BNG porque estes Orzamentos parecen “un corta e pega dos que facía o PP cando se acordaba de facelos”, e convidou ao PP a votar a favor, “por que son os seus, son os que vostedes facían”.

No capítulo de subvencións o BNG preguntou polos “aforros” de aquelas achegas do Concello a diferentes asociacións e colectivos durante 2020 e que se repiten ou aumentan para 2021, malia que hai actividades que por causa da covid non puideron desenvolver nin poderán desenvolver. O goberno municipal de Celanova non sabe cantos cartos se deixaron de gastar nin explicou onde están eses aforros nin tampouco sabe explicar por que se tramitan as mesmas subvencións, sen atender a situación sanitaria. “É un exemplo máis de que non hai xestión”, concluíu Leopoldo Rodríguez, que ademais lembrou o goberno o que lle advirten os informes do Orzamento, que Celanova debe ter, por lei, un Plan Estratéxico de Subvencións. “Soubemos diso a finais do ano pasado”, respondeu o alcalde. E dixo no pleno que o elaborarán.

NON É TRABALLAR MÁIS, SENÓN TRABALLAR O MESMO. Diante da exixencia do BNG para que asuma dunha vez, despois de 18 meses no cargo, as súas obrigas no Padroado da Residencia, o alcalde di que pediu información para “facer o mesmo que fixeron anteriores alcaldes”.

O alcalde de Celanova dixo no pleno deste 27 de xaneiro de 2021 que tiña enviado un escrito ao Padroado da Residencia para asumir o cargo como vogal nato que lle corresponde á Alcaldía. Non dixo cando, mais o certo é que apenas tardou 15 días en asumir a presidencia da outra fundación na que ten parte do Concello: a Fundación Curros, mais no caso da Residencia, leva 18 meses esperando… Tamén dixo que pediu á Residencia os Estatutos e as Actas da Reunión “para facer o mesmo que fixeron anteriores alcaldes”, e asegurou que non vai ser “o xestor da Residencia, como pide o BNG”. Cousa que non pide o BNG, simplemente pide que faga o mesmo que na Fundación Curros, e máis tendo en conta a precariedade que neste contexto sanitario afecta a todos os servizos do centro de maiores. O BNG considera que o alcalde está intentando xustificar na inacción dos seus antecesores a súa falta de compromiso, mais esquece que os anteriores, fixesen ou non, traballasen máis ou menos, non asumiron o cargo nunha situación como a actual.

“Vostede asumiu o cargo de vogal nato que como alcalde lle correspondía durante o anterior mandato, señor Ferro?”, preguntou o portavoz nacionalista ao portavoz popular. E este asentiu. Non dixo, por certo, se antes de asumilo pediu información para ver que traballoso podía resultar cumprir coa obriga institucional.

Por outra banda, os grupos do PSOE, Celanova Decide e do PSOE rexeitaron a moción do BNG que pedía tramitar de maneira urxente unha achega á Residencia, tal como a corporación acordara por unanimidade en setembro pasado.

Despois de meses eludindo a cuestión e os convites do BNG a manter esa unidade, os tres grupos PP (6 concelleiros), CD (4) e PSOE (2) pecharon a porta a calquera axuda amparándose en que as institucións públicas non rescatan entidades privadas.

Malia que o portavoz nacionalista insistiu en que Fundación San Carlos ten o mesmo carácter de fundación sen ánimo de lucro que a Fundación Curros e que ambas teñen a Alcaldía nos respectivos padroados e que a Fundación Curros recibe financiamento público, os tres portavoces dos grupos aos que se sumou o alcalde teimaron nesa xustificación. Esquecen sonoros e onerosos “rescates” públicos en medio de durísimas crises económicas que levou miles de millóns de euros dos cartos de todos a petos privados. Aqueles eran petos de xente demasiado grande para deixar caer, pero a residencia de maiores de Celanova é o suficientemente pequena para abandonala.

Resultado: O Concello de Celanova négase axudar á Residencia San Carlos.      

RÚA DO CERCADO E COMISIÓN DE COMERCIO. Aprobadas, malia a abstención de Celanova Decide, o partido do alcalde, as iniciativas do BNG para acondicionar a rúa do Cercado e para crear unha comisión de comercio.

A moción presentada en novembro polo BNG para dotar de beirarrúas a rúa do Cercado e realizar outras actuacións para a seguridade dos peóns e estudar modificacións na circulación de vehículos, mesmo abrindo a rúa até a estrada de Mourillós, saíu adiante malia a abstención do grupo do alcalde, Celanova Decide. O BNG e o PP comprometéronse no pleno a solicitar de maneira conxunta actuacións no Areal e nos accesos ao Grupo de Vivendas Virxe do Cristal.

Tamén saíu adiante a iniciativa nacionalista para crear unha comisión de traballo co resto dos grupos, as asociacións de comerciantes e representantes de produtores locais e feirantes co fin de impulsar as feiras libres e mercados locais, a través dunha coordinación dos eventos que se celebran en distintos concellos das comarcas da Baixa Limia e Terra de Celanova. O BNG pide unificar normativa, taxas e horarios para iniciar o camiño cara a creación dunha marca das feiras da nosa comarca, e, malia as dúbidas que mostrou o PP, as nacionalistas consideran que Celanova está en disposición de liderar esta iniciativa.

A moción nacionalista tamén posiciona á corporación municipal a favor dunha nova lei de comercio, pactada co sector, e lembra o alcalde o compromiso adquirido polo pleno para poñer en marchas medidas acordadas en anteriores sesións sobre as axudas ao comercio e autónomos en Celanova.

EÓLICOS. O alcalde cedeu o salón de actos a unha empresa de explotación eólica para reunirse con veciños e di que non sabe nada do proxecto, pero que traerá “beneficios económicos”

O alcalde de Celanova recoñeceu onte que cedeu o salón de plenos para unha reunión entre unha empresa de explotación de enerxía eólica da que non deu o nome e comuneiros de montes da contorna de Celanova. O alcalde de Celanova asegurou que nada sabe dos detalles do proxecto nin do avanzadas que están as conversas entre as partes para a instalación dun parque eólico nos montes de Amoroce, mais a continuación mostrouse favorábel o proxecto “sempre que os muíños non se vexan desde a vila” (polo que se refire ao resto de poboacións non parece importarlle a afectación sobre a paisaxe) e xustificou a súa predisposición polos “importantes” beneficios que, segundo el, deixará no municipio, malia que non sobou concretar de que beneficios se trata. Non é consciente, expresou, da alarma social que está a producir a proliferación de parques eólicos no país. Polo que o concelleiro do BNG lle tivo que explicar que a reacción veciñal se está a producir desde a Costa da Morte aos Ancares, de Mondoñedo ao Baixo Miño, en ducias de concellos nos que as empresas e a Xunta foron aproveitando os meses de pandemia para acelerar proxectos a costas da veciñanza. A este respecto, Leopoldo Rodríguez, portavoz do BNG, demandou do alcalde que informe ás veciñas e veciños dos plans en marcha e se preocupe da viabilidade ambiental e social dun plan antes que duns supostos beneficios económicos para as arcas municipais.

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago