Información
Ourense

500.000 € en axudas para cooperación cos concellos en infraestruturas, cultura e deporte

Información
12 Octubre 2018 924 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • O goberno provincial destinará tamén máis de 48.800 € para axudas a deportistas ourensáns e para entidades deportivas e sen ánimo de lucro.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada hoxe axudas por importe de 425.528 euros para concellos, mancomunidades e entidades da provincia para iniciativas deportivas, culturais e de infraestruturas. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao xoves 11 de outubro, entre os tamén se inclúen destinar 30.000 € para axudas a deportistas ourensáns e 18.897 € para entidades deportivas e sen ánimo de lucro

Neste sentido, a Xunta de Goberno aprobou as bases reguladoras da convocatoria do concurso para a concesión de axudas a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a tempada deportiva 2017-2018. Estas axudas pretenden fomentar a práctica deportiva e incentivar aos deportistas ourensáns cualificados mediante o recoñecemento da súa traxectoria e rendemento deportivo. A contía máxima da axuda por solicitante é de 3.000 euros.

Poderán beneficiarse destas axudas deportistas federados, de categorías de base ata absoluta, e de modalidades deportivas individuais, de nacionalidade española ou residentes legais en España que cumpran unha serie de requisitos: que teñan ficha federativa por algún club deportivo da provincia de Ourense durante a tempada 2017-2018 e en caso de que non posúan a licenza federativa, se manteñan vinculados ao deporte ourensán durante esa tempada sempre que exista unha causa xustificativa de que non dispoñan de licenza federativa nun club ourensán. O prazo para presentar a solicitude a estas axudas rematará o 30 de novembro de 2018.

A Xunta de Goberno tamén aprobou a resolución da convocatoria do concurso para a concesión de axudas a entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos 2018, correspondente ao segundo período, polo que a Deputación de Ourense destina un total de 18.897 euros para catorce proxectos de diferentes disciplinas deportivas.

No relativo a cooperación con entidades, aprobouse unha axuda de 25.000 euros para a Denominación de Orixe Ribeira Sacra, destinada aos gastos de funcionamento da entidade en 2018, ademais dunha axuda de 20.000 euros para a Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos para os gastos de funcionamento da entidade do ano 2017 e para a adquisición de estufas de pellets para o centro social.

Cooperación cos concellos

No apartado de cooperación con concellos e mancomunidades da provincia, a Xunta de Goberno aprobou tres axudas de 4.000 euros cada unha para Bande, Lobios e Muíños para actividades deportivas na comarca do Xurés; e para o Concello de Muíños, o pago anticipado da axuda para o Programa Coñece Ourense e socorristas do ano 2018, que ascendía aos 70.000 euros, e 18.546 euros para o equipamento do CEIP de Mugueimes. Para o Concello de Boborás aprobouse unha axuda de 20.000 euros para a organización da Festa da Batalla en Pazos, e en materia de infraestruturas, 14.909 euros para o Concello de Larouco para a pavimentación e rehabilitación da rúa Igrexa Vella.

Asemade, aprobouse unha axuda de 25.000 euros para o Concello da Pobra de Trives para os gastos de funcionamento da Escola de Música e para a adquisición dun piano. Para o Concello de Ramirás aprobouse unha axuda de 25.000 euros para a adquisición dunha furgoneta para o transporte público municipal, mentres que para o Concello de Vilamartín de Valdeorras aprobouse unha axuda de 13.050 euros para captación de auga no río Farelos, e outra de 17.000 euros para a mellora do firme en Surregos (Córgomo). Para o Concello de Xinzo aprobouse unha axuda de 6.000 euros para a adquisición dun tapiz de ximnasia rítmica, e outra de 126.380 euros para a urbanización da rúa do Peto.

A Mancomunidade de Verín recibirá unha achega de 6.000 euros para a asistencia técnica e para o premio Xesús Taboada Chivite, e outra de 6.292 euros para a un sistema de climatización na nova sede. Para "Terra de Celanova" aprobáronse 50.000 euros para gastos de funcionamento da entidade, e para a Mancomunidade Conso Frieiras, unha axuda de 40.000 euros para a mesma finalidade.

Tamén aprobou a corrección do erro detectado na resolución de concesión de axudas a proxectos de prestación de servizos sociais, co fin de que se axuste o recoñecemento da axuda á contía do custo do proxecto "Coeducando", presentado pola Asociación de Mulleres Arandeira, debéndose reflectir o importe de 2.676 euros.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....