Información
Ourense

Ourense en Común e Anova traballarán xuntas para arrebatarlle a alcaldía ao Partido Popular en 2019

Información
26 Septiembre 2018 1191 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Martino Xose VazquezMartiño Xosé Vázquez, portavoz e candidato á alcaldía por Ourense en Común,  reuníase  co portavoz nacional de Anova e vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, xunto con outras candidaturas municipalistas da provincia como Ribeiro en Común e Alterna-tiva Veciñal do Carballiño.
•    O obxectivo compartido é sumar Ourense, a provincia e a capital, á onda de renovación democrática que no ano 2015 chegou a outros concellos galegos como Coruña, Ferrol ou Compostela.
   


    O voceiro e candidato á alcaldía de Ourense por Ourense en Común, Martiño X. Vázquez, mantiña esta tarde unha xuntanza con Antón Sánchez,  portavoz nacional de Anova e vicevoceiro de En Marea, para traballar conxuntamente coa mirada posta no horizonte das municipais 2019.

    A reunión, na que tamén participaron representantes de outras candidaturas municipalistas da provincia, como Ribeiro en Común e Alternativa Veciñal do Carballiño, concluía arredor das nove da noite.

    Ao remate, o candidato á alcaldía por Ourense en Común,  Martiño Xosé Vázquez agradecía como “fundamental” o apoio amosado hoxe por Anova, “traballamos nunha candidatura ampla e transversal. Un proxecto común onde partidos políticos, veciñas e activistas nos sintamos representados. A situación de parálise de Ourense é grave e nos interpela a todas. No 2019 ninguén pode quedar na casa, temos que ser lexión para reverter as políticas que levan secando o concello e a provincia durante décadas. Ourense ten unha oportunidade de cambiar de ciclo como xa sucedeu no resto de Galicia e para iso todas somos necesarias”.

    Pola súa parte, o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez,  concluía que “os espazos de unidade popular son a mellor e única ferramenta para desafiuzar ao Partido Popular das institucións públicas que parasitan ou mal gobernan, como pode ser o caso de Ourense. A nosa asemblea acordou apoiar a todas as candidaturas municipalistas consolidadas e por isto estamos hoxe aquí, para ofrecer toda a nosa axuda e apoio a Ourense en Común de cara ás eleccións de 2019”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+