Información
Ourense

A Deputación de Ourense aproba o orzamento máis alto da súa historia: 82,7 millóns de euros

Información
28 Septiembre 2018 689 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • No pleno ordinario do mes de setembro, celebrado hoxe, tamén se aprobou o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais (6,2 millóns); e os plans de Mocidade, Empregabilidade e Cooperación para limpeza de redes viarias, cun orzamento total de 2,7 millóns.

 

  • A corporación provincial aprobou, asemade, o outorgamento da medalla de ouro da provincia de Ourense ao doutor Luis Rodríguez Míguez, e no ámbito cultural a creación do Consello Asesor do Museo do Entroido.
  •  
  • No plenario, todos os grupos políticos aprobaron unha moción conxunta sobre a atención ás mulleres con endometriose, formulada pola asociación QuerEndo.

Ourense, 28 de setembro de 2018.- A Deputación de Ourense aprobou hoxe no pleno ordinario correspondente ao mes de setembro o orzamento da institución provincial para 2019, que ascende e un total de 82.700.000 euros, o máis alto na historia da Deputación de Ourense, sendo un ano máis o primeiro presuposto en aprobarse no ámbito das institucións locais, autonómicas e do Estado para o seguinte exercicio.

No pleno tamén se aprobou o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais, que ascende a 6,2 millóns de euros; e os plan de Mocidade, Empregabilidade e Cooperación para limpeza de redes viarias, cun orzamento total de 2,7 millóns de euros. Asemade, a corporación provincial aprobou o outorgamento da medalla de ouro da provincia de Ourense, a título póstumo, ao doutor Luis Rodríguez Míguez, un recoñecemento co que a Deputación de Ourense quere poñer en valor as importantes achegas que Rodríguez Míguez fixo nos ámbitos da investigación e promoción do termalismo contemporáneo, como precursor dos estudos sobre as augas mineiro medicinais e o seu uso clínico. Asemade, no ámbito cultural, aprobouse a creación do Consello Asesor do Museo do Entroido, o modo de xestión e o convenio polo se transfire á Deputación este espazo cultural.

Ademais, no plenario, todos os grupos políticos aprobaron unha moción conxunta sobre a atención ás mulleres con endometriose, formulada pola asociación QuerEndo.

A totalidade dos acordos plenarios aprobados hoxe son os seguintes:

CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN, DO INORDE, DO CONSORCIO PROVINCIAL DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO E DO CONSORCIO DE AUGAS DE VALDEORRAS CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2017

Acordo:

Primeiro.- Conta Xeral da Deputación Provincial de Ourense do exercicio 2017, da que se obteñen os seguintes datos:

• Resultado orzamentario axustado: .23.388.233,74 €

• Remanente de tesourería para gastos xerais: 26.462.156,08€

• Balance de situación: 2.622.386.259,69 €

• Resultado económico patrimonial: -29.086.090,74 €

Segundo.- Conta Xeral do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico do exercicio 2017, da que se obteñen os seguintes datos:

• Resultado orzamentario axustado: 130.900,26 €

• Remanente de tesourería para gastos xerais: 202.415,44 €

• Balance de situación: 17.387.605,86 €

• Resultado económico patrimonial: 19.954,33 €

Terceiro.- Conta Xeral do Consorcio provincial de servizo contra incendios e salvamento do exercicio 2017, da que se obteñen os seguintes datos:

• Resultado orzamentario axustado: 895.696,28 €

• Remanente de tesourería para gastos xerais: 1.373.062,56 €

• Balance de situación: 9.548.863,85€

• Resultado económico patrimonial:- 622.247,45 €

Cuarto.- Conta Xeral do Consorcio de augas de Valdeorras do exercicio 2017, da que se obteñen os seguintes datos:

• Resultado orzamentario axustado: -205.763,58 €

• Remanente de tesourería para gastos xerais: -535.267,97 €

• Balance de situación: 828.257,31 €

• Resultado económico patrimonial: -261.676,09 €

EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA POR CRÉDITO EXTRAORDINARIO E DAS BASES DE EXECUCIÓN N.º 4/2018

Acordo:

1º. – Aprobar inicialmente a modificación de créditos do expediente, co seguinte detalle,

CREDITO EXTRAORDINARIO

Aplicación orzamentaria

Expresión

IMPORTE €

912.11/479.05

Outras subvencións para “La Región”. Corporación provincial

105.000,00 €

RECURSO UTILIZADO

BAIXA da aplicación orzamentaria

Expresión

IMPORTE

912.11/226.02

Información e publicidade. Corporación provincial

105.000,00 €

2º.- Aprobar inicialmente as modificacións cualitativas de subvencións xa aprobadas, no que se refire á especificación do capítulo IV e VII de gastos, experimentando as seguintes variacións ,

• Con cargo á aplicación orzamentaria 341.11/482.01 "Subvencións deportivas. Fomento do deporte", prevíase unha subvención ao Pavillón C.F. para "Equipación Sponsor – Fútbol base" por importe de 8.000,00 euros. En base á solicitude verbal do Presidente do Pavillón C.F. proponse o cambio de finalidade de dita subvención para a " Adquisición de material deportivo" debido á existencia dun erro na modificación 1/2018 do orzamento, quedando da seguinte maneira.

- 341.11/482.01 "Subvencións deportivas. Fomento do deporte" :

Beneficiario

Finalidade

Importe

Pavillón C.F.

Adquisición de material deportivo

8.000,00 €

• Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 "A Concellos subvencións. Cooperación provincial", prevíase unha subvención nominativa a favor do Concello de Trasmiras por importe de 43.152,23 euros para "drenado no Polígono 507, parcela 327". En base á solicitude do Concello de Trasmiras de data 05 de setembro do 2018 proponse o cambio de finalidade de dita subvención para a obra " Bacheado e mellora da capa de rodadura da pista que discorre desde a C.N. 525 a Vilaseca " por considerar que é unha obra prioritaria e de urxente realización para o tránsito de vehículos agrícolas e particulares que redundaría en beneficio dos veciños do concello de Trasmiras.

450.12/762.01 "A Concellos subvencións. Cooperación provincial".

Beneficiario

Finalidade

Importe

Concello de Trasmiras

Bacheado e mellora da capa de rodadura da pista que discorre desde e C.N. 525 a Vilaseca

43.152,23 €

• Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.02 "A Concellos subvencións en especie. Cooperación provincial", prevíase unhas subvencións nominativas a favor do Concello de A Bola por importe de 38.000,00 euros para " Acondicionamento e reparación Rubiás" e 23.000,00 € para " Reparación do firme en Casal de Feás" En base á solicitude do Concello de A Bola de data 05 de setembro do 2018 proponse o cambio dos importes de ditas subvencións debido a un erro na modificación 1/2018 do orzamento xa que cambiáronse as cantidades dunha das subvencións para a outra, quedando corrixido do seguinte xeito .

450.12/762.02 "A Concellos subvencións en especie. Cooperación provincial".

Beneficiario

Finalidade

Importe

Concello de A Bola

“Acondicionamento e reparación en Rubías”

23.000,00 €

Concello de A Bola

“Reparación do firme en Casal de Feas”

38.000,00 €

• Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.02 "A Concellos subvencións en especie. Cooperación provincial", prevíase unha subvención nominativa a favor do Concello de A Peroxa por importe de 48.000,00 euros para " Rexeneración de firmes nos accesos a Turzavella, Casarizas, Vales, S.. Cibrao e Outros" En base á solicitude do Concello de A Peroxa de data 13 de setembro do 2018 proponse o cambio da finalidade de dita subvención .

450.12/762.02 "A Concellos subvencións en especie. Cooperación provincial".

Beneficiario

Finalidade

Importe

Concello de A Peroxa

Mellora da praza do concello e do Recinto Feiral da Peroxa

48.000,00 €

• Con cargo á aplicación orzamentaria 334.20/789.03 "Outras transferencias asociacións. Actividades culturais e recreativas", prevíase unha subvención nominativa a favor da Asociación de veciños San Paio dos Pitos por importe de 12.000,00 euros para " Mellora do acondicionamento do local social da Asociación de veciños San Paio dos Pitos" En base á solicitude verbal do Alcalde do concello de Ramirás de data 13 de setembro do 2018 proponse o cambio de beneficiario e da finalidade de dita subvención .

334.20/789.03 "Outras transferencias asociacións. Actividades culturais e recreativas".

Beneficiario

Finalidade

Importe

Comunidade de montes San Paio dos Pitos

Mellora e acondicionamento do local

12.000,00 €

• Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.02 "A Concellos subvencións en especie. Cooperación provincial", prevíase unha subvención nominativa a favor do Concello de Verea por importe de 47.000,00 euros para " Construción e adecuación nave para maquinaria e almacén municipal en Verea" En base á solicitude do Concello de Verea de data 13 de setembro do 2018 proponse o cambio da finalidade de dita subvención .

450.12/762.02 "A Concellos subvencións en especie. Cooperación provincial".

Beneficiario

Finalidade

Importe

Concello de Verea

Accesos a Vilar e camiño Xeixido

47.000,00 €

• Con cargo á aplicación orzamentaria 924.12/789.03 " Outras transferencias asociacións. Participación veciñal", prevíase unha subvención nominativa a favor da Asociación de veciños de Ábedes por importe de 60.000,00 euros para " Local social" En base á solicitude do Presidente da comunidade de montes proponse o cambio de beneficiario de dita subvención .

924.12/789.03 " Outras transferencias asociacións. Participación veciñal",

Beneficiario

Finalidade

Importe

Comunidade de Montes M.C. Ábedes

Local social

60.000,00 €

3ª .- Aprobar a modificación das Bases de execución do orzamento, que afectan a Base 87 ª, no que se refire ás subvencións que teñen carácter nominativo, engadindo as seguintes ás que figuraban inicialmente:

Beneficiario

Aplicación Orzamentaria

Finalidade

Importe

Concello de Oímbra

450.12/762.01

Mellora da praza da Fonte e rúa do Campo ( II fase)

48.000,00 €

La Región, S.A.

91211/47905 “ Outras subvencións “La Región” Corporación provincial”

Promoción cultural e desenvolvemento do coñecemento provincial nos Foros “La Región”

105.000,00 €

Os recursos financeiros utilizados para esta modificación serán baixas doutras aplicacións orzamentarias e non afectan cuantitativamente ao Orzamento Xeral da Deputación. 

4º.- De acordo co artigo 169 da Lei Reguladora das Facendas Locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no boletín oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN DE OURENSE PARA O EXERCICIO 2019

Acordo:

1º.- Aproba-lo orzamento xeral da Deputación provincial de Ourense para o ano 2019, co detalle que figura nos resumos seguintes:

ENTIDADE LOCAL.-

Estado de gastos

Capítulo 1.- Gastos de persoal

32.158.320,74€

Capítulo 2.- Gastos correntes en bens e servizos

19.696.923,99 €

Capítulo 3.- Gastos financeiros

     13.961,14 €

Capítulo 4.- Transferencias correntes  

Capítulo 5.- Fondo de continxencia

13.065.470,23 €

       10.000,00 €

Capítulo 6.- Investimentos reais  

12.233.545,55 €

Capítulo 7.- Transferencias de capital

4.052.911,29 €

Capítulo 8.- Activos financeiros

     300.000,00 €

Capítulo 9.- Pasivos financeiros

   1.168.867,06 €

                                               TOTAL GASTOS......  

82.700.000,00 €

Estado de ingresos

Capítulo 1.- Impostos directos

5.000.000,00 €

Capítulo 2.- Impostos indirectos

4.237.000,00 €

Capítulo 3.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos

4.971.703,97€

Capítulo 4.- Transferencias correntes

67.914.123,90 €

Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais      

   154.519,13€

Capítulo 6.- Alleamento de investimentos reais        

21.000,00 €

Capítulo 7.- Transferencias de capital

101.653,00 €

Capítulo 8.- Activos financeiros

300.000,00 €

                                                 TOTAL INGRESOS...

82.700.000,00 €

B) INORDE.

Estado de gastos

Capítulo 1.- Gastos de persoal

961.784,30 €

Capítulo 2.- Gastos correntes en bens   e servizos  

623.340,90 €

Capítulo 4.- Transferencias correntes    

Capítulo 6.- Investimentos reais

                                             TOTAL GASTOS........

334.180,00 €

         128.694,80 €

2.048.000,00 €

Estado de ingresos

Capítulo 3.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos    

12.020,00 €

Capítulo 4.- Transferencias correntes

1.861.404,56 €

Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais

Capítulo 7.- apítulo                       EXERCICIO 2019¡9Transferencias de capital                                                            

11.260,44 €

163.315,00€

                                       TOTAL INGRESOS.....  

2.048.000,00 €

2º.- Aprobar as Bases de Execución do Orzamento Xeral, segundo figuran no expediente.

3º.- Aprobar os cadros de persoal, que se dividen en persoal funcionario, laboral e eventual, de acordo co art.126 do Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexislativo 781/1986.

4º.- De acordo co art. 169 da LRFL, o orzamento xeral será exposto ó público, previo anuncio no boletín oficial da provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalos e presentar reclamacións ante o Pleno. O orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL PARA O EXERCICIO 2019

Acordo:

1.- Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais e da Rede Viaria Provincial para o exercicio 201

BASES PARA A ELABORACIÓN E EXECUCIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL PARA O EXERCICIO 2019.

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación dos procedementos de elaboración e execución do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais e da Rede Viaria Provincial para o exercicio 2019.

Estrutura do Plan Provincial de Cooperación 2019. Distribución dos investimentos por concellos.

1. O Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais para o exercicio 2019 comprenderá as seguintes clases de investimentos:

- Investimentos en obras de mellora e conservación da rede viaria provincial, de titularidade da Deputación Provincial.

- Investimentos en obras de competencia municipal, preferentemente as necesarias para a efectiva prestación dos servizos municipais obrigatorios enumerados no artigo 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, modificada por Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da administración local.

2. O Plan Provincial 2019, tanto no apartado da rede viaria provincial coma no relativo ás obras municipais (neste caso ata o importe máximo establecido para cada termo municipal nestas bases) financiarase na súa integridade pola Deputación Provincial de Ourense, resultando en consecuencia o seguinte cadro básico de financiamento:

Obras municipais:

• Deputación Provincial: 100,00 %

Obras da Rede Viaria Provincial:

• Deputación Provincial: 100 %

3. Non obstante, no caso das obras municipais, os concellos voluntariamente poderán efectuar achegas adicionais para o financiamento das obras, alterándose automaticamente o cadro de financiamento neses supostos. Doutra banda, incluiranse igualmente no Plan Provincial, todas aquelas obras para as que os concellos soliciten a súa inclusión, dotadas de financiamento exclusivamente municipal ou procedente doutras administracións públicas, para os efectos de obter a declaración de utilidade pública de cara a posibilitar a obtención de terreos mediante expropiación forzosa.

4. A distribución do investimento prevista no Plan Provincial 2019 é a seguinte:

a. Investimento total previsto na Rede Viaria Provincial: 1.500.000,00 €

Achega da Deputación á RVP (100%): 1.500.000,00 €

b. Investimento total previsto en obras municipais (incluída a Entidade Local Menor de Berán): 4.716.000,00 €, dos cales 4.440.000,00 € destinados á execución material das obras e 276.000,00 € destinados a servizos complementarios á execución das obras.

Subvención Deputación obras municipais (100,00 %): 4.716.000,00 €,

5. A distribución territorial por concellos do investimento en obras municipais efectuarase mediante a asignación a cada concello da provincia dunha cota alícuota de investimento subvencionado, resultando un investimento por termo municipal de 51.000,00 €; da dita cantidade, 48.000,00 € destinaranse ó financiamento dos contratos de execución material das obras e 3.000,00 € ó financiamento dos contratos de servizos complementarios á execución das obras (con especial consideración das asistencias técnicas para a redacción de proxectos, a dirección facultativa e a coordinación de seguridade e saúde das actuacións).

O investimento con cargo a fondos provinciais asignado a cada concello poderá dedicarse a unha ou varias obras, a elección dos concellos, podendo supoñer o seu financiamento íntegro ou parcial, sempre e cando as obras correspondan a competencias municipais.

Sen prexuízo do anterior, e tal e como se sinala no apartado 3, poderán incluírse investimentos de contía superior á achega provincial, correspondentes á mesma obra ou obras subvencionadas ou a outras obras, sempre e cando o concello achegue o financiamento complementario preciso.

6. No plan poderanse incluír obras adicionais para a utilización de remanentes producidos por anulación de obras. As ditas obras deben cumprir os requisitos necesarios para seren incluídas no Plan segundo o establecido nesta base.

7. Os remanentes das achegas provinciais obtidos por baixas na adxudicación das obras (tanto municipais como da rede viaria provincial), destinaranse na súa integridade ó financiamento de obras da rede viaria provincial; os remanentes das achegas municipais, de se-lo caso, reintegraranse ó concello respectivo.

Solicitudes dos concellos: prazos e documentación.

Co fin de garantir o dereito dos municipios á participación na elaboración do Plan, estes poderán formular solicitudes para a inclusión de obras. As ditas solicitudes serán aceptadas obrigatoriamente pola Deputación Provincial, sempre que se formulen en tempo e forma e as obras reúnan os requisitos establecidos na base 2ª.

As solicitudes deberán dirixírselle ó presidente da Deputación e deberán ter entrada no rexistro electrónico xeral da Deputación ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas antes de que remate o día 30 de novembro de 2018. Este prazo terá carácter improrrogable. A falta de formulación da solicitude en prazo dará lugar á perda do dereito á participación no Plan Provincial.

As solicitudes deberán incluír a certificación do acordo adoptado polo órgano municipal competente, solicitando a inclusión das obras no plan provincial e, de se-lo caso, a delegación da competencia para a súa contratación.

No acordo deben figurar a denominación descritiva das obras e o seu orzamento total.

2º.- Someter a trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, as bases inicialmente aprobadas polo prazo de 10 días hábiles, durante os cales as entidades interesadas poderán formular as alegacións ou suxestións que consideren oportunas, que deberán ser resoltas motivadamente no acto de aprobación definitiva.

No caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de forma definitiva, procedendo á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS E A ENTIDADE LOCAL MENOR DE BERÁN EN MATERIA DE MOCIDADE PARA O EXERCICIO 2019

Acordo:

1.- Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos e a entidade local menor de Berán en materia de mocidade para o exercicio 2019:

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS E A ENTIDADE LOCAL MENOR DE BERÁN EN MATERIA DE MOCIDADE PARA O EXERCICIO 2019

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de mocidade para o exercicio 2019.

A finalidade deste Programa é contribuír ó financiamento das actividades desenvolvidas polos concellos da provincia e a entidade local menor de Berán en prol da mocidade ó longo do exercicio 2019.

Beneficiarios:

1. Poderán obter subvención no marco do programa regulado nas presentes bases os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e a entidade local menor de Berán, cando desenvolvan actividades en prol da mocidade durante o exercicio 2019.

2. Terán a consideración de gastos subvencionables todos os que, tendo este carácter conforme coa lexislación vixente en materia de subvencións, financien as anteditas actividades, sempre que fosen autorizados a partir do 1 de xaneiro de 2019.

A subvención concedida a cada concello poderá acadar a contía máxima de 6.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados ó desenvolvemento das actividades subvencionadas. A subvención concedida á entidade local menor de Berán poderá acadar a contía máxima de 3.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados ó desenvolvemento das actividades subvencionadas.

O financiamento das subvencións reguladas no presente Programa realizarase con cargo á aplicación 46211/24111 dos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2019, tramitándose con carácter anticipado o Programa ó abeiro do disposto no artigo 56.1 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aprobou o Regulamento da Lei xeral de subvencións. Para estes efectos, serán de aplicación as seguintes regras especiais:

1ª) A execución do Programa queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Deputación Provincial para o exercicio 2019, tendo carácter puramente estimatorio a contía total máxima prevista nas presentes bases.

2ª) A contía total máxima estimada é de 549.000,00 €.

3ª) No expediente de gasto que se tramite para a aprobación do Programa, a certificación de existencia de crédito substituirase por unha certificación relativa á concorrencia dalgunha das circunstancias previstas no artigo 56.1 do RD 887/2006.

4ª) Os efectos de tódolos actos de trámite ditados no expediente de gasto entenderanse condicionados a que, ó ditarse a resolución de concesión, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron eses actos.

5ª) A resolución de concesión deberá ditarse no exercicio 2019, unha vez aprobado definitivamente e publicado na forma legalmente prevista o orzamento da Deputación Provincial para o dito exercicio.

Resolucións de adhesión ó programa e solicitudes de subvención: prazos, lugar de presentación e documentación a presentar:

As resolucións de adhesión ó programa -que inclúen as solicitudes de subvención- subscritas polo alcalde ou representante legal interesado, ou concelleiro no que delegue, irán dirixidas á Presidencia da Deputación Provincial e deberán presentarse no Rexistro Electrónico Xeral da Deputación, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, consonte como modelo que achégase como anexo I a estas bases.

O prazo de presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. O dito prazo terá carácter improrrogable.

As solicitudes irán acompañadas dunha declaración do conxunto de axudas ou subvencións públicas solicitadas pola entidade ou que lle fosen concedidas para o financiamento das actividades para as que se solicita subvención que se presentará consonte como modelo que achégase como anexo II a estas bases.

2º.- Someter a trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, as bases inicialmente aprobadas polo prazo de 10 días hábiles, durante os cales as entidades interesadas poderán formular as alegacións ou suxestións que consideren oportunas, que deberán ser resoltas motivadamente no acto de aprobación definitiva.

No caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de forma definitiva, procedendo á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS E A ENTIDAE LOCAL MENOR DE BERÁN EN MATERIA DE EMPREGABILIDADE PARA O EXERCICIO 2019

Acordo:

1.- Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos e a entidade local menor de Berán en materia de empregabilidade para o exercicio 2019:

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS E A ENTIDADE LOCAL MENOR DE BERÁN EN MATERIA DE EMPREGABILIDADE PARA O EXERCICIO 2019.-

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de empregabilidade para o exercicio 2019.

A finalidade deste Programa é a contribución ao sostemento económico dos servizos de competencia municipal e da entidade local menor de Berán posibilitando o complemento dos recursos humanos necesarios co dito fin, tanto a través das figuras contractuais propias da lexislación laboral como a través de contratos administrativos ou nomeamentos de persoal funcionario interino, de ser o caso, mediante a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento dos ditos contratos ou nomeamentos.

Beneficiarios:

1. Poderán obter subvención no marco do programa regulado nas presentes bases os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e a entidade local menor de Berán, cando contraten persoal en réxime de dereito laboral, efectúen nomeamentos de persoal funcionario interino ou subscriban contratos administrativos, típicos ou especiais, con persoas físicas suxeitas ao réxime de autónomos, para a realización de actividades da súa competencia durante o exercicio 2019. Considéranse subvencionables as contratacións ou nomeamentos que se realicen a partir do 1 de xaneiro de 2019. Igualmente serán subvencionables as contratacións ou nomeamentos procedentes de anos anteriores que subsistan no exercicio 2019, exclusivamente en canto os custes devengados a partir do 1 de xaneiro de 2019.

2. Terán a consideración de gastos subvencionables todos os que, tendo este carácter conforme coa lexislación vixente en materia de subvencións, financien as anteditas contratacións ou nomeamentos, incluíndo gastos salariais e de Seguridade Social, así como os honorarios ou contraprestacións económicas por servizos profesionais prestados por autónomos.

A subvención concedida a cada concello poderá acadar a contía máxima de 20.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados aos contratos ou nomeamentos subvencionados. A subvención concedida á entidade local menor de Berán poderá acadar a contía máxima de 10.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados aos contratos ou nomeamentos subvencionados.

O financiamento das subvencións reguladas no presente Programa realizarase con cargo á aplicación 46207/24111 dos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2019, tramitándose con carácter anticipado o Programa ó abeiro do disposto no artigo 56.1 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aprobou o Regulamento da Lei xeral de subvencións. Para estes efectos, serán de aplicación as seguintes regras especiais:

1ª) A execución do Programa queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Deputación Provincial para o exercicio 2019, tendo carácter puramente estimatorio a contía total máxima prevista nas presentes bases.

2ª) A contía total máxima estimada é de 1.830.000,00 €.

3ª) No expediente de gasto que se tramite para a aprobación do Programa, a certificación de existencia de crédito substituirase por unha certificación relativa á concorrencia dalgunha das circunstancias previstas no artigo 56.1 do RD 887/2006.

4ª) Os efectos de tódolos actos de trámite ditados no expediente de gasto entenderanse condicionados a que, ó ditarse a resolución de concesión, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron eses actos.

5ª) A resolución de concesión deberá ditarse no exercicio 2019, unha vez aprobado definitivamente e publicado na forma legalmente prevista o orzamento da Deputación Provincial para o dito exercicio.

As resolucións de adhesión ó programa -que inclúen as solicitudes de subvención- subscritas polo alcalde ou representante legal interesado, ou concelleiro no que delegue, irán dirixidas á Presidencia da Deputación Provincial e deberán presentarse no Rexistro Electrónico Xeral da Deputación, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, consonte como modelo que achégase como anexo I a estas bases.

O prazo de presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. O dito prazo terá carácter improrrogable.

As solicitudes irán acompañadas dunha declaración do conxunto de axudas ou subvencións públicas solicitadas pola entidade ou que lle fosen concedidas para o financiamento das actividades para as que se solicita subvención que se presentará consonte como modelo que achégase como anexo II a estas bases.

2º.- Someter a trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, as bases inicialmente aprobadas polo prazo de 10 días hábiles, durante os cales as entidades interesadas poderán formular as alegacións ou suxestións que consideren oportunas, que deberán ser resoltas motivadamente no acto de aprobación definitiva.

No caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de forma definitiva, procedendo á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS E MANCOMUNIDADES PARA A REALIZACIÓN DE ACTUALIZACIÓNS DE LIMPEZA DAS MARXES DAS REDES VIARIAS MUNICIPAIS E PROVINCIAIS PARA O EXERCICIO 2019

Acordo:

1.- Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa Provincial de Cooperación cos concellos e mancomunidades para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial no exercicio 2019:

BASES DO PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS E MANCOMUNIDADES PARA REALIZACIÓN DE ACTUACIÓNS DE LIMPEZA DAS MARXES DAS REDES VIARIAS MUNICIPAL E PROVINCIAL PARA O EXERCICIO 2019

Constitúe o obxecto destas bases a regulación do programa de cooperación cos concellos e mancomunidades para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial no exercicio 2019.

Este programa se desenvolverá mediante a concesión de subvencións ás ditas entidades locais para o financiamento da prestación de servizos de limpeza das marxes da rede viaria local. A finalidade da subvención é colaborar economicamente cos concellos e mancomunidades no sostemento do servizo público de limpeza das marxes da rede viaria municipal (prestación que se considera incluída no servizo mínimo obrigatorio de acceso aos núcleos de poboación, recollido no artigo 26 da Lei de bases de réxime local) e no cumprimento das obrigas establecidas na lexislación galega de prevención de incendios forestais. Esta colaboración condiciónase a que por parte dos concellos e mancomunidades se realicen labores de limpeza das marxes das vías provinciais e municipais, co obxectivo último de garantir o mantemento das vías en condicións axeitadas de limpeza e seguridade, dándolle ademais cumprimento ao establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Os servizos subvencionados poderán prestarse mediante calquera modo de xestión dos previstos na lexislación de réxime local, sendo subvencionables todos os gastos correntes directos do servizo. Exclúense os gastos de investimento e os indirectos, así como os definidos como non subvencionables nos apartados 7 e 8 do artigo 31 da Lei xeral de subvencións.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas no presente Programa provincial de cooperación os concellos de menos de 20.000 habitantes e as mancomunidades integradas por estes concellos que cumpran os seguintes requisitos:

a) Prestar o servizo de limpeza das marxes da rede viaria municipal e provincial cunha máquina rozadora con brazo articulado, durante, polo menos, un período mínimo de tres meses no exercicio 2019. Este período mínimo deberá comprender, en todo caso, as datas nas que a Deputación estableza a limpeza obrigatoria dun número mínimo de quilómetros da rede viaria provincial, conforme co previsto na base sétima, apartado b). Nos supostos de períodos de prestación do servizo que non comprendan meses naturais completos, para o cálculo do cumprimento do período mínimo esixible computaranse os días naturais de prestación, considerándose un mes por cada trinta días naturais.

b) Adherirse ao presente Programa de cooperación no prazo e coas formalidades recollidas na base quinta.

O financiamento das subvencións reguladas no presente Programa realizarase con cargo á aplicación 16311/46200 dos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2019, tramitándose con carácter anticipado o Programa ó abeiro do disposto no artigo 56.1 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aprobou o Regulamento da Lei xeral de subvencións. Para estes efectos, serán de aplicación as seguintes regras especiais:

1ª) A execución do Programa queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Deputación Provincial para o exercicio 2019, tendo carácter puramente estimatorio a contía total máxima prevista nas presentes bases.

2ª) A contía total máxima estimada é de 350.000,00 €.

3ª) No expediente de gasto que se tramite para a aprobación do Programa, a certificación de existencia de crédito substituirase por unha certificación relativa á concorrencia dalgunha das circunstancias previstas no artigo 56.1 do RD 887/2006.

4ª) Os efectos de tódolos actos de trámite ditados no expediente de gasto entenderanse condicionados a que, ó ditarse a resolución de concesión, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron eses actos.

5ª) A resolución de concesión deberá ditarse no exercicio 2019, unha vez aprobado definitivamente e publicado na forma legalmente prevista o orzamento da Deputación Provincial para o dito exercicio.

A contía das subvencións que se concedan ao abeiro deste Programa de cooperación será para o exercicio 2019 de 4.500,00 € por entidade local, con destino ao financiamento dos gastos subvencionables de prestación do servizo.

A contía poderá ser inferior nos casos en que así se solicite expresamente pola entidade local interesada.

En todo caso, a contía da subvención nunca poderá exceder do 100% dos gastos subvencionables soportados pola entidade beneficiaria, polo que se reducirá no importe correspondente para o caso de que o gasto xustificado no citado concepto sexa inferior a 4.500,00 €.

Os concellos e mancomunidades que desexen adherirse ao Programa de cooperación regulado nas presentes bases deberán facelo mediante resolución do órgano competente na que se aprobe a dita adhesión. A resolución deberá ter o contido que se recolle no anexo I destas bases, modelo que poderá utilizarse para documentar a dita resolución.

Coa solicitude deberase achegar unha declaración do solicitante da subvención na que figure o conxunto de subvencións e axudas solicitadas para o mesmo fin, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes, sexan públicas ou privadas, segundo o modelo anexo II.

A resolución de adhesión deberá presentarse no Rexistro Electrónico Xeral da Deputación, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. O dito prazo terá carácter improrrogable.

A adhesión dos concellos ou mancomunidades autorizarase mediante decreto da Presidencia, no que se concederá a subvención correspondente ata un máximo de 4.500,00 euros. A resolución de autorización de adhesión deberá ditarse antes do 23 de xaneiro de 2019. Na dita resolución, ou ben noutra resolución posterior, concretaranse as obrigas de limpeza da rede viaria provincial ás que queda condicionada a concesión da subvención, conforme co previsto na base 7ª.

No suposto en que o número de solicitudes exceda as dispoñibilidades orzamentarias, a Presidencia concederá as subvencións por rigorosa orde de entrada no rexistro da Deputación. Para estes efectos, tomarase a data de entrada no Rexistro Xeral da Deputación da documentación íntegra de cada solicitude, e non se terá en conta a data de presentación de solicitudes incursas en deficiencias formais.

No caso de producirse remanentes con anterioridade ao 28 de febreiro de 2019 pola renuncia ou perda do dereito ás subvencións por parte dalgún beneficiario, a Presidencia, sen necesidade de proceder a unha nova convocatoria, poderá acordar a concesión da subvención que proceda ao seguinte ou seguintes solicitantes, por orde de entrada no rexistro da Deputación, tal e como se establece no parágrafo anterior.

2º.- Someter a trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, as bases inicialmente aprobadas polo prazo de 10 días hábiles, durante os cales as entidades interesadas poderán formular as alegacións ou suxestións que consideren oportunas, que deberán ser resoltas motivadamente no acto de aprobación definitiva.

No caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de forma definitiva, procedendo á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CHMS, A DEPUTACIÓN DE OURENSE E O CONCELLO DOS BLANCOS, PARA O FINANCIAMENTO, EXECUCIÓN E ENTREGA, PARA O SEU MANTEMENTO E CONSERVACIÓN, DAS OBRAS DO PROXECTO DE MELLORA DA CAPACIDADE DE DESAUGADOIRO DO RÍO AIROÁ NOS BLANCOS

Acordo:

1º. Aprobar o convenio de colaboración entre a CH do Miño-Sil, a Deputación de Ourense e o Concello dos Blancos para o financiamento, execución e entrega, para o seu mantemento e conservación, das obras do proxecto de mellora da capacidade de desaugadoiro do río Airoá nos Blancos (Ourense).

Este convenio ten por obxecto determinar as condicións que rexerán o financiamento, redacción do proxecto, posta a disposición dos terreos, execución e posterior entrega para o mantemento e conservación das obras e instalacións que se contemplan no proxecto titulado "Mellora da capacidade de desaugadoiro do río Airoá nos Blancos (Ourense)."

Este convenio resultará eficaz unha vez inscrito no Rexistro electrónico estatal de órgano e instrumentos de cooperación do sector público estatal, e publicado no "Boletín Oficial do Estado".

A súa vixencia concluirá o 31 de decembro de 2020, salvo que nesa data non finalizaran as actuacións obxecto deste nin se procedera á recepción das obras, liquidación do contrato, finalización do prazo de garantía, e entrega das obras conforme co establecido na cláusula quinta, en cuxo caso os asinantes do convenio poderán acordar unanimemente a súa prórroga por un período de ata catro anos adicionais.

O convenio extinguirase polo cumprimento das actuacións que constitúen o seu obxecto, así como por incorrer nalgunha das seguintes causas de resolución:

El acordo unánime de todos os asinantes.

O incumprimento das obrigas e compromisos asumidos por parte dalgún dos asinantes, e en particular, o incumprimento do establecido na cláusula undécima en relación á posta a disposición por parte do Concello dos Blancos dos terreos da súa titularidade.

A extinción do convenio por esta causa, tras o procedemento contraditorio regulado no artigo 51.2c) da LRJSP, levará consigo o pago dunha indemnización aos demais outorgantes do convenio polos danos causados derivados de actuacións xa executadas ou como consecuencia doutras actuacións que teñan que asumir debido ao referido incumprimento, e que se determinarán pola Comisión de Seguimento, atendendo ao estado das actuacións no momento do incumprimento.

Por decisión xudicial declaratoria da nulidade do convenio.

Pola entrada en vigor de disposicións legais ou regulamentarias que determinen a súa extinción.

O transcurso do prazo de vixencia do convenio, sen acordarse a prórroga deste.

Nos ditos supostos establecerase, en función da causa concreta de extinción e á vista da situación particular das actuacións en curso, a forma de continuación destas e a súa finalización nun prazo improrrogable fixado polas partes, a proposta da comisión de seguimento, así como a forma de entrega das obras ao organismo competente.

As posibles modificacións deste convenio, acordadas de forma unánime polos asinantes, deberán formalizarse mediante a subscrición do correspondente instrumento modificativo, cos mesmos requisitos e condicións esixidos para a aprobación do inicial.

Non obstante, en caso de resultar necesaria a modificación das anualidades conforme co establecido na cláusula quinta, esta realizarase a proposta da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, OA cando sexa preciso para acomodar o financiamento ao ritmo de execución das actuacións.

O obxectivo da actuación recollerase no proxecto de "Mellora da capacidade de desaugadoiro do río Airoá no Blancos (Ourense)," que está sendo redactado a día de hoxe pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, OA e consistirá na execución dunha nova obra de paso sobre o río Airoá, mediante a construción dun marco de formigón coas dimensións adecuadas para permitir o correcto desaugadoiro do río ao seu paso por este punto e o paso, en condicións de seguridade, das cargas habitualmente circulantes pola vía.

O investimento total necesario para a actuación estimouse en 109.000 €. Este investimento será asumido pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, OA e a Deputación de Ourense a partes iguais (50%-50%).

O custo do investimento financiarase con cargo ao presuposto de gastos prorrogado do organismo de conca para os anos 2018 e 2019, en cuxo proxecto existe crédito adecuado e suficiente, con cargo á aplicación orzamentaria 452A 600, código de proxecto 2013.23.233.0011.

De acordo co anterior, o financiamento da obra realizarase de conformidade coa seguinte fórmula:

Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, OA achegará 54.500 euros do custo inicialmente previsto, o que supón unha porcentaxe do 50% do investimento inicialmente previsto.

A Deputación Provincial de Ourense achegará 54.500 euros do custo inicialmente previsto, con cargo á aplicación orzamentaria 2018/179.11/721.09, o que supón unha porcentaxe do 50% do investimento inicialmente previsto.

As dúas partes asumirán, en idéntica porcentaxe (50%-50%) cada unha, as variacións económicas, á alza ou á baixa, por modificacións, revisións de prezos, liquidación do contrato, obras complementarias, así como por calquera outra modificación que se aprobe na execución dos contratos de obras ou servizos.

Con cargo ao importe previsto no apartado primeiro, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, OA afrontará tanto o custo do proxecto, como da obra, dirección e vixilancia desta, ademais dos gastos correspondentes ás medidas de seguridade e saúde. Os valores para cada un destes conceptos son:

- Asistencia técnica para a redacción do proxecto 5.989,50 euros, Imposto do Valor Engadido incluído.

- Contrato de obras, incluíndo medidas de seguridade e saúde estímase en 95.000 euros, Imposto do Valor Engadido incluído.

- Asistencia técnica para a dirección das obras, incluíndo coordinación de seguridade e saúde destas: estímase en 8.010,50 euros, Imposto do Valor Engadido incluído.

2º. Ao tratarse dun gasto plurianual, comprometerse ao cumprimento do réxime financeiro proposto, co compromiso de incluír no orzamento xeral desta Deputación para os exercicios de 2018 e 2019 a cantidade correspondente para asumir as anualidades do gasto indicadas.

OUTORGAMENTO DA MEDALLA DE OURO AO DOUTOR DON LUÍS RODRÍGUEZ MÍGUEZ

Acordo:

Outorgarlle a medalla de ouro da provincia a título póstumo ao Doutor Luis Rodríguez Míguez, pola súa contribución a realzar e relanzar a maior singularidade que ten Ourense, a súa riqueza termal posto que o foi todo no termalismo da nosa provincia.

CONVENIO ENTRE A DEPUTACIÓN DE OURENSE E O CONCELLO DE XINZO DE LIMIA PARA A TRANSFERENCIA Á DEPUTACIÓN DO MUSEO GALEGO DO ENTROIDO EN XINZO DE LIMIA

Acordo:

1º) Aprobar o convenio entre a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Xinzo de Limia para a transferencia á Deputación Provincial de Ourense do Museo Galego do Entroido en réxime de servizo supramunicipal de competencia provincial.

Constitúe o obxecto do presente convenio a regulación da transferencia do Museo Galego do Entroido, actualmente dependente do Concello de Xinzo de Lima, á Deputación Provincial de Ourense.

En virtude do presente convenio, o Concello de Xinzo de Limia acorda a transferencia do servizo público municipal do Museo Galego do Entroido á Deputación Provincial de Ourense, que expresamente asume este servizo en réxime de competencia propia e como servizo público cultural de carácter supramunicipal.

A transferencia do servizo e a súa transformación nun servizo público supramunicipal xustifícase, dunha banda, polo carácter de servizo público municipal non obrigatorio do Museo, e doutra banda, pola circunstancia da concorrencia dun interese supramunicipal no mantemento do servizo, ao ser o seu obxecto – a conservación e difusión do patrimonio cultural vinculado ao entroido de Ourense – unha cuestión de interese do conxunto da provincia, excedendo o ámbito do municipio de Xinzo de Limia. O fundamento legal da transferencia baséase na competencia provincial prevista no artigo 36.1.c) da Lei de Bases do Réxime Local e 117 da Lei de Administración Local de Galicia, prevendo esta última norma a fórmula do convenio para a asunción do servizo por parte da Deputación.

A transferencia do servizo será efectiva a partir da data da entrega das instalacións afectas ao servizo á Deputación Provincial, que se formalizará mediante acta conforme ao previsto na cláusula seguinte.

Coa transferencia do servizo, o concello de Xinzo de Limia cede á Deputación Provincial o uso do inmoble situado na rúa Dous de Maio, nº 27, en Xinzo de Limia, dedicado a Museo Galego do Entroido, con tódolos seus accesorios e pertenzas. Esta cesión é consecuencia da mutación demanial do inmoble, que en virtude da transferencia do servizo queda expresamente afectado ao servizo supramunicipal de titularidade provincial.

A cesión de uso derivada da mutación demanial do inmoble implicará a atribución á Deputación das facultades de xestión do dito inmoble.

Nos mesmos termos, a Deputación subrogarase nas relacións xurídicas do Concello cos titulares dos bens mobles actualmente depositados e custodiados no Museo, que constan no inventario anexo a este convenio. Para estes efectos, a Deputación negociará cos titulares dos ditos bens as condicións para o seu mantemento como fondos do museo.

Sen prexuízo do anterior, a titularidade dominical do inmoble continuará a corresponder ao Concello de Xinzo de Limia, conforme ao previsto no artigo 25.1 da Lei de Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

A cesión de uso terá carácter indefinido, vinculándose ao mantemento do servizo público provincial do Museo Galego do Entroido ao que queda afectado o inmoble. A extinción deste servizo por calquera causa dará lugar á reversión do inmoble ao concello, libre de cargas e gravames, garantindo a Deputación o seu perfecto estado de conservación e uso.

A entrega do inmoble realizarase mediante acta asinada por un representante de cada unha das entidades, na que se conterá a súa descrición e estado no momento da entrega.

A Deputación Provincial xestionará o servizo en réxime de competencia propia, mediante calquera dos modos de xestión previstos na lexislación de réxime local.

Sen prexuízo do anterior, a Deputación Provincial dará participación ao Concello de Xinzo de Limia na xestión do Museo a través dun órgano complementario da Deputación, denominado Consello Asesor do Museo Galego do Entroido, con funcións de informe e seguimento. A participación neste órgano estará aberta ademais ao resto de entidades locais da provincia nas que o entroido teña un especial arraigo e ás entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades de conservación e difusión do entroido ourensán.

A creación do Consello Asesor do Entroido realizarase mediante acordo do Pleno da Deputación, ao abeiro do establecido nos artigos 32.3 da Lei de Bases do Réxime Local, 103.1.b) da Lei de Administración Local de Galicia e 130 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

Con respecto á colección de pezas relacionadas co entroido limiao de titularidade da Asociación Cultural A Pantalla de Xinzo de Limia; así como, á exposición permanente dedicada a Carlos Casares de titularidade da Fundación Carlos Casares, a Deputación Provincial negociará coas ditas entidades, a través dun convenio de colaboración, a forma de xestión das ditas colección.

.

O presente convenio constitúe un negocio xurídico de tracto único, e se considerará plenamente executado coa realización das seguintes actuacións:

a) Coa entrega en uso do inmoble dedicado a Museo Galego do Entroido, conforme ao previsto na cláusula 2ª.

b) Coa creación do Consello Asesor do Museo por parte do Pleno da Deputación Provincial.

As ditas actuacións deberán levarse a cabo no prazo máximo dun mes dende a aprobación do convenio polo Pleno da Deputación Provincial de Ourense e o Pleno do Concello de Xinzo de Limia. En caso de incumprimento desta previsión, o convenio quedará automaticamente extinguido.

Unha vez realizadas as actuacións anteditas, o convenio quedará extinguido, sen prexuízo da subsistencia da obriga de reversión ao Concello de Xinzo de Limia do inmoble do Museo Galego do Entroido, derivada do réxime xurídico da mutación demanial establecida en virtude do presente convenio.

O presente convenio é un convenio interadministrativo entre dúas administracións públicas, conforme ao establecido no artigo 47.2.a) da Lei de Réxime Xurídico do Sector Público. O seu réxime xurídico será o propio destes convenios, conforme a regulación contida na dita Lei e demais disposicións legais aplicables.

Corresponderá aos órganos da xurisdición contencioso – administrativa a resolución das posibles controversias relativas á validez do convenio e á súa execución e efectos.

2º) Dar traslado do presente acordo ao Concello de Xinzo de Limia, para os efectos oportunos.

3º) Ordenar a publicación íntegra do texto do convenio e da súa memoria xustificativa no Boletín Oficial da Provincia, unha vez conste a súa aprobación polo Pleno do Concello de Xinzo de Limia, para público coñecemento do acordado.

CREACIÓN DO CONSELLO ASESOR DO MUSEO GALEGO DO ENTROIDO

Acordo:

1º) Crear o Consello Asesor do Museo Galego do Entroido, como órgano complementario da Deputación Provincial con funcións de informe e seguimento da xestión do Museo.

O Consello Asesor terá a composición seguinte:

Presidente: o da Deputación Provincial, ou deputado no que delegue.

Vogais:

a) O deputado – delegado en materia de cultura.

b)Un representante do Concello de Xinzo de Limia

c) Un representante de cada unha das entidades locais ou entidades sen ánimo de lucro que sexan titulares de fondos depositados no Museo.

d) Un representante de cada unha das entidades locais da provincia onde o entroido teña un especial arraigo.

e) Un representante das entidades sen ánimo de lucro que se teñan distinguido especialmente polo seu labor a prol da conservación ou difusión do entroido ourensán.

As entidades interesadas en participar no Consello ao abeiro do disposto nos apartados d) e e) deberán comunicar á Deputación a súa vontade en tal sentido, correspondendo ao propio Consello Asesor, mediante resolución motivada, a decisión de integralas na súa composición.

Actuará como secretario do Consello o Secretario Xeral da Deputación, podendo non obstante ser substituído por calquera outro funcionario provincial dos subgrupos A1 e A2.

O Consello Asesor deberá constituírse no prazo máximo dun mes dende a adopción do acordo da súa creación.

Será competencia do Consello Asesor a realización das seguintes funcións:

a) O seguimento da xestión do Museo. A tal efecto, o Consello reunirase cando menos unha vez ao ano, no primeiro cuadrimestre natural de cada exercicio, co obxecto de que por parte da Deputación se dea conta da xestión realizada.

b) A formulación de propostas relativas á ordenación e xestión do Museo Galego do Entroido.

c) A emisión de informe preceptivo previo á adopción por parte da Deputación dos seguintes actos ou acordos:

- A aprobación do programa museolóxico, do proxecto museográfico e do inventario de fondos do museo.

- A aprobación dos pregos de cláusulas dos contratos que teñan por obxecto a xestión do servizo do Museo.

O Consello Asesor emitirá igualmente informe cando así o decida o seu presidente.

No non disposto no presente acordo, o Consello Asesor rexerase polo establecido nos artigos 15 a 18 da Lei 40/2015, de Réxime Xurídico do Sector Público.

2º) Ordenar a publicación do presente acordo no Boletín Oficial da Provincia e n sede electrónica da Deputación, para xeral coñecemento, así como a súa notificación ás entidades interesadas.

DETERMINACIÓN DO MODO DE XESTIÓN DO MUSEO GALEGO DO ENTROIDO

Acordo:

Determinar que o servizo público supramunicipal do Museo Galego do Entroido, creado en virtude do convenio de transferencia do dito Museo á Deputación Provincial, se xestione de forma indirecta, mediante calquera das fórmulas contractuais previstas na vixente Lei de Contratos do Sector Público. A fórmula concreta será establecida polo órgano de contratación no correspondente expediente que se tramite para o efecto.

O presente acordo farase público mediante anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia, para xeral coñecemento.

PROPOSTAS DE ACORDOS SOBRE A ATENCIÓN ÁS MULLERES CON ENDOMETRIOSE, FORMULADA POLA ASOCIACIÓN QUERENDO

Acordo:

1. A Deputación de Ourense instará por escrito nos próximos 30 días ao SERGAS e á EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras para que proceda a:

1.1. Establecer unha programación de xornadas de formación sobre endometriose ás que poida acudir o persoal sanitario que atende os distintos servizos que dispensa o SERGAS na nosa provincia (facultativos de primaria e especializada, enfermería, matronas, fisioterapeutas, terapeutas...).

1.2. Garantir consultas específicas de Endometriose suficientes para o número de afectadas das distintas áreas nos hospitais aos que acoden as mulleres da provincia de Ourense e á derivación destas pacientes a áreas nas que existan mentres estas non se creen.

1.3. Crear unha unidade multidisciplinar composta por xinecólogos, radiólogos, cirurxiáns xerais con experiencia en cirurxía colo-rectal, urólogos, anestesistas, psicólogos, fisioterapeutas, especialistas en dor, etc., para mellorar a atención nos casos máis graves de endometriose e á derivación destas pacientes a unidades multidisciplinares doutras áreas sanitarias mentres estas non existan.

2. A Deputación de Ourense instará por escrito nos próximos 30 días á Consellería de Sanidade a:

2.1. Dar cumprimento á moción que por unanimidade aprobaron todos os grupos políticos da Cámara o 22 de abril de 2015 sobre endometriose e que recollía en gran medida as demandas das mulleres afectadas por esta doenza.

2.2. Facilitar ás mulleres con endometriose un mellor acceso aos tratamentos de fertilidade nos hospitais públicos (mellora nas listas de espera, facilidades para conxelación de ovocitos antes de cirurxías e tratamentos que poidan afectar á súa calidade ovárica, así como a execución de campañas de ovodoazón destinadas a captar doantes na sanidade pública).

3. A Deputación de Ourense instará por escrito nos próximos 30 días ao Ministerio de Sanidade a:

3.1. Convocar un Consello interterritorial no que se aborde este tema e se estableza un plan estatal de endometriose no que se comprometan investimentos para a mellora da formación do persoal e a divulgación da doenza entre a poboación feminina.

3.2. Incluír na carteira de medicación financiada a totalidade de medicamentos subministrados a mulleres con endometriose.

4. A Deputación de Ourense comprométese a solicitar aos institutos de investigación públicos galegos que desenvolvan proxectos de investigación da endometriose.

5. A Deputación de Ourense comprométese a impulsar unha campaña informativa entre mozas de 12-18 anos nos centros educativos da nosa provincia para dar a coñecer a doenza, e para tratar de recortar na medida do posible o retraso diagnóstico a través da distribución dun folleto informativo cuxos contidos serán facilitados por querENDO. Mulleres con endometriose, e que conta coa revisión da Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía.


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+