Información
Ourense

11 quilómetros de terra e asfalto, no 5º RallyMix da Gudiña

Información
12 Septiembre 2018 359 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • A Deputación de Ourense co-organiza este evento deportivo que terá lugar os días 15 e 16 de setembro.

A quinta edición do RallyMix da Gudiña e Terceiro Memorial "Guillermo Lago" aglutinará, os días 15 e 16 de setembro, automobilismo e natureza nun mesmo evento que será a proba decana do Campionato Galego desta especialidade. A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde da Gudiña, José María Lago; o xefe de seguridade da proba, Vicente Vázquez; o piloto local, Felipe Fernández; o presidente da Escudaría HC Competición, Gerardo Armesto; e o xefe da Agrupación de Protección Civil da Gudiña, Jorge Pereira.

 

A Deputación de Ourense co-organiza este evento deportivo que converterá ao municipio da Gudiña durante eses días "na capital do automobilismo galego", cun evento que a través do deporte contribúe "a dinamizar a vida económica e social da zona", explicou Rosendo Fernández. Así mesmo, o vicepresidente do goberno provincial lembrou que a proba será o terceiro Memorial de "Guillermo Lago", o anterior alcalde do municipio, "por ser a alma máter deste evento deportivo".

A proba automobilística comezará o sábado, 15 de setembro, coas verificacións técnicas e administrativas dos vehículos participantes. Así mesmo, os pilotos realizarán o recoñecemento do tramo en vehículos de rúa. A continuación, publicaranse a lista de vehículos autorizados a tomar a saída, para comezar ás 12.00 horas, a primeira pasada ao percorrido do circuíto, que se desenvolverá por pistas de terra e asfalto do municipio, cun trazado de 10,5 quilómetros. Desde as 13.30 ás 15.30 horas haberá un parón e, posteriormente, retomarase a competición con dúas pasadas máis ao circuíto.

Ao día seguinte, o 16 de setembro, realizaranse dúas pasadas máis ao trazado, comezando a primeira ás 10.00 horas. Por último, a entrega dos trofeos está prevista para as 14.00 horas.

"Ata o momento, sen estar aínda pechadas as inscricións, xa están anotados máis de 20 pilotos, aínda que esperamos superar a corentena", dixo Vicente Vázquez, quen destacou que esta proba "ten moi boa acollida entre os pilotos, por ser mixta, e desenvolverse por terra e asfalto, o que a fai máis divertida". Así mesmo, Vicente Vázquez sinalou que a proba "tamén está pensada para aqueles pilotos que se están a iniciar no automobilismo". Neste mesmo senso, Felipe Fernández, gañador da edición pasada, dixo que o percorrido da proba está "moi ben deseñado e acondicionado, con tramos rápidos e técnicos".

Por último, o alcalde da Gudiña asegurou que era un "orgullo" acoller xa a quinta edición desta proba "consolidada no calendario deportivo galego, e tamén a nivel nacional xa que participarán pilotos doutras Comunidades Autónomas", e adiantou que continuarán a traballar para que sexa "un referente no mundo do motor".

Otros articulos relacionados.....
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)