Información
Ourense

58 e 32 quilómetros, na III Marcha BTT de Cualedro

Información
25 Septiembre 2018 407 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Concello de Cualedro acollerá o vindeiro domingo, 30 de setembro, a terceira edición da súa Marcha BTT que ofrecerá aos participantes dous posibles percorridos, unha ruta longa de 58 quilómetros de dificultade media-alta, e unha ruta curta de 32 quilómetros de dificultade media-baixa. A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Cualedro, Luciano Rivero; e o secretario do Club BTT Verín, José Carlos Cabido.

 

A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que "contribúe a dinamizar o noso rural e pon en valor a riqueza natural deste municipio", sinalou Rosendo Fernández, quen lembrou que este tipo de iniciativas "dan a coñecer as potencialidades da nosa provincia, ademais de fomentar a práctica do deporte".

O alcalde do Cualedro, que agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense, explicou que é unha BTT que "está a ter moita aceptación, non só de xente da comarca de Monterrei, senón tamén do país veciño, Portugal" e lembrou que na pasada edición participaron "220 persoas, e este ano xa están inscritos 100 participantes, aínda que esperamos superar os 200 como o ano pasado". Asemade, Luciano Rivero incidiu na importancia de desenvolver este tipo de eventos que "potencian o turismo e moven a economía local do municipio".

A saída da proba será ás 9.30 horas desde a praza do Concello. A maior parte do percorrido da proba discorre por camiños rurais e forestais, existindo tamén cruces con tramos de estradas porque pasará por diferentes localidades do municipio. "Ambas rutas serán cronometradas con sistema chip para que os corredores poidan coñecer os seus tempos, aínda que a proba é de carácter non competitivo", sinalou José Carlos Cabido.

Otros articulos relacionados.....
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)