Información
Ourense

Ourense en Común esixe ao goberno local “mover ficha” perante as sucesivas verteduras ao Barbaña

Información
23 Julio 2018 2892 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A aparición de escuma no río Barbaña no día de onte demostra, para Ourense en Común, a cultura da impunidade” vixente en Ourense. 

    En palabras da edil Montse Valencia, “as verteduras recorrentes son a proba evidente de que non existe conciencia nin medo a posibles sancións. E iso débese a que as administracións responsables tanto do seu coidado e prevención como da súa protección, non están a facer o seu traballo”.

 

    O grupo lamenta esta nova vertedura e apela ao edil responsable en materia de Medio Ambiente no Concello de Ourense, José Araujo, a “implicarse”, lembrándolle a proposta para protexer o Río Barbaña que o grupo lle presentaba hai unhas semanas.

    Na Xunta de área de Medio Ambiente de mañá martes, Ourense en Común volverá a poñer enriba da mesa a mesma proposta, un convenio cun equipo de especialistas da Universidade de Vigo orzamentado en só 4.000 euros, e que serviría para “dar o primeiro paso” e “contar xa en setembro cun coñecemento actualizado do estado ecolóxico, biolóxico, hidromorfolóxico e químico do río, como punto de partida para deseñar unha estratexia de recuperación ambiental, explica Montserrat Valencia.

    O grupo advirte ao alcalde, Jesús Vázquez, de que o silencio do seu goberno despois de cada unha destas verteduras convérteo en “cómplice e actor necesario para que todo siga igual. É responsable do seu estado, e podería facer moito na súa defensa tal e como vimos suxerindo en repetidas ocasións”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+